Persoal da Área Pública demanda no Parlamento servizos públicos de calidade e a recuperación dos seus dereitos laborais

Delegados e delegadas da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) concentráronse este mércores diante do Parlamento de Galiza para demandar uns servizos públicos de calidade e a recuperación dos dereitos laborais e salariais perdidos ao longo destes anos. A mobilización, que se repetirá o vindeiro luns, día 6 de febreiro, coincidiu co debate […]

Denuncian o colapso do servizo de Urxencias e dos centros de saúde de Pontevedra e do Salnés

A federación de Saúde da CIG vén de denunciar publicamente a situación de colapso na que se atopan as Urxencias e os centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e do Salnés como consecuencia do repunte dos casos de gripe. Dende a central reclámanlle ao Sergas que atenda as demandas dos profesionais e opte […]

Sindicatos do SERGAS demandan a recuperación de dereitos laborais e sociais no Parlamento

Representantes das organizacións sindicais da Mesa Sectorial do SERGAS (CIG-Saúde, UGT, SATSE, CSIF e CCOO) reuníronse esta mañá no Parlamento de Galiza coa deputada do BNG, Montse Prado, para demandar das forzas da oposición que presionen ao PP e ao goberno da Xunta para que se contemplen nos orzamentos de 2017 medidas que permitan comezar […]

Reclaman máis aparcamentos no Cunqueiro para rematar co caos de tráfico nas horas punta

A federación de Saúde da CIG vén de reclamar a dotación de máis zonas de aparcamento nos arredores do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para rematar co caos de tráfico que se produce nas horas punta. Dende a central denuncian que os problemas de circulación que padecen persoal e pacientes son consecuencia da mala organización […]

CIG-Saúde anima o persoal do SERGAS a reclamar a totalidade do permiso por coidado de familiar

A CIG-Saúde fai un chamamento a todo o persoal do SERGAS para que presente reclamación se a administración lle denega a totalidade do días aos que ten dereito por coidado dun/ha familiar. A Federación lembra que o TSXG declarou a ilegalidade e, en consecuencia, a nulidade da limitación estabelecida na instrución do SERGAS a respecto […]

SOS Compostela exixe que se garanta a calidade na diálise na clínica Souto Boo

SOS Sanidade Pública de Compostela esixe que, de inmediato, a Consellaría de Sanidade e o xerente da EOXI de Compostela, respondan aos requirimentos da plataforma que, desde o 16 de abril de 2016, demanda unha aclaración respecto da atención que se lle está a prestar as/aos doentes que o SERGAS envía a clínica Souto Boo […]

O persoal da sanidade privada segue na loita por un convenio digno

Persoal da sanidade privada da Coruña concluía este xoves as tres xornadas de mobilizacións consecutivas en demanda dun convenio colectivo digno. As organizacións sindicais aproveitaron a protesta e o reparto informativo no Hospital Quirón para ofrecer unha rolda de prensa na que denunciaron o inmobilismo da patronal, que se nega mesmo a asumir pequenas melloras […]

Sanidade privada: beneficios millonarios pero incrementos salariais de “miseria”

As organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO retomaron esta semana as mobilizacións contra o bloqueo patronal na negociación do convenio colectivo da sanidade privada da Coruña, cunha protesta no Hospital San Rafael, no se realizou tamén un reparto de folletos para informar do conflito ás usuarias e usuarios deste centro. As negociacións, explica o delegado […]

Esíxenlle ao SERGAS que asuma o mantemento do equipamento médico con persoal propio

O 30 de novembro de 2016 remata o contrato de mantemento de equipos electromédicos adxudicado polo SERGAS, en xuño de 2013, á empresa IBERMANSA por un importe de 33.892.225€. A CIG-Saúde exixe do SERGAS que dea as instrucións necesarias ás EOXI para que sexa asumido, con persoal propio, para evitar situacións anteriores. Considera que é […]

O alcalde de Vigo Abel Caballero, as multas e outras lerias…

CIG-Saúde de Vigo denuncia que se están a recibir, por usuarias e traballadoras, sancións por importe de 200 € por vehículos mal estacionados no entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro con data do pasado mes de maio. Pese as reiteradas declaracións do Alcalde de Vigo nas que prometía non multar aos coches mal estacionados nos viais […]

Urxencias do Cunqueiro sofre novos recortes de persoal

A falta de cobertura de prazas estruturais e a desorde organizativa no SERGAS incide de forma particularmente lesiva en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, segundo denuncia a CIG-Saúde. Desta volta, a transferencia dunha auxiliar de enfermaría (TCAE) desde observación a boxes agrava a sobrecarga dun servizo con ratios de doentes que mesmo duplican, […]

A sinistralidade laboral dispárase un 6,6% na primeira parte do ano

Dos 22 accidentes laborais con resultado de morte acontecidos en Galiza, na Coruña producíronse 9, en Pontevedra 7, en Lugo 5 e en Ourense 1. O primeiro semestre de 2016 devolveu a Galiza ao primeiro posto de sinistralidade laboral no Estado español. De feito, segundo informa o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral no artigo […]

A CIG-Saúde pide xustificación ao Sergas polo gasto solicitado pola Axencia de Coñecemento en Saúde

A CIG-Saúde tivo coñecemento de que a Axencia Galega en Saúde vén de solicitar un informe para “Gastos de acondicionamento dependencias ACIS e dotación de equipamento informático e mobiliario”. Considera que se trata dun gasto inxustificado xa que a súa actividade se desenvolve na sede do FEGAS, onde as dependencias están perfectamente acondicionadas e xa […]

Un tribunal da UE declara ilegal a sucesión de contratos para cubrir prazas estruturais

Dende a chegada do PP á Xunta no ano 2009, converteuse en práctica habitual no SERGAS cubrir as prazas estruturais mediante a sucesión de persoal con contratos temporais. Agora, un tribunal da UE vén de declarar que esta situación vulnera a normativa europea sobre o traballo de duración determinada. A resolución reforza a demanda da […]

A CIG-Saúde pon en marcha unha campaña pola “recuperación dos dereitos roubados”

A CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña en demanda de que as traballadoras e traballadores da sanidade pública galega recuperen os seus dereitos “roubados”. Subliña que o novo goberno galego que saia das eleccións do 25 de setembro debe afrontar os problemas da Sanidade Pública e das/os traballadoras/es do SERGAS con transparencia na […]

CIG-SAÚDE denunciaba hai 10 días que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro estaba sendo enviado a POVISA para a súa esterilización

Os problemas co material e a súa esterilización son constantes desde a posta en marcha do Novo Hospital e da reestruturación da actividade cirúrxica. O feito de que aínda hoxe esteamos poñendo en marcha a nova central de esterilización e tomando medidas “temporais” para solucionar os problemas, 6 meses despois, indica a incapacidade da Xerencia […]

CIG-Saúde considera un “despropósito” a integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI

CIG-Saúde considera que a pretensión da consellaría de Sanidade de proceder á integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI é “un despropósito”. Entende ademais que deste xeito, Sanidade “reiventa as súas fórmulas de xestión” co obxectivo de “manter estes chiringuitos” e “aos seus acólitos con contratos de alta dirección”· María […]

O Hospital Meixoeiro escenario dunha nova protesta

A xunta de persoal e SOS Hospital Meixoeiro convocan para este mércores día 1 de xuño unha nova concentración na entrada do centro, a concentración empezará ás 18h. Non é a primeira protesta que ten este hospital de Vigo neste ano, xa son numerosas protestas realizadas, desde sentadas na entrada ata unha aperta ao hospital, […]