A CIG-Ensino anima o profesorado a sumarse á campaña #AbrideAFriesta a Rosalía

Un ano máis a Consellaría de Educación non quixo darlle oficialidade ao 24 de febreiro como o Día de Rosalía, como si o fai con outras 14 conmemoracións que figuran no calendario escolar galego. Porén, son moitos os actos que están programados hoxe e mañá en todo o país para darlle a relevancia que se […]

A PGDEP denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) vén de denunciar a pasividade da Consellaría de Educación na súa obriga de xestión ordinaria dos centros educativos, pondo dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo […]

Piden cumprir o mandato do Parlamento para recuperar Filosofía como troncal en Bacharelato

Con data 24 de xaneiro o sindicato rexistrou un escrito dirixido ao conselleiro de Educación instándoo a negociar a modificación do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, que regula o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato en Galiza para incluír a obrigatoriedade da Historia da Filosofía en 2º de Bacharelato. Após a entrada […]

Recorren as convocatorias da ACSUG por deixar fóra o persoal interino e colaborador

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galiza (ACSUG) vén de publicar no DOG dúas resolucións polas que se aproban as convocatorias ordinarias para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas aos complementos autonómicos de recoñecemento de labor docente, investigador e de cargos de xestión. A ACSUG limita as convocatorias ao […]

A CIG-Ensino demanda a retirada dos novos temarios de oposicións

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) negouse, esta mañá, na Mesa Sectorial do Estado, a reabrir a negociación do sistema de acceso e ingreso na función docente. Deste xeito, a modificación do Real Decreto de Acceso publicarase previsibelmente en febreiro e os novos temarios non entrarían en vigor antes de 2020. A CIG-Ensino […]

Reclaman incorporar 256 vacantes de PT e AL no Concurso de Traslados de Mestres

Un estudo da CIG-Ensino revela a existencia de centos de prazas das especialidades Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) que se veñen dotando desde hai anos con profesorado provisional e que poden ser cubertas por profesorado definitivo. Incorporar estas 256 prazas, a maiores das ofertadas no Concurso Xeral de Traslados, para as especialidades […]

Unha sentenza do TSXG limita a discrecionalidade de Educación na oferta de vacantes do CXT

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de darlle a razón á CIG-Ensino ao limitar a discrecionalidade da Consellaría de Educación  na oferta de vacantes dos concursos de traslados. O alto tribunal falla así a favor dunha docente, defendida pola central sindical, na demanda contra a retirada dunha vacante da adxudicación provisional. Para a […]

Suba insignificante do 0,25% das pensións para este ano fronte o incremento do 1,2% da carestía da vida

A CIG-Ensino cualifica de “ridícula” a suba da contía das xubilacións do profesorado que, de media, rolda os 5 euros ao mes, moi lonxe da suba do IPC que finalmente acadou o 1,2% ao longo de 2017. O sindicato alerta ademais de que a partir de 2019 o escenario será de baixada efectiva progresiva ao […]

A CIG mobilízase contra uns orzamentos para 2018 que desmantelan e privatizan os servizos públicos

Delegados e delegadas da CIG-Saúde, CIG-Ensino e CIG-Administración concentráronse este martes diante do Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2018, porque avanzan no desmantelamento dos servizos públicos, consolidan a perda de persoal e non permiten a recuperación de ningún dos dereitos laborais, salariais e sociais perdidos. […]

Piden flexibilizar o permiso por nacemento da outra persoa proxenitora no caso de hospitalización

A CIG-Ensino vén de presentarlle un escrito á Consellaría de Cultura e Educación para que facilite a interpretación da Orde do 29 de xaneiro que regula os permisos, licenzas e vacacións do persoal docente co fin de resolver unha situación que padecen algúns pais e nais cando as súas crianzas requiren hospitalización tras o nacemento. […]

Empresas privadas certificarán o coñecemento de inglés do profesorado

A Consellaría de Educación continúa coa privatización do ensino galego e nesta ocasión tócalle a un dos seus xoguetes preferidos: a lingua inglesa. Até o de agora o profesorado galego tiña ao seu dispor as Escolas Oficiais de Idiomas (EOIs) para certificar os coñecementos de inglés. Porén, a administración anuncia que este ano serán empresas […]

Educación non se toma en serio a formación do profesorado en igualdade, convivencia e inclusión

CIG-Ensino denuncia a falta de seriedade coa que se toma, a Consellaría de Educación, algo tan importante como a formación do profesorado nas áreas de igualdade, convivencia e inclusión. “Non é máis que un mero trámite legal que intenta cubrir cun curso “autoxestionado”, no que inscribe, sen comunicarllo previamente, a todo o profesorado que está […]

Preséntase unha proposta de modificación transitoria do Decreto de acceso á función pública docente

