🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Residencia de Maiores de Sarria adebeda a nómina de novembro ao seu persoal

A CIG de Lugo vén de denunciar que a esta altura o persoal da Residencia de Maiores de Sarria aínda non cobrou a nómina do mes de novembro. Un atraso que considera “discriminatorio” respecto do resto do persoal do concello, ao que si se lle fixo o ingreso da nómina. Para a CIG de Lugo […]

O Concello da Fonsagrada incumpre as sentenzas sobre os despedimentos do persoal do GES

Logo das catro sentenzas que consideraban nulos por segunda vez os despedimentos dos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), o Concello da Fonsagrada aínda non cumpriu co fallo das mesmas: nin readmitiu ao persoal nin pagou os salarios de tramitación. Ademais, todo fai indicar que a súas intencións van no camiño contrario, posto que […]

Urbaser teima na política represiva e volverá aos xulgados por vulneración da liberdade sindical

Urbaser (encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria no Concello de Lugo) volverá aos xulgados, nesta ocasión por vulneración de dereitos fundamentais, concretamente da liberdade sindical. O xuízo, que se celebrará este 23 de maio no Xulgado do Social 3, veu motivado a raíz da denuncia presentada contra a empresa pola CIG […]