🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Colexio de Xornalistas pide tratar o caso de Diana Quer como violencia de xénero e reclama respecto á intimidade das menores

En relación ás informacións aparecidas recentemente sobre o caso de Diana Quer, que veñen ocupando boa parte dos medios nos últimos días, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere lembrar que a violencia de xénero, como recolle a Declaración de Compostela, non só se manifesta nos malos tratos dentro do ámbito doméstico, senón […]

Ás 19:30 deste luns 6 remata o prazo para presentar candidaturas para impartir os obradoiros de Xornalismo na Escola

Ás 19:30 horas deste luns 6 de novembro péchase o prazo para presentar candidaturas ás nove prazas para impartir os obradoiros da segunda edición da iniciativa Xornalismo na Escola, convocada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’. Nove xornalistas parados serán seleccionados para levar as xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO. As xornadas […]

O Colexio de Xornalistas condena as trabas policiais á cobertura da manifestación polo desaloxo do Escárnio e Maldizer en Santiago

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia denuncia os impedimentos ao labor das e dos informadores por parte dos corpos de seguridade do Estado durante a actuación policial contra a manifestación en contra do desaloxo do Escárnio e Maldizer realizada o pasado sábado en Santiago de Compostela. O Colexio de Xornalistas tivo coñecemento […]