🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Instan a E. Leclerc e ao centro comercial da Abella a “facer o máximo esforzo” para manter 58 empregos

O persoal de E. Leclerc e a CIG-Servizos instan a empresa francesa de supermercados e a empresa propietaria do centro comercial da Abella (Lugo) a realizar “o máximo esforzo” para facer posíbel a continuidade do hipermercado e dos 58 postos de traballo”. O grupo francés formulou un ERE de extinción para a totalidade do cadro […]

Persoal da seguridade privada maniféstanse por un convenio digno que remate coa precariedade no sector

Traballadores e traballadoras da seguridade privada manifestáronse este martes polas rúas da Coruña en rexeitamento ao preacordo para o convenio colectivo estatal que, previsibelmente, se asinará mañá en Madrid entre a patronal Aprosec e as centrais sindicais UGT, CCOO e USO. Isto suporá manter a perda de dereitos salariais e laborais que vén padecendo o […]

Noveno día de folga das traballadoras de Bershka: “Non nos moverán, queremos traballar en igualdade salarial”

As traballadoras das tendas Bershka da provincia de Pontevedra cumpriron hoxe o noveno día de folga consecutiva para esixir que se equiparen as súas condicións coas  condicións laborais e salariais que se aplican nas tendas da firma doutras provincias. Unha xornada máis, o persoal secundou a folga ao 100%, polo que as tendas de Vigo, […]

As traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra levan as súas reivindicacións á sede de Inditex

Traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra, que están en folga indefinida dende o 26 de outubro, trasladaron este luns até a sede de Inditex en Arteixo as súas protestas en demanda da aplicación das melloras laborais pactadas noutras provincias e rematar así coa discriminación que padecen. O persoal desenvolveu unha concentración ás portas da […]

Traballadoras de Stradivarius protestan contra o peche de tendas e o deterioro das condicións laborais

Traballadoras e traballadores de Stradivarius concentráronse este xoves en protesta pola decisión repentina do Grupo Inditex de pechar a tenda situada no Centro Comercial Catro Camiños. Dende CIG-Servizos denuncian que este peche provocará o empeoramento das condicións laborais das traballadoras da Coruña e deixará sen validez moitos dos acordos alcanzados coa empresa até o de […]

A CIG en Prosegur e Eulen critica a convocatoria “oportunista” de folga nos aeroportos galegos

As seccións sindicais da CIG de Prosegur e Eulen critican que unha soa central sindical estea a tomar decisións en nome dos traballadores e traballadoras da seguridade privada dos aeroportos de Santiago e da Coruña “sen ter en conta a opinión do persoal” afectado e buscando só “sacar rédito sindical”. Nun comunicado dirixido ao persoal […]

Concentración na sede de Inditex en Arteixo en demanda de melloras laborais en Lefties

O comité de empresa de Lefties (CIG, CCOO e UGT) concentrouse hoxe ás 12:00 horas, a concentración diante da sede principal de Inditex, en Arteixo, en protesta pola “reiterada actitude de desprezo” da Dirección da empresa polos dereitos das traballadoras e traballadores de Lefties e en demanda de melloras nas condicións laborais que veñen reclamando […]

Urbaser teima na política represiva e volverá aos xulgados por vulneración da liberdade sindical

Urbaser (encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria no Concello de Lugo) volverá aos xulgados, nesta ocasión por vulneración de dereitos fundamentais, concretamente da liberdade sindical. O xuízo, que se celebrará este 23 de maio no Xulgado do Social 3, veu motivado a raíz da denuncia presentada contra a empresa pola CIG […]

O persoal dos museos científicos da Coruña apraza a folga tras lograr compromisos do Concello

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos museos científicos (Casa das Ciencias. Aquarium e Domus) para garantir os dereitos, tanto de xornada como salariais, polos que leva loitando durante anos o persoal […]

Folga na limpeza de Lugo dende o 18 de abril

Finalmente, a partir do 18 de abril as traballadoras e traballadores do sector da limpeza da provincia de Lugo comezarán unha folga indefinida, logo de que ASPEL, a asociación que representa a gran patronal estatal do sector, rexeitara a proposta presentada “in extremis” polo mediador. A negativa de ASPEL contrasta coa disposición da parte social […]

O persoal da limpeza de Lugo decide o venres en asemblea se acepta a proposta do mediador ou activa a folga