Na Mesa Sectorial do 24 de outubro en Madrid, a representación do Ministerio de Educación fixo entrega dun borrador de Real Decreto para modificar transitoriamente a actual norma que rexe as oposicións para os corpos docentes. Unha proposta que para a CIG-Ensino non colma as demandas do colectivo de profesorado interino. Tamén achegarán en menos […]

Educación destina 360.000€ para que o ensino privado contrate persoal do que carecen os centros públicos

A CIG-Ensino denuncia que mentres a Consellaría de Educación practica “un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público”, suprimindo centros, unidades e profesorado, mantén inalterada desde 2012 a partida económica destinada aos centros privados concertados para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Estas axudas, apuntan, supoñen unha discriminación inaceptábel, xa […]

Educación debe dotar os centros para dar resposta á atención á diversidade e ás necesidades de orientación

O martes 24 de outubro está convocada unha Mesa Sectorial docente na que, entre os documentos a debate, está o concurso específico de Orientación. A CIG-Ensino demandará que se cubran todas as vacantes existentes, mais tamén exixirá, novamente, que se creen todas as prazas necesarias para garantir a calidade no ensino para todo o alumnado. […]

Demandan a dimisión da Valedora do Pobo por vulnerar os dereitos lingüísticos da poboación

Membros da CIG-Ensino e representantes da Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse esta mañá diante da Oficina da Valedora do Pobo para denunciar a persecución do galego que Milagros Otero Parga realiza “desde unha institución que debería velar polo cumprimento da lei e non pola súa vulneración”. Representantes destas dúas entidades lembraron a actuación totalmente arbitraria […]

CIG-Ensino demanda maior apoio de Educación ás Escolas de Artes de Galiza

As Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galiza carecen, a día de hoxe, dunha auténtica política de promoción por parte da Consellaría de Educación. Segundo denuncia a CIG-Ensino, os estudos destes centros educativos, nos que se imparten titulacións equivalente a graos universitarios, ao tempo que ciclos formativos de FP, “non teñen a mesma […]

O curso escolar comeza con máis recortes, peores condicións do profesorado, máis privatizacións e autoritarismo

O curso escolar 2017-2018, que dará comezo a vindeira semana, iníciase coa supresión de 100 postos de traballo no corpo de mestres e co peche de 69 aulas; cun aumento do número de aulas concertadas; co mantemento das subvencións aos centros segregadores e con recortes que continúan e que teñen graves consecuencias para profesorado e […]

Sancionan a CIG-Ensino por se manifestar no acto de inauguración do curso 16-17

O 4 de outubro de 2016 varias ducias de delegadas e delegados da CIG-Ensino manifestáronse diante do IES San Rosendo de Mondoñedo, coincidindo coa inauguración do curso académico de FP por parte da raíña Letizia, o Ministro de Educación e diversos cargos da submisa Consellaría de Educación. A concentración era unha resposta máis do sindicato […]

A Consellaría de Educación mantén os concertos aos centros que segregan por sexo mentres recorta no ensino público

A Consellaría de Educación manterá os concertos aos centros que segregan por sexo, fixando a duración dos concertos en seis anos, cando isto só é preceptivo para a o ensino primario, “é dicir, o goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza, vai máis alá da LOMCE na defensa do ensino concertado”. Como en anos […]

A Consellaría de Educación aproveita o mes de agosto para seguir afondando na implantación da LOMCE

A Consellaría de Educación vén de publicar, en pleno período vacacional do profesorado, as instrucións para o curso académico 2017/18, que afondan na aplicación da LOMCE. Dende a CIG-Ensino sinalan que as instrucións chegan cando a matrícula ordinaria dos centros de secundaria, e polo tanto a elección de materias por parte do alumnado, xa está […]

Aumenta a provisionalidade no ensino público e empeoran as condicións de traballo do profesorado

Un curso máis, a Consellaría de Educación vén de dar novas mostras da precarización do traballo do profesorado con destino provisional dos corpos docentes de secundaria. No estudo realizado pola CIG-Ensino da adxudicación de destinos provisionais poden observarse claros indicios do que vai ser un novo curso “con peores condicións de traballo para aquel profesorado […]

A proposta da Consellaría de Educación de reducir o recorte de persoal na ESAD de Galiza “é insuficiente”

O pasado 24 de xullo notificóuselle oficialmente á dirección da ESAD de Vigo a redución de 6 profesores no “cupo” do centro; esta redución implica a destrución do modelo de ensino dun centro exemplar a nivel estatal. Finalmente na adxudicación de destinos provisionais do 31 de xullo esa redución quedou en 5. Agora a Consellaría […]

O profesorado afectado polo peche de centros descoñece en que situación quedará para o curso seguinte

Logo dun final de curso protagonizado pola arremetida da Consellaría contra o ensino público galego, co peche de centros educativos e o traslado de ensinanzas da ESO e co importante recorte de aulas e postos de traballo do corpo de mestres publicado no DOG a finais de mes de xullo, o profesorado afectado polo peche […]