🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O concello de Cangas elabora unha guía de consumo para este nadal,  botalle un ollo!

O Concello de Cangas pon en marcha unha campaña a través das redes sociais sobre recomendacións de boas prácticas para o consumo no Nadal. Nestas épocas festivas adóitase gastar por riba do que se fai normalmente, polo que se aconsella levar a cabo compras responsables e sostibles. Cada día, irase subindo no Facebook e no […]

A Xunta informa en Vigo da nova liña de axudas para impulsar a expansión comercial e as iniciativas innovadoras dos negocios

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou a mañá de onte nunha sesión informativa con representantes do comercio da área de Vigo para informar, de primeira man, sobre a nova liña de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria que ten por obxectivo impulsar a expansión comercial e dixital dos […]

Traballadoras de Stradivarius protestan contra o peche de tendas e o deterioro das condicións laborais

Traballadoras e traballadores de Stradivarius concentráronse este xoves en protesta pola decisión repentina do Grupo Inditex de pechar a tenda situada no Centro Comercial Catro Camiños. Dende CIG-Servizos denuncian que este peche provocará o empeoramento das condicións laborais das traballadoras da Coruña e deixará sen validez moitos dos acordos alcanzados coa empresa até o de […]

A Xunta colabora coas asociacións de comerciantes de Vigo para impulsar a competitividade do sector

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe a aposta que o Goberno da Xunta está a realizar polo asociacionismo comercial na súa vista, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, á praza de abastos do Porriño. A directora xeral informou de que a Xunta apoiará con máis […]

BNG, ERC, EH-Bildu e Sinn Féin rexeitan os tratados CETA e TTIP

Forzas soberanistas da esquerda europea subscriben na Coruña unha declaración conxunta en contra dos tratados de libre comercio que priorizan os intereses das grandes corporacións empresariais e financeiras mundiais en detrimento dