CIG-Saúde de Compostela denuncia nomeamentos a dedo e sobresoldos para os cargos de responsabilidade

Representantes da CIG-Saúde de Compostela compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar que, desde hai anos, a Xerencia de Compostela fai nomeamentos a dedo para ocupar cargos de responsabilidade e que eses postos, de xefatura, coordinación, encargado ou supervisión, son compensados economicamente con sobresoldos, mediante horas extra que non existen ou en concepto […]

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña chama á participación masiva na manifestación deste xoves

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña vén de facer un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca para que participen na manifestación convocada para este xoves, 1 de marzo, en rexeitamento á Lei de Saúde do PP. A marcha sairá ás 20h dende o Hospital da Costa e rematará diante […]

Feijoo di que reforzou a sanidade pública con 3.141 profesionais. Pero fala de contratos asinados ou de persoas contratadas?

O presidente da Xunta afirmaba onte no Parlamento que nos últimos 23 días se reforzou a rede sanitaria pública galega coa incorporación de 3.141 persoas, das que 336 serían persoal médico e 2.435 profesionais de enfermería. A CIG-Saúde pídelle a Núñez Feijoo que aclare se estes datos se refiren á contratación de persoas ou ao […]

Inspección require a corrección inmediata das deficiencias detectadas en Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa

A Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo vén de elevar un requirimento á Xerencia do Hospital da Costa, instando á “corrección inmediata” das deficiencias detectadas no Servizo de Anatomía Patolóxica e á adopción das medidas necesarias para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores deste servizo. A Inspección dá razón así á […]

Consultas pechadas, falta de servizo médico ou cupos excesivos, consecuencias da política sanitaria do PP

Segundo as recomendacións que recollía o Plan Mellora de Atención Primaria, o cupo máximo que debera asumir cada profesional sanitario sería de 1.200 cartillas, pero no caso dos centros de saúde da Mariña, “polo abandono que se está producindo, as e os profesionais vense obrigados a asumir máis de 3.000 cartillas”. Así o denuncia a […]

A CIG mobilízase contra uns orzamentos para 2018 que desmantelan e privatizan os servizos públicos

Delegados e delegadas da CIG-Saúde, CIG-Ensino e CIG-Administración concentráronse este martes diante do Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2018, porque avanzan no desmantelamento dos servizos públicos, consolidan a perda de persoal e non permiten a recuperación de ningún dos dereitos laborais, salariais e sociais perdidos. […]

Persoal do Sergas concéntrase diante da Consellaría de Sanidade en demanda da recuperación dos acordos suspendidos

Persoal do Sergas concentrouse esta mañá, coincidindo coa segunda xornada de folga, diante da consellaría de Sanidade para exixir a recuperación dos seus dereitos laborais e salariais, suspendidos desde o ano 2010. Ao remate da mobilización a CIG-Saúde, convocante da folga, fixo entrega dun escrito no que se resumen todas as súas demandas. A secretaria […]

CIG-Saúde valora positivamente o seguimento da folga xeral no Sergas

A CIG-Saúde vén de valorar positivamente tanto o seguimento da folga xeral convocada no Sergas para hoxe e mañá venres como as mostras de apoio recibidas das traballadoras e traballadores da sanidade pública galega. O persoal do Sergas súmase ao rexeitamento da posición da consellaría de Sanidade, que se negou a establecer un calendario de […]

CIG-Saúde mantén convocatoria de folga no Sergas o 2 e 3 de novembro

A CIG-Saúde mantén a convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro. Asegura que non se vai sumar a sinatura do acordo do Sergas coas organizacións sindicais da plataforma porque “simplemente non se solucionou ningún conflito”. Considera que a proposta presentada polo Sergas sobre carreira profesional deixa máis dúbidas que certezas e denuncia […]

Ocupan o edificio do Sergas de Vigo

Traballadores/as e delegados/as sindicais da sanidade pública galega volveron este mércores ás rúas para esixir á Consellaría que sente negociar a recuperación dos acordos retributivos e o desenvolvemento da carreira profesional, así como para esixir a retirada da reforma da Lei de Saúde. A protesta enmárcase nas accións previas á convocatoria de folga xeral no […]

Persoal da sanidade pública ‘quenta motores’ de cara á folga do 2 e 3 de novembro

Traballadores e traballadoras da sanidade pública galega iniciaron este xoves mobilizacións en rexeitamento á negativa da consellaría de Sanidade e da propia Xunta de Galiza a sentar sequera a negociar un calendario para recuperar os acordos retributivos e a carreira profesional. As protestas, realizadas diante dos hospitais, continuarán o vindeiro mércores e enmárcanse nas accións […]

Denuncian que no centro de saúde de Arcade non se cubren as ausencias do persoal médico

A federación de Saúde da CIG de Pontevedra denuncia que no centro de saúde de Arcade non se están a cubrir as ausencias do persoal médico, mesmo a risco de poñer en perigo a saúde da veciñanza. Sinalan que o centro atende unha media de 50 pacientes diarios, o que impide unha boa asistencia sanitaria […]

