A Unidade de Atención a Centros de Educación non atende as chamadas telefónicas

A Unidade de Atención a Centros (UAC) da consellaría de Educación non atendeu, durante os últimos días de xuño, as chamadas que se realizaban desde as direccións dos centros. Segundo indicaron de diversos centros, pasados estes días e unha vez establecida comunicación co persoal da UAC, comentaron que tiñan orde de non atender as chamadas […]

O colexio Salvador Moreno de Pontevedra vulnerou os principios de igualdade, mérito e capacidade

O TSXG vén de dar a razón á CIG-Ensino na denuncia por vulneración dos principios de igualdade, mérito e capacidade e de liberdade ideolóxica no sistema de acceso a unha praza no colexio Salvador Moreno de Pontevedra. “É inconcibíbel que no século XXI o Ministerio de Defensa continuara da man da igrexa católica pretendendo saltar […]

Educación consuma o peche e traslado de ensinanzas de varios centros docentes

A CIG-Ensino denuncia que, desoíndo o clamor contra os recortes e sen atender as demandas de familias, profesorado e concellos, a consellaría de Educación publicou o Decreto que impón o peche do CEIP Emilio NavasQüés e o traslado de varios CPI. A Consellaría de Educación tiña a decisión tomada desde o primeiro momento e, de […]

Empregan un texto que describe unha violación na OPE de inglés a secundaria

O pasado sábado día 24 de xuño, no transcurso das oposición ao corpo do profesorado de secundaria, nunha das probas prácticas de inglés, achegouse un extracto da obra Santuario, de William Faulkner. En concreto un texto que describe unha violación para facer unha proba, que constaba de oito exercicios e que consistía en realizar un […]

A CIG-Ensino esixe que se poña fin aos abusos de autoridade por parte dalgúns inspectores e inspectoras

A CIG-Ensino exixe da Consellaría de Educación que traslade a todas as Xefaturas territoriais instrucións claras e contundentes para erradicar os abusos de autoridade de determinados inspectores e inspectoras e que aplique o Réxime disciplinario se corresponder. Nos últimos cursos, nomeadamente nos cursos 2015-16 e 2016-17, a CIG-Ensino comprobou e tomou nota dos abusos de […]

Denuncian a discriminación da lingua galega na nova sede electrónica de MUFACE

Na última reunión do Consello Xeral de MUFACE, a CIG presentou unha queixa formal pola discriminación que supón para o galego que a nova sede electrónica da entidade só estea en castelán. O sindicato rexistrou un escrito no que solicitou que, sen dilación, se ditaran as oportunas instrucións para que as persoas usuarias da sede […]

Os equipos de normalización lingüística coñecen a contía das axudas a dez días de rematar o curso escolar

A CIG-Ensino vén de denunciar que, cando quedan só 10 días para rematar o curso escolar, Educación acaba de comunicar aos equipos de normalización de 867 centros, a contía da axuda solicitada para a realización de actividades de normalización lingüística durante o curso que xa remata. Entende que a consellaría amosa así o seu “desprezo” […]

CIG-Ensino e Mesa denuncian que a Valedora do Pobo actúa como “apéndice” do Partido Popular

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística denuncian a “inxustificábel” resolución e actitude da Valedora do Pobo ante a formulación da queixa presentada sobre a exclusión e discriminación do galego como consecuencia da aplicación da LOMCE na ESO. Anxo Louzao lembrou que coa aplicación da LOMCE a […]

O TSXG admite a trámite o recurso contra a orde que compromete 1.550 millóns de euros para a privada

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG-Ensino contra a orde da Consellaría de Educación pola que se compromete 1.550 millóns de euros para os centros privados. Esta orde amplía o tempo para a concesión estabelecido na LOMCE e blinda os concertos con estes centros até o […]

Educación blinda os concertos coa privada comprometendo 1.550 millóns nos próximos 6 anos

A Consellaría de Educación vén de publicar unha orde por medio da cal blinda os concertos cos centros privados durante seis anos, até o curso 2022/23. A orde anterior, que remata a súa vixencia neste curso, tivo unha duración de catro anos. Mais a LOMCE tamén modificou iso, incrementando a vixencia dos concertos a seis […]

A CIG-Área Pública rexeita un ‘Acordo para a mellora do emprego público’ que avala a súa destrución

CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde rexeitaron, en rolda de prensa, o acordo asinado este mércores, antes mesmo da celebración da Mesa Xeral das Administracións Públicas, por CCOO,UGT e CSIF. Denuncian que “é unha renuncia a recuperar todo o emprego público perdido durante todos estes anos” e que non contempla tampouco a recuperación nin dos dereitos laborais […]

Demandan a convocatoria de oposicións de acceso e ingreso aos conservatorios

A CIG-Ensino concentrouse na mañá de onte diante de Educación para denunciar a falta de planificación da consellaría, o desinterese da Administración polas ensinanzas musicais e a perda de carga horaria das materias de música na ESO e en bacharelato, tanto coa LOE como coa LOMCE, que á súa vez provocou unha redución de postos […]

