Traballadoras/es de Xustiza toman as rúas de Compostela en demanda de que rematen as discriminacións

Miles de funcionarias e funcionarios de Xustiza tomaron as rúas compostelás, portando maletas, e ao berro de “Eu non me vou”. Respondían así ao convite que lles fixo en mesa de negociación o Director Xeral de Función Pública, Xosé María Barreiro, quen os/as convidou a pedir o traslado a outra comunidade autónoma se estaban descontentos/as […]

Segue adiante a folga indefinida no sector de xustiza mentres a Xunta “enroca” as negociacións

Segundo día de reunións maratorianas na EGAP entre o comité de folga de Xustiza e a Xunta de Galiza e segundo día no que a administración galega “enroca as negociacións” presentando propostas que mesmo empeoran as ofertas anteriores en puntos nos que había certo entendemento e pretendendo xogar ao desgaste e á división. Unha tensión […]

Seguimento masivo da segunda xornada da folga indefinida na xustiza

A segunda xornada de folga indefinida na administración de Xustiza está a ser un éxito e nalgunhas cidades, como Ourense e Lugo, mesmo se supera o seguimento acadado no día de onte. Dende CIG-Xustiza valórase de xeito moi positivo a resposta que as traballadoras e traballadores de Galiza están dando á convocatoria e que amosa […]

A folga indefinida na Xustiza galega arrinca cun seguimento do 90%

A administración de Xustiza de Galiza encara dende este mércores 7 de febreiro unha convocatoria de folga indefinida para esixir a fin das discriminacións laborais que padece o persoal e a recuperación do emprego destruído nos últimos anos. A pesar dos abusivos servizos mínimos impostos pola Xunta, a primeira xornada deste paro -que se suma […]

O persoal de xustiza está chamado a mobilizarse en Santiago o 25 de xaneiro

Á espera de que se produza unha nova reunión entre a representación social e a Xunta de Galiza, o comité de folga continúa adiante coa convocatoria do paro xeral na administración de xustiza galega do vindeiro xoves 25 de xaneiro. Coincidindo coa folga, para ese día está convocada tamén unha manifestación en Santiago de Compostela, […]

Mantense a folga do día 25 na xustiza ante as propostas insuficientes da Xunta

As centrais sindicais con representación na administración de Xustiza de Galiza manteñen a convocatoria de folga para o vindeiro 25 de xaneiro tras resultaren insuficientes as propostas trasladadas pola Consellaría durante a xuntanza mantida este martes. Aínda que no encontro, con mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, se produciron avances en tres dos cinco […]

A segunda xornada de folga no sector de xustiza de Galiza rexistra un seguimento do 90%

As traballadoras e traballadores da Administración de xustiza responderon á falta de vontade negociadora da Xunta secundando masivamente a segunda xornada de folga convocada no sector, que este mércores rexistra unha participación no conxunto do país do 90%.  Dende CIG-Xustiza manifestaron a satisfacción polo apoio logrado, que provocou que numerosos xulgados e servizos estean pechados […]

A primeira xornada de folga na Administración de xustiza galega rexistra un seguimento do 85%

O primeiro día de folga dos dous convocados na Administración de xustiza galega para rexeitar o desmantelamento do sector e reclamar unhas condicións laborais dignas rexistrou un seguimento do 85% no conxunto do país. Dende as centrais promotoras valoran moi positivamente a incidencia do paro, que provocou o peche de numerosos centros de traballo, e […]

Denuncian o “serio” estado de abandono das salas de autopsias de Vigo

Carros de roupa sucia nos corredores por onde entran e saen os cadáveres, unha sala de autopsias que colinda coa cociña do hospital, carencia de sinais, falta de ventilación e zona intermedia para o persoal forense ou vestiarios sen diferenciación por sexos, pasando por unha mesa non regulable en altura que os traballadores ‘adaptan ás […]

Descoñecemento absoluto entre o persoal de como e cando será o traslado dos xulgados da Coruña

A Xunta de Persoal da Administración de Xustiza na provincia da Coruña compareceu en rolda de prensa esta mañá para denunciar o “absoluto descoñecemento” que teñen os traballadores e traballadoras de como se vai realizar o traslado das dependencias xudiciais ao novo edificio Fábrica de Tabacos. Un traslado “inminente” pero do que, subliñaron, nin sequera […]