As traballadoras e traballadores da limpeza da provincia de Lugo realizarán unha asemblea o vindeiro venres, 7 de abril, para valorar se a proposta a presentada onte “in extremis” polo mediador é suficiente ou se pola contra activan a folga -agora suspendida- para esixir á patronal un convenio que recolla melloras salariais e sociais. A […]

O salario anual do persoal da limpeza de Lugo contratado a xornada completa, apenas supera o SMI

Centos de traballadoras e traballadores do sector da limpeza concentrábanse na mañá deste mércores ás portas da Confederación de empresarios/a de Lugo en defensa dun convenio colectivo que recolla verdadeiras melloras salariais e laborais. A protesta convocouse tras ficar adiada a folga indefinida prevista para este 29 de marzo,  logo da apertura dunha mediación no […]

Xuízo a Ferrovial Servizos por impedir conciliar a vida laboral e familiar

Ferrovial Servizos, empresa que xestiona as instalacións deportivas municipais da Coruña, irá a xuízo o próximo xoves por non permitir a conciliación da vida familiar e laboral dunha traballadora ao modificarlle o horario de traballo. A empregada ten unha redución de xornada por garda legal. Ferrovial comunicou a traballadora, que é delegada de persoal, que […]

Traballadoras SAD Clece: “A situación que padecemos é de precariedade absoluta”

Traballadoras/es do servizo de axuda a domicilio da Coruña concentráronse novamente este xoves diante do Pazo de María Pita para denunciar a precariedade laboral que padecen a causa do “total incumprimento do convenio” por parte da empresa adxudicataria, Clece. As traballadoras denuncian os abusos por parte de Clece, que está a utilizar fraudulentamente o sistema […]

Enterro dos salarios do persoal de Eroski-Familia, que leva cinco anos coas retribucións conxeladas

Persoal de Eroski-Familia realizou este mércores un peculiar “enterro dos salarios” na Coruña para denunciar que levan cinco anos cos soldos conxelados, a pesar de que neste período a empresa incrementou os seus beneficios un 300%. Aproveitando a celebración do mércores de cinza que pon remate ao entroido, as delegadas/os da CIG vestíronse de loito […]

Denuncia na Fiscalía contra Asepeyo por denegar unha prestación por risco no embarazo a unha socorrista

O Comité de Gaia Complexos Deportivos presentou a mañá do pasado día 24 de febreiro a denuncia diante da Fiscalía, solicitando que abran dilixencias informativas contra Asepeyo coa finalidade de determinar se hai delito de risco no caso dunha traballadora embarazada á quen a mutua lle atrasou a prestación por risco, a pesar dos informes […]

A CIG-Servizos de Vigo protesta polo despido de tres traballadoresas en Eroski

A federación de Servizos da CIG de Vigo desenvolveu onte unha concentración diante do supermercado Eroski da rúa García Barbón para rexeitar o despedimento de tres traballadores/as. Dende a central denuncian que a compañía vasca de distribución bota man da reforma laboral do PP para desfacerse dos empregados/as fixos/as para contratar persoal temporal en peores […]

A xuízo un integrante da CIG-Servizos por “aldraxe á bandeira” durante a folga da limpeza do Arsenal Militar

“Aldraxe á bandeira”. Ese é o “delito” polo que Pablo Fragoso irá a xuízo o próximo martes tras de ser denunciado por tres militares do Arsenal de Ferrol por supostas faltas de respecto á bandeira española durante o izado da mesma. Uns feitos que hai que contextualizar no marco das protestas que as traballadoras de […]

O comercio de alimentación en loita contra a precariedade e os “salarios de miseria”

A CIG-Servizos deu inicio este venres á campaña de mobilizacións para denunciar a precariedade que sofren as traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da Coruña, cuxas condicións laborais e salariais non se verán melloradas co convenio colectivo que acaba de asinar a patronal provincial con UGT e USO. A primeira protesta desenvolveuse en Arteixo, […]

GADISA e FROIZ terán que aplicar mecanismos de control de xornada

A CIG-Servizos denunciou esta mañá, en rolda de prensa, a enorme precariedade que padecen as traballadoras do sector de comercio-alimentación, con salarios que non chegan a ser nin mileuristas e xornadas interminábeis. Unha situación que se manterá logo de que UGT e USO asinaran un convenio na provincia da Coruña que nin sequera recolle mecanismos […]