Unha nova sentenza recoñece o dereito do persoal docente interino a computar as vacacións para trienios e sexenios

A CIG-Ensino vén de gañar unha nova sentenza, neste caso no Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, pola que se recoñece o dereito a unha docente interina con contratos de substitución a que se lle compute o tempo de vacacións cobradas e cotizadas mais non gozadas para os efectos de antigüidade, tanto para trienios como […]

Nos centros de atención á discapacidade, melloras laborais e convenio galego

As traballadoras e os traballadores dos centros de atención a persoas con discapacidade desenvolveron este xoves unha xornada de mobilizacións para reivindicar melloras salariais e laborais e a negociación dun convenio galego de sector que poña fin á precariedade que padece este colectivo. As concentracións realizáronse diante de todos os centros de Galiza que non […]

CIG-Ensino denuncia a “improvisación” de Educación ante a previsión de nevaradas

A CIG-Ensino considera que a consellaría de Educación actuou “de maneira irresponsábel e non comunicou a súa decisión aos centros escolares con tempo suficiente” diante da alerta de nevaradas dos días 22 e 23 de marzo. Denuncia que algúns centros non tiveron coñecemento de que o alumnado non ía ter transporte escolar a partir das […]

CIG-Ensino exixe diante de Educación a inmediata convocatoria de oposicións

A CIG-Ensino demandou esta mañá, cunha concentración diante da consellaría de Educación, a inmediata convocatoria de oposicións para rematar coa “inseguridade” e “incertidume” na que se atopan as e os opositores. Denunciou que, en todo caso, a oferta de emprego públigo proposta por Educación é insuficiente para satisfacer ás necesidades do sistema educativo galego e […]

Louzao defende no Congreso mudar o marco lexislativo, incluída a Constitución e un sistema educativo propio

O secretario nacional da CIG-Ensino e membro do Consello Escolar do Estado, Anxo Louzao, compareceu esta mañá na “Subcomisión para a Elaboración dun gran Pacto de Estado Social e Político pola Educación”, no Congreso dos Deputados. Na súa intervención defendeu “unha transformación radical do sistema educativo, a modificación da Constitución e a supresión dos concertos […]

Educación presenta unha OPE “totalmente insuficiente” para o ensino público galego

A CIG-Ensino cualificou, na mesa sectorial celebrada este xoves, de insuficiente a OPE presentada pola Consellaría de Educación e denunciou que se fixera pública a oferta sen realizar unha negociación real, tal e como é preceptivo. Ademais exixiu á consellaría que siga adiante coa convocatoria, como tamén o exixiu onte na Mesa do Estado onde […]

Convocada folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo.  “A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pretende con esta folga asestar un golpe mortal e definitivo á LOMCE e aos recortes no ensino público para restituír os dereitos laborais e […]

Educación non cobre vacantes do profesorado desde o día 20 de febreiro

A CIG-Ensino asegura que a data de 21 de febreiro, hai 35 prazas de profesorado sen cubrir e alerta de que seguirán aumentando “coa complicidade de Educación”, que xa anunciou que “non chamará para ningunha substitución até despois do Entroido guiada polo falso motivo do aforro económico”. Denuncia o “abandono da consellaría con respecto ao […]

O Pacto pola Educación só pretende maquillar a lei para que sexa asumida socialmente

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que apoiou a folga e as manifestacións convocadas pola organización estudantil ERGUER, celebrou a última hora desta tarde concentracións nas sete cidades e en vilas como Cangas, Cee, Carballo ou Vilagarcía. Toda unha serie de mobilizacións coas que exixiu a inmediata derrogación da LOMCE e a apertura […]

Vigo acolle mobilizacións este xoves coicindindo coa folga estudantil convocada contra a Lomce

As rúas de Vigo acollerán este xoves 16 unha manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Enisno Público coincidindo coa xornada de folga promovida pola organización estudantil Erguer. A mobilización, que arrincará de Praza América ás 12.00 horas, terá continuidade pola tarde cunha concentración diante do Marco ás 19.00 horas. Representantes de distintos colectivos […]

O alumnado de secundaria e das universidades galegas irá á folga este xoves 16 de febreiro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público vén de manifestar o seu apoio á folga convocada para o vindeiro xoves día 16 de febreiro polo estudantado contra a LOMCE, a implantación do decreto 3+2 na universidade, os recortes no ensino público, e en demanda dunha Lei Galega de Educación. No decurso desa xornada están […]

CIG-Ensino e a Mesa conseguen reunirse co Secretario Xeral de Política Lingüística

Arredor de 50 persoas, convocadas pola CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, pecháronse esta mañá en Política Lingüística, co obxectivo de conseguir unha xuntanza co Secretario Xeral, Valentín García, e acadar o compromiso de ser recibidos polo conselleiro de Educación para demandarlle que se abra un debate para a elaboración dun novo marco xurídico […]