O vindeiro venres reúnense CCOO, UXT e a patronal para acordar a sinatura do convenio de “Consultoria, estudios de mercado y opinion publica”. Cando coñeceu o seu contido, a CIG-Banca xa amosou o seu total rexeitamento porque suporá para as traballadoras e traballadores das empresas de informática consolidar a perda do 10% de poder adquisitivo. […]
Dende a entrega de NCG Banco ao Grupo Banesco, impúxose un relato público sobre a xestión de Abanca que agocha a durísima reestruturación sufrida pola entidade. En 2013, NCG Banco tiña 5.043 traballadores e traballadoras e un total de 641 oficinas, segundo datos publicados pola Comisión Europea. En 2016, conforme aos datos publicados por Abanca, […]
A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou esta semana en Bruxelas un documento escrito dirixido á Comisión Europea (CE), interesándose pola situación laboral dos traballadores e traballadoras do Banco Popular e do Banco Santander a raíz da operación levada a cabo a principios de xuño deste ano na que […]
A unidade, persistencia e convicción do persoal do 112 que durante 83 días mantivo un pulso coa empresa e a Xunta de Galiza, fixo posíbel que a última hora de onte –mércores día 6 de xullo- se puxera fin ao conflito tras o AGA emitir un laudo no que se ven recoñecidas todas as súas […]
Ao longo dos últimos anos, a CIG vén denunciando que o rescate bancario español foi excesivamente caro e ineficiente. A caída do Banco Popular, a sexta entidade do Estado e a segunda en Galiza, demostra que os problemas persisten e non están resoltos na banca do Estado español, nomeadamente o impacto dos activos tóxicos, ao […]
As traballadoras e traballadores de Extel realizaron este xoves unha estrondosa concentración (armados de chifres e potas), en resposta á modificación substancial das condicións laborais que pretende impor a dirección. A protesta, no marco dunha xornada de folga de 24 horas que rexistra un seguimento de arredor do 97% na plataforma da Coruña, foi convocada […]
Logo do fraudulento ERE que a empresa aplicou a finais do pasado ano, Extel volve atacar o emprego, desta volta cunha modificación substancial colectiva das condicións laborais que, de efectivizarse, afectará a 334 traballadores/as da Coruña, dun total de 857 persoas afectadas no estado. Ao igual que ocorreu co ERE, a modificación das condicións de […]
A CIG-Banca vén de pór en marcha unha campaña contra a fraude das horas extra non pagadas que se iniciará cunha manifestación polas rúas da Coruña o vindeiro día 8 de maio. No decurso da mobilización, que partirá da oficina de Abanca na Rúa Nova da Coruña e rematará na oficina de Bankia da Rúa […]
Traballadores e traballadoras do BBVA mobilizáronse este xoves na Coruña, diante da Dirección Territorial Noroeste da entidade (que engloba Galiza, Asturias e Castela e León) para rexeitar os despedimentos e a política de “illamento” e “medo” que a empresa está a practicar, con ameazas constantes ao persoal de seren incluídos/as “nalgunha lista negra. Durante a […]
Con motivo da III Convención Comercial de Abanca, a CIG realizou unha concentración diante da Palexco (A Coruña) para protestar polas políticas comerciais e laborais da entidade e demandar unha estratexia de negocio que sexa sostíbel para os/as traballadores/as e respectuosa coa clientela. Entre outras cuestións, na convención presentáronse os beneficios da entidade, que arroxan […]
O rescate das caixas galegas e a posterior privatización tivo un custe para o erario público de 9.500 millóns de euros, o equivalente ao orzamento da Xunta de Galiza de todo un ano. Pero ademais, o rescate bancario no seu conxunto, levou ao rescate do Estado español e á imposición de duros axustes e contrarreformas […]
A Sección Sindical da CIG en Extel entende que hai que seguir na loita “ante os constantes ataques da empresa aos postos de traballo nesta plataforma”. Neste senso, aclaran que a central vai impugnar o ERE, porque en ningún caso a voluntariedade das baixas valida a falta de causas e ante o temor de que […]
As traballadoras e traballadores de Atento na Coruña están secundando paros de dúas horas por quenda laboral en resposta á imposición por parte da empresa dunha modificación substancial da condicións de traballo para o persoal de atención ao 1004. Os paros realízanse de 00:00 a 02:00 horas, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 […]
A Sección Sindical da CIG nos bancos Pastor e Popular non asinou o acordo para o expediente de regulación polas graves repercusións que ten para Galiza: perderanse uns 400 postos de traballo, pecharán un total de 42 oficinas e outras 25 sufrirán un peche parcial. Unhas cifras que a central nacionalista considera intolerábeis e que […]
Este venres, Extel comunicou ao Comité que vai proceder ao despedimento de 239 traballadoras e traballadores en todo o Estado, das/os que 107 pertencen á plataforma da Coruña. En calquera caso, estamos ante unha intolerábel destrución de postos de traballo, cunha voluntariedade acompañada en moitos casos de coaccións por parte da dirección da empresa. O […]
A diverxencia total nas posturas, a falta de información e o “ninguneo” por parte da empresa levaron ás organizacións sindicais a acordar a convocatoria de folga en todo o Grupo Banco Popular para o próximo 10 de novembro. Unha convocatoria unitaria que a Sección Sindical da CIG impulsou e reclamaba pois, “se non convocamos folga […]
A loita contra o ERE que Extel pretende aplicar continúa este mércores con paros laborais de dúas horas por quenda de traballo e manifestacións dende as oficinas que a empresa ten en Matogrande (A Coruña) até unha das oficinas de Adecco (propietaria de Extel). A CIG reitera que non existen causas que xustifiquen “un ERE […]
Traballadores e traballadoras de Atento na Coruña secundaron este luns unha nova xornada de folga en contra da modificación substancial das condicións laborais que pretende aplicar a empresa, logo de Telefónica comunicar unha redución do horario de atención do 1004. Este luns concluíu a negociación sen que ningún sindicato asinara a proposta da compañía, que […]
O ERE no Grupo Banco Popular, formulado desde a dirección cunha inusitada “dureza” e “falta de boa fe” debería obter como resposta a convocatoria dunha folga unitaria. Esta é a proposta da CIG ás restantes centrais nun día en que se coñecen os resultados da entidade no 3º trimestre , que “invalidan” o informe económico […]
O persoal do Grupo Banco Popular continuou a tarde do xoves pasado en Vigo a rolda mobilizadora polas cidades galegas, nun territorio especialmente castigado por un ERE que clausurará no noso país 42 oficinas do total de 302 que contempla o plan de restruturación, atinxindo 435 postos. Despois da última reunión coa empresa, denuncian indemnizacións […]
Delegados e delegadas do Grupo Popular-Pastor concentráronse este venres ás portas do Pazo do Hórreo para demandar dos grupos parlamentarios un posicionamento respecto do ERE que suporá a perda de 435 postos de traballo en Galiza e o peche de 42 oficinas. Portavoces parlamentarios/as e deputados/as de todos os grupos, agás do Partido Popular, achegáronse […]
A dirección do Grupo Banco Popular confirmaba este mércores á representación social a súa intención de aplicar unha reestruturación de persoal que afectará a 2.900 traballadores e traballadoras en todo o Estado. Unha medida de axuste que a Sección Sindical da CIG rexeita completamente. Este mércores quedou constituída a mesa de negociacións do ERE na […]