🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Ensino público galego: os recortes orzamentarios na etapa Feijóo acadan xa os 1.943 millóns de euros

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou en rolda de prensa a “involución” que padeceu un dereito fundamental como é o ensino público desde a chegada de Núñez Feijoo á presidencia da Xunta, cuns recortes orzamentarios acumulados de, nin máis nin menos, 1.943 millóns de euros que van continuar nos orzamentos actuais e que […]

Persoal da Área Pública demanda no Parlamento servizos públicos de calidade e a recuperación dos seus dereitos laborais

Delegados e delegadas da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) concentráronse este mércores diante do Parlamento de Galiza para demandar uns servizos públicos de calidade e a recuperación dos dereitos laborais e salariais perdidos ao longo destes anos. A mobilización, que se repetirá o vindeiro luns, día 6 de febreiro, coincidiu co debate […]

Alertan de baremos diferentes do Ministerio e da Consellaría no concurso de traslados

A CIG-Ensino considera que é preocupante que a estas alturas do proceso do Concurso Xeral de Traslados (CXT), cando está a piques de saír a resolución provisional, non se coñeza como se vai resolver o conflito xerado como consecuencia de que o Ministerio de Educación aplique un baremo diferente ao aplicado pola Consellaría de Educación […]

CIG-Ensino e Mesa protestan contra a discriminación do galego nas aulas

A CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse na mañá deste pasado mércores 14 de decembro diante da Consellaría de Educación contra a redución do horario lectivo en galego na ESO provocado pola implantación da LOMCE. Na concentración, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, acusou á Consellaría de Educación de aproveitar a implantación […]

A PGDEP denuncia a demagoxia do PP por simular que desaparecen as reválidas mentres lexisla en sentido contrario

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) fixo a mañá de onte, en rolda de prensa, un chamamento á comunidade escolar a sumarse á xornada de loita convocada para este xoves, día 24 de novembro, contra as reválidas e a LOMCE, e a participar nas mobilizacións convocadas tanto pola mañá como pola tarde […]

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrega preto de 14.000 sinaturas contra as reválidas e a LOMCE

Cunha concentración simbólica diante da consellaría de Educación a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reiteraba, esta mañá, a súa rotunda oposición ás reválidas e á LOMCE. Demandas que respaldou coa posterior entrega dun total de 13.526 sinaturas recollidas nas últimas semanas que constatan o enorme rexeitamento que suscita esta lei no conxunto da […]

A discriminación da lingua galega no ensino dispárase coa aplicación da LOMCE

O 29 de setembro de 2016, a CIG-Ensino dirixiuse ao conselleiro de educación para deixar constancia das inmediatas consecuencias da aplicación da LOMCE: incremento da españolización do sistema educativo galego e redución do ensino en galego. Do mesmo xeito, na Mesa Sectorial do 11 de outubro volveu incidir na necesidade de atallar esta situación sen […]

Educación obriga os centros a comprar gasóleo a determinadas empresas aínda que saia máis caro

A Consellaría de Educación envioulles aos centros educativos unhas instrucións na que se lles informa de que a partir deste curso a compra de combustible para as calefaccións debe facerse a través dunha serie de empresas concertadas coa Xunta. O novo sistema está a provocar que moitos centros teñan que pagar máis caro o gasóleo […]

Educación vulnera a Lei de Normalización Lingüística usando topónimos deturpados e ilegais nos mapas de localización de centros

A Consellaría de Educación vulnera a Lei de normalización lingüística no seu portal web, ao utilizar para a localización dos centros de ensino mapas que deturpan topónimos e que son utilizados na súa forma ilegal, barbaramente españolizados. A CIG-Ensino exixe a súa corrección inmediata en cumprimento da lexislación vixente. Quen acceda a este recurso comprobará […]