Condena a El Corte Inglés por consentir o acoso sexual e moral a unha traballadora

O Xulgado do Social nº 3 de A Coruña vén de condenar a un xefe de tenda e a EL CORTE INGLÉS, S.A. por vulnerar os dereitos fundamentais dunha traballadora do centro de oportunidades de Altamira (Cambre) por acoso sexual e laboral. Na resolución tamén se  condena a empresa e ao responsábel da tenda a […]

Empregados/as de Segur Ibérica levan a súa loita polo cobro de salarios aos centros de traballo de Vigo

Un grupo de traballadores/as e delegados/a sindicais da CIG en Segur Ibérica desenvolveron no día de onte unha concentración na entrada principal do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para reclamarlle á empresa o pago dos salarios, das pagas extras e das liquidacións pendentes. Para este xoves teñen prevista unha nova mobilización, esta vez ás portas […]

A CIG-Servizos anuncia mobilizacións se Segur Ibérica non abona as nóminas pendentes

A federación de Servizos da CIG anunciou que convocará mobilizacións en todo o país a partir da semana que vén no caso de que a empresa de seguridade privada Segur Ibérica non proceda a abonar as nóminas e as liquidacións que lle adebeda ao cadro de persoal. Ademais, a central ponse a disposición dos traballadores/as […]

María López, de Mercadona: “Non actúo dende o resentimento, eu fago sindicalismo”

O programa emitido por La Sexta o pasado domingo sobre Mercadona está xerando unha acalorada polémica e abre un debate sobre as condicións laborais e a vulneración das liberdades sindicais dentro da empresa. Falamos con María López, delegada pola CIG e unha das protagonistas do programa que nos debulla polo miúdo como son as relacións […]

Convocan folga no comercio de alimentación de Pontevedra para os días 5 e 7 de decembro

Despois de sucesivas xornadas de negociación sen avanzos, tres co AGA como mediador, as multitudinarias asembleas convocadas o pasado domingo polas centrais CIG, UGT, CCOO e USO aprobaron por unanimidade a convocatoria de folga no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra para os vindeiros 5 e 7 de decembro. Tal e como referiron desde […]

Traballadores/as de Segur Ibérica reclaman á empresa o cobro dos seus salarios

Traballadores e traballadoras de Segur Ibérica concentráronse diante da sede da empresa en Oleiros para esixir o cobro dos seus salarios e demandar información verídica fronte aos rumores e especulacións sobre o futuro dos empregos xurdidas nas últimas semanas. Un grupo de represenantes do persoal permanece dende as 12 do mediodía nas dependencias da delegación […]

O cambio de concesión preocupa as limpadoras de edificios municipais de Redondela

A Federación de Servizos da CIG en Vigo alerta das consecuencias que pode xerar para o persoal a mudanza na concesionaria do servizo de limpeza de edificios municipais de Redondela tras gañar en votación plenaria a opción de Valoriza, que presentou a oferta menor. Afirman que a estabilidade e melloras logradas nos últimos anos “poden […]

“Non se descarta a folga” no comercio de alimentación de Pontevedra

Camiño da decimoquinta reunión negociadora, as patronais ASAP e FECOIN insisten nas súas propostas agresivas para o Convenio do Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, tentando laminar logros anteriores e impor recortes coa excusa da competitividade. As centrais sindicais rexéitano de forma unánime e “non descartan ir á folga” se “se tocan puntos innegociábeis”. […]

O Carballiño: rescatar concesións e abandonar persoas

É posíbel que unha medida de cariz progresista se acabe volvendo contra os traballadores/as? Así se demostra no caso da remunicipalización do servizo de limpeza de colexios públicos do Concello do Carballiño, onde despois do proceso se despediu ás cinco traballadoras que até o momento desenvolvían esa función. Cinco mulleres quedan agora na rúa, nalgún […]

A falta de limpeza no Álvaro Cunqueiro provoca unha epidemia bacteriolóxica que pon en risco a saúde de persoal e pacientes

Responsábeis comarcais dos sindicatos CIG, CGT e CCOO compareceron hoxe en Vigo para alertar sobre a existencia dunha epidemia da bacteria Klebsiella no hospital Álvaro Cunqueiro provocada pola falta de limpeza no centro médico. As centrais denuncian que máis 100 persoas atópanse ailladas a causa dun brote que pon en grave risco a saúde de traballadores/as, usuarios/as […]