A Xunta de Persoal do 061 demanda o desbloqueo de cuestións laborais como o seu tralado á Estrada

A Xunta de Persoal do 061 concentrouse esta mañá diante da consellaría de Sanidade, en Compostela, en protesta polo bloqueo de diferentes cuestións laborais. Xunto a isto, o seu presidente, Mario Otero, explicou que tamén reclaman do conselleiro “que empece a exercer como tal e que coordine os diferentes departamentos que administra”. Otero lembrou que […]

A Comisión de Centro considera “inaceptábel” a diminución da actividade asistencial no CHUAC

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) cualificou de “inaceptábel” o novo peche de camas e de unidades cirúrxicas “na situación de masificación  na que se atopa o CHUAC: listas de espera, colapso de urxencias, falta de camas e falta extrema de persoal”. A poboación da área sanitaria da Coruña, denuncian, […]

O sector sanitario exixe en Compostela a recuperación dos acordos suspendidos

Persoal do SERGAS saíu esta mañá en manifestación desde o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, até San Lázaro simulando unha peregrinación de saída, en vez da tradicional de chegada a Compostela, para demandar a recuperación dos acordos retributivos e de condicións de traballo suspendidos unilateralmente polo goberno de Feijóo. Ao comezo […]

Organizacións sindicais de sanidade demandan negociar un calendario para recuperar os acordos

Delegados e delegadas das organizacións sindicais de Saúde CIG, CCOO, UGT, CSIF, SATSE e SAE concentráronse esta mañá martes, diante do edificio do SERGAS en San Lázaro, coincidindo coa entrega de sinaturas recollidas entre o persoal do Servizo galego de Saúde para instar ao conselleiro de Sanidade a convocar a mesa sectorial e negociar un […]

“Adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial”, novo eufemismo para o peche de camas

CIG-Saúde denuncia que, un ano máis haberá peche de camas no HULA, aínda que desta volta o Sergas pretende ocultar esta realidade cualificando a decisión de “adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial”. Deste xeito, engaden, unidades co 100% de ocupación ao longo do ano son pechadas sen consideración ningunha, “sen ter en conta […]

Atrásase unha proba diagnóstica no Juan Cardona por non facilitarse documentación en galego

CIG-Saúde vén de dirixirse ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e ao Xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, para denunciar a discriminación lingüística sufrida por unha persoa usuaria da Sanidade Pública, que tivo que ver atrasada unha proba diagnóstica por non serlle facilitado o documento de consentimento informado en lingua galega, tal […]

Preveen o peche dunhas 1.200 camas durante o verán nos hospitais galegos

A CIG-Saúde denuncia que as Xerencias das Áreas Sanitarias comezaron xa a comunicar o número de camas que teñen previsto pechar durante os meses de verán que, como en anos anteriores, chega en algúns casos a estenderse até o mes de outubro. A falta de datos oficiais que confirmen o número definitivo de camas e […]

Denuncian que o peche de camas na área Pontevedra-Salnés no verán non foi pactado cos profesionais

A federación de Saúde da CIG de Pontevedra vén de emitir un comunicado no que desminte as declaracións do conselleiro de Sanidade nas que aseguraba que o peche de camas na área sanitaria durante o verán foi consensuado cos profesionais. Neste senso, lembran que levan tempo reclamando información sobre o número de camas que quedarán […]

Denuncian o “serio” estado de abandono das salas de autopsias de Vigo

Carros de roupa sucia nos corredores por onde entran e saen os cadáveres, unha sala de autopsias que colinda coa cociña do hospital, carencia de sinais, falta de ventilación e zona intermedia para o persoal forense ou vestiarios sen diferenciación por sexos, pasando por unha mesa non regulable en altura que os traballadores ‘adaptan ás […]

Reclaman a incorporación no SERGAS das especialidades de enfermería

CIG-Saúde, CCOO, UGT, CSIF e Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria compareceron este mércores en rolda de prensa para denunciar a pasividade da consellaría de Sanidade e o SERGAS no relativo á incorporación no Servizo Galego de Saúde de enfermeiros/as especialistas. A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explicou que en xullo de […]

A Inspección dá 3 meses ao CHUS para que adopte medidas que garantan a saúde laboral do seu persoal

CIG-Saúde de Compostela alerta do preocupante incremento dos accidentes de traballo por picaduras e cortes entre o persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago por non dispor de dispositivos de bioseguridade, como os que existen no resto dos hospitais de Galiza, e por non ser reemprazados os existentes, tal e como establece a normativa vixente. […]

A CIG-Área Pública rexeita un ‘Acordo para a mellora do emprego público’ que avala a súa destrución

CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde rexeitaron, en rolda de prensa, o acordo asinado este mércores, antes mesmo da celebración da Mesa Xeral das Administracións Públicas, por CCOO,UGT e CSIF. Denuncian que “é unha renuncia a recuperar todo o emprego público perdido durante todos estes anos” e que non contempla tampouco a recuperación nin dos dereitos laborais […]

