🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Segue adiante a folga indefinida no sector de xustiza mentres a Xunta “enroca” as negociacións

Segundo día de reunións maratorianas na EGAP entre o comité de folga de Xustiza e a Xunta de Galiza e segundo día no que a administración galega “enroca as negociacións” presentando propostas que mesmo empeoran as ofertas anteriores en puntos nos que había certo entendemento e pretendendo xogar ao desgaste e á división. Unha tensión […]

Seguimento masivo da segunda xornada da folga indefinida na xustiza

A segunda xornada de folga indefinida na administración de Xustiza está a ser un éxito e nalgunhas cidades, como Ourense e Lugo, mesmo se supera o seguimento acadado no día de onte. Dende CIG-Xustiza valórase de xeito moi positivo a resposta que as traballadoras e traballadores de Galiza están dando á convocatoria e que amosa […]

A folga indefinida na Xustiza galega arrinca cun seguimento do 90%

A administración de Xustiza de Galiza encara dende este mércores 7 de febreiro unha convocatoria de folga indefinida para esixir a fin das discriminacións laborais que padece o persoal e a recuperación do emprego destruído nos últimos anos. A pesar dos abusivos servizos mínimos impostos pola Xunta, a primeira xornada deste paro -que se suma […]

O persoal de xustiza está chamado a mobilizarse en Santiago o 25 de xaneiro

Á espera de que se produza unha nova reunión entre a representación social e a Xunta de Galiza, o comité de folga continúa adiante coa convocatoria do paro xeral na administración de xustiza galega do vindeiro xoves 25 de xaneiro. Coincidindo coa folga, para ese día está convocada tamén unha manifestación en Santiago de Compostela, […]

Mantense a folga do día 25 na xustiza ante as propostas insuficientes da Xunta

As centrais sindicais con representación na administración de Xustiza de Galiza manteñen a convocatoria de folga para o vindeiro 25 de xaneiro tras resultaren insuficientes as propostas trasladadas pola Consellaría durante a xuntanza mantida este martes. Aínda que no encontro, con mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, se produciron avances en tres dos cinco […]

A CIG mobilízase contra uns orzamentos para 2018 que desmantelan e privatizan os servizos públicos

Delegados e delegadas da CIG-Saúde, CIG-Ensino e CIG-Administración concentráronse este martes diante do Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2018, porque avanzan no desmantelamento dos servizos públicos, consolidan a perda de persoal e non permiten a recuperación de ningún dos dereitos laborais, salariais e sociais perdidos. […]

A segunda xornada de folga no sector de xustiza de Galiza rexistra un seguimento do 90%

As traballadoras e traballadores da Administración de xustiza responderon á falta de vontade negociadora da Xunta secundando masivamente a segunda xornada de folga convocada no sector, que este mércores rexistra unha participación no conxunto do país do 90%.  Dende CIG-Xustiza manifestaron a satisfacción polo apoio logrado, que provocou que numerosos xulgados e servizos estean pechados […]

Bombeiros/as forestais exixen á Xunta a inmediata convocatoria da OPE para rematar coa precariedade

Traballadores/as do Servizo de Prevención e Extición de Incendios Forestais da Xunta de Galiza (SPDCIF) manifestáronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano (Compostela) para denunciar a enorme temporalidade que padecen e reclamar a inmediata convocatoria da OPE como persoal laboral. Xunto a isto fixeron entrega no rexistro das […]

Reclaman a inmediata convocatoria da OPE para reducir a ‘escandalosa’ temporalidade do SPDCIF

Representantes da CIG e do CSIF compareceron esta mañá en rolda de prensa para exixir a inmediata convocatoria da OPE como persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galiza (SPDCIF). Un servizo público no que, segundo denunciaron, a temporalidade afecta ao 40% dos traballadores/as e non se […]

Xunta de Persoal e comité de Correos denuncian as “malas prácticas” da Mutua Fraternidad

Xunta de Persoal e Comité de empresa provincial de Correos da Coruña convocan para o próximo venres, día 21 de abril, ás 11:30 horas, unha concentración diante da sede de Compostela da Mutua Fraternidad Muprespa, encargada da atención médica do persoal de Correos, en protesta polas “malas prácticas” da entidade e para exixir responsabilidades por […]