Estupor na CIG-Saúde da Mariña pola “desaparición” da denuncia por riscos en Anatomía Patolóxica

A CIG-Saúde da Mariña vén de manifestar a súa sorpresa pola “desaparición” da denuncia presentada na Inspección de Traballo pola ausencia de medidas preventivas no almacenamento e condicións de uso de formaldehido no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa. A denuncia, explican, foi rexistrada o pasado 11 de abril no portelo único, “está […]

Nova xornada de mobilizacións en defensa da área sanitaria da Mariña

Este mércores, traballadoras/es da sanidade e usuarios/as volveron mobilizarse no Hospital da Costa e nos centros sanitarios da comarca da Mariña para esixir a retirada do anteproxecto de lei “que pretende borrarnos do mapa como área sanitaria”. Durante as protestas, a xunta de persoal volveu reclamar a capacidade de xestionar dende a comarca tanto os […]

Denuncian a falta de medidas preventivas no servizo de anatomía patolóxica no Hospital da Costa

A CIG-Saúde da Mariña presentou denuncia na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo diante da situación que se está a dar no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa, debido á ausencia de medidas preventivas no almacenamento e condicións de uso de formaldehido (clasificado como canceríxeno e mutáxeno 1B). A Federación […]

Traballadores/as e usuarios/as inician as mobilizacións en defensa da área sanitaria da Mariña

Traballadoras e traballadores da sanidade xunto con veciñas e veciños da comarca, participaron este mediodía nas concentracións convocadas pola Xunta de Persoal en rexeitamento á reforma da Lei de Saúde formulada pola Consellaría que suporá, entre outras cuestións, a supresión da Área Sanitaria da Mariña. As protestas desenvolvéronse ao mediodía na entrada ao Hospital da […]

Denuncian “o estado de desmantelamento da atención primaria na Mariña”

Ante os anuncios propagandísticos de Elena Candia e Daniel Veiga do PP polas críticas á supresión da Área Sanitaria da Mariña, CIG Saúde A Mariña volve lembrar e denunciar a política destrutiva ao longo destes anos, levada a cabo polo equipo xestor da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte nos Centros de Saúde da Mariña. PARALIZACIÓN DO PLAN […]

Supresión das áreas sanitarias: Dille non aos plans do PP!

A Xunta vén de presentar un anteproxecto de modificación da Lei de Saúde que suprime as áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, afastando así os servizos sanitarios das persoas. Até o 17 de agosto, o documento está aberto a suxestións no Portal da Transparencia. Dende a CIG convidámoste a que lle fagas […]

Presentan alegacións ao decreto “que deixa na periferia e na indefensión o/a doente”

A CIG-Saúde vén de presentar alegacións ao anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galiza que, entre outras cuestións, contempla a supresión das áreas sanitarias do Salnés, A Mariña, Monforte e O Barco. A Federación da CIG solicita a paralización inmediata deste decreto e que o documento regrese á Mesa Sectorial como punto da […]

CIG-Saúde pide a retirada do anteproxecto que suprime as áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e o Salnés

A CIG-Saúde solicita a retirada inmediata do anteproxecto de Lei presentado onte na mesa sectorial do SERGAS, polo que se suprimen as actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. A central sindical entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando […]

Cualifican de “nova tomadura de pelo” ao persoal da sanidade pública a xuntanza da Mesa Sectorial

A Federación de Saúde da CIG cualificou como “unha nova tomadura de pelo” a reunión extraordinaria da Mesa Sectorial que tivo lugar este mércores 2 de agosto, xa que na mesma a Consellaría negouse a abordar a negociación dun calendario de recuperación dos acordos salariais e laborais suspendidos. CIG-Saúde denuncia que as e os traballadores […]

Denuncian a “situación de abandono” do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

A Comisión de Centro de Cee vén de denunciar “a situación de abandono” na que se atopa o Hospital Virxe da Xunqueira e amosar a preocupación polo desmantelamento paulatino de servizos neste hospital por parte da Xerencia de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña, a quen acusan de “querer desmantelar”o centro. Un camiño que, neste mes […]

O Sergas dará cursos a profesionais da saúde en lugar de mellorar a calidade das agullas de insulina

O pasado mércores día 5 de xullo publicábase no DOG unha resolución do Servizo Galego de Saúde pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a formación das/os profesionais do SERGAS para o manexo das agullas de insulina que se subministran ás persoas con diabetes. A CIG-Saúde considera “inadmisíbel […]

CIG-Saúde denuncia a dobre penalización salarial do persoal do SERGAS nos meses de xullo e decembro

A CIG-Saúde denuncia que nos meses de xullo e decembro o persoal do SERGAS sofre unha dobre penalización salarial no seu complemento específico ao incumprirse os acordos salariais asinados en 2008, co goberno bipartito, que foron conxelados polo goberno do PP coa chegada de Feijóo á Xunta de Galiza. O complemento específico retribúe as especificidades […]