O persoal dos organismos públicos de investigación internacionais de países punteiros é “na súa maioría ou todo funcionario”

A CIG-Saúde vén de dirixirse, por escrito, ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, e máis ao Director Xeral de Función Pública, José M. Barreiro, para manifestar a súa sorpresa diante do feito de que se negociara na Mesa sectorial de Función Pública e non na Mesa sectorial de Sanidade o decreto polo que se define […]

Rexeitan o Decreto que impide a estabilidade do persoal investigador

A mesa de Función Pública aproba este mércores un Decreto polo que se regula o réxime de contratación do persoal investigador laboral da administración galega. A CIG-Saúde rexeita o seu contido porque impide a estabilidade deste persoal como estatutario e parte do cadro do SERGAS e vai dificultar a continuidade de proxectos de investigación sanitaria […]

Exixen a equiparación salarial para o persoal do SERGAS

A CIG-Saúde vén de exixir novamente da consellaría de Sanidade que sente xa a negociar a recuperación dos acordos de equiparación salarial asinados na mesa sectorial do SERGAS que levan conxelados desde o ano 2010. A secretaria nacional, María Xosé Abuín, lembra que vén de asinarse un acordo de integración no V Convenio colectivo único […]

O Sergas pretende estabilizar só 438 prazas cando as vacantes desde 2010 son 2.652

A CIG-Saúde manifesta o seu rotundo rexeitamento ao Plan de Estabilidade do Emprego presentado polo SERGAS na Mesa Sectorial celebrada esta mañá. Un plan que se viña demandando desde o mes de outubro e que só prevé 438 prazas, cando desde 2010 se produciron 2.652 vacantes. Considera, porén, positivo que non se aprobara hoxe e […]

Denuncian a “opacidade” da convocatoria da promoción “Código Camiño” da ACIS

A CIG-Saúde vén de solicitar acceso á información referida á convocatoria da promoción “Código Camiño: hackaton en saúde para ideas de valor” convocada pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS). En concreto demanda a identificación nominal das persoas que formaron parte do grupo de expertos do SERGAS para seleccionar aos candidatos e candidatas; os criterios […]

O persoal do SERGAS mobilizarase para exixir a recuperación de dereitos suspendidos so pretexto da crise

CIG-Saúde, CCOO, CSIF, UGT, SATSE e SAE anunciaron este mércores, en rolda de prensa, unha campaña de mobilizacións diante da negativa da consellaría de Sanidade a convocar a Mesa de Negociación para estabelecer un calendario que permita recuperar os acordos relativos ás condicións de traballo e melloras retributivas para o persoal do SERGAS. Unha negativa […]

A Secretaría das Mulleres solicita que se investiguen os feitos ocorridos no Hospital de Conxo

Tal e como denunciaba a pasada semana o Movemento Galego de Saúde Mental (do que a CIG forma parte), o deterioro progresivo na atención á saúde mental en Galiza vén de cobrarse dúas vítimas: unha morte por suicidio e unha agresión sexual que puideron evitarse e “que son froito e consecuencia de decisións erróneas”, nas […]

Denuncian “sectarismo nos correos corporativos da EOXI de Vigo”

CIG-Saúde denuncia que o pasado mércores 1 de febreiro recibiron polo correo corporativo do EOXI de Vigo un correo con propaganda de contido relixioso concretamente católico, no correo viña anunciando un acto que contiña diversos enlaces, un deles á páxina da Conferencia Episcopal. Desde o sindicato se preguntan se o correo corporativo do SERGAS é […]

O MGSM atribúe aos recortes un suicidio e unha agresión sexual en Psiquiatría do hospital de Conxo

O Movemento Galego de Saúde Mental vén de denunciar, a través dun comunicado, o grave deterioro que sofre a Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo por mor dos recortes recortes de persoal. Un deterioro ao que atribúe o falecemento dunha doente por sucidio e a denuncia, uns días antes, dunha agresión sexual. […]

O TSXG ratifica a condena ao Sergas por dano moral a un traballador do hospital comarcal do Salnés

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de ratificar a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra que condena o Sergas a pagarlle 3000 euros a un traballador do hospital do Salnés por dano moral, ademais de ter que aboarlle 12 días de salario pola prórroga non concedida e as […]

Sindicatos da sanidade reclámanlle á Consellaría a recuperación de todos os acordos retributivos

Coa chegada do PP ao goberno da Xunta, alá polo ano 2009, e coincidindo co inicio da crise, o persoal do Sergas viu suspendidos todos os acordos retributivos que permitirían a equiparación das súas condicións salariais ás do persoal dos sistemas de saúde do resto do Estado. Este mércores concentráronse diante da Consellaría de Sanidade […]

Denuncian a “dantesca” situación das Urxencias do CHUS con 470 doentes durante a fin de semana

CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar que, lonxe de solucionarse o colapso das Urxencias do Hospital Clínico de Compostela, a situación durante esta fin de semana, que cualifica como “dantesca”, non fixo máis que empeorar e continuaba á altura das 14:00 horas deste luns, con doentes ateigando os corredores. Asegura que entre o venres e […]