🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Asociación Galega de Fibrose Quística conmemora o Día Mundial desta enfermidade con actividades lúdicas

Co fin de conmemorar e dar visibilidade a unha enfermidade que na área sanitaria viguesa atende a 31 pacientes e se estima que ten unha incidencia de 1 caso por cada 3.200 caucásicos, a Asociación Galega de Fibrose Quística organiza no concello pontevedrés de Baiona diferentes actividades deportivas e de lecer. Estas actividades desenvolveranse o […]

COGAMI imparte en Vigo un curso de persoal de limpeza  de inmobles para persoas con discapacidade

COGAMI está a impartir un curso de formación no que 15 persoas residentes en Vigo, todas elas con discapacidade e/ou incapacidade laboral recoñecida para a profesión habitual, estanse formando como persoal de limpeza de inmobles durante dous meses. Financiado pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e […]

COGAMI abre un servizo de atención sexolóxica e detección de delitos sexuais

Segundo a Macroenquisa de violencia contra a muller 2015 do Ministerio de Sanidade e Servicios Sociais, un 35,1% de mulleres con discapacidade viviu unha situación de violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella, exparella, familiar, coñecido, descoñecido… Segundo datos propios que manexan na  Confederación Galega de Persoas con Discapacidade […]

“la Caixa” apoia un programa de atención integral a  persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra

A Obra Social ”la Caixa” colabora coa Federación COGAMI Pontevedra (Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra) na posta en marcha dun programa de atención integral a persoas con discapacidade, co fin de proporcionar ás persoas con discapacidade e ás súas familias unha atención integral para o fomento da autonomía persoal e […]

Fundación Vodafone España e COGAMI, xuntos para  favorecer a empregabilidade a través das TIC

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Fundación Vodafone España desenvolveron durante o ano 2016 o proxecto “COGAMI integra a través das TICS”, unha oportunidade para 150 persoas con discapacidade procedentes de distintas localidades galegas, que aprenderon a buscar traballo a través do uso das novas tecnoloxías. As dúas entidades puxeron en […]

Co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, as entidades que forman parte de COGAMI teñen previsto realizar actividades co fin de visibilizar, dar a coñecer e reivindicar os nosos dereitos. Por iso, todas as entidades lerán o manifesto ao que nos acollemos todas as entidades sociais que estamos integradas […]

25N Día da non violencia contra as mulleres

O día 25 de novembro non vai con ninguén de preto. É unha temática que fire e asusta. Á vez vai con todo o mundo dado que é un día no que diversos grupos de persoas desde o individual ata o colectivo, maniféstanse en contra da súa existencia. É  politicamente correcto facelo. Espérase de nós […]

COGAMI imparte en Vigo dous cursos dirixidos a persoas  con discapacidade desempregadas

As instalacións que COGAMI ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) acollen dous cursos de formación orientados a persoas con discapacidade desempregadas de Vigo e comarca, sendo un deles de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais, no que se forman 15 persoas, e o outro é de Atención Sociosanitaria para persoas dependentes en institucións sociais, que iniciou con […]