Detectan 127 afectados/as por contratos irregulares na provincia da Coruña

A CIG Correos da Coruña denunciou esta semana diante da Inspección de Traballo a empresa Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., pois, no marco do labor de control que fai a central sindical sobre o sistema de contratación, atopáronse 127 afectados/as por contratos irregulares na provincia nos anos 2015 e 2016. Aínda sendo “graves e […]

A Xunta declara o período de alto risco de incendios forestais co persoal de reforzo na casa

O xoves 13 de abril comeza o período de alto risco -no que a loita contra incendios forestais se refire – declarado pola Consellería do Medio Rural. Porén, denuncia o sector de Autonómica da CIG-Administración, como xa é habitual, ao mesmo tempo que se declara a situación de alto risco por razóns de vento e […]

A CIG-Área Pública rexeita un ‘Acordo para a mellora do emprego público’ que avala a súa destrución

CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde rexeitaron, en rolda de prensa, o acordo asinado este mércores, antes mesmo da celebración da Mesa Xeral das Administracións Públicas, por CCOO,UGT e CSIF. Denuncian que “é unha renuncia a recuperar todo o emprego público perdido durante todos estes anos” e que non contempla tampouco a recuperación nin dos dereitos laborais […]

Descoñecemento absoluto entre o persoal de como e cando será o traslado dos xulgados da Coruña

A Xunta de Persoal da Administración de Xustiza na provincia da Coruña compareceu en rolda de prensa esta mañá para denunciar o “absoluto descoñecemento” que teñen os traballadores e traballadoras de como se vai realizar o traslado das dependencias xudiciais ao novo edificio Fábrica de Tabacos. Un traslado “inminente” pero do que, subliñaron, nin sequera […]

Voto en contra da RPT do Concello de Lugo, que non conta con informes de Intervención e Persoal

A Sección Sindical da CIG votou en contra da RPT do Concello de Lugo aprobada no día de onte cos votos favorábeis de CCOO, CSIF, UGT e USTG. A decisión vén dada por distintos factores como a falta de informes de Intervención e Persoal ou non estabelecer o Valor Punto. Aspectos que a Sección Sindical […]

Persoal da Área Pública demanda no Parlamento servizos públicos de calidade e a recuperación dos seus dereitos laborais

Delegados e delegadas da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) concentráronse este mércores diante do Parlamento de Galiza para demandar uns servizos públicos de calidade e a recuperación dos dereitos laborais e salariais perdidos ao longo destes anos. A mobilización, que se repetirá o vindeiro luns, día 6 de febreiro, coincidiu co debate […]

A CIG-Correos reivindica os “santos/as carteiros/as inocentes”

A CIG-Correos de Compostela protagonizou na mañá do mercores unha ‘performance’ reivindicativa para denunciar a situación na que se atopa a carteira de Boiro sancionada, logo de dous meses sen resolver o seu caso. Xunto a isto denunciou a indefensión das e dos carteiros diante dos abusos que padecen por parte da dirección de Correos. […]

A Xunta de Galiza crea unha nova categoría na administración pública: “chico e chica para todo”

“A Xunta de Galicia leva 8 anos incumprindo o convenio colectivo para o persoal laboral da Administración galega e negándose reiteradamente a convocar a mesa de funcións para definir as mesmas en todas as categorías, tal e como recolle o convenio, e agora pretenden eliminar todas as funcións de dito persoal para crear categorías que […]

Denuncian a paralización das oposición aos corpos xerais da Xunta de Galiza

O sector da Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar o lento desenvolvemento dos procesos selectivos de Corpos Xerais da Xunta de Galiza. Unha lentitude provocada polo indeterminado tempo que pode transcorrer entre a publicación da Oferta de Emprego Público e a da convocatoria e a inconcreción nas datas de realización dos exercicios e o exceso […]

A Xunta retira os helicópteros das bases con persoal propio do SPDCIF e mantén as xestionadas por Natutecnia

O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia que unha vez rematada a tempada de alto risco, que este ano se prolongou até o 15 de outubro a consellaría de Medio Rural retirou os helicópteros das bases con persoal propio do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) mentres mantén a pleno rendemento as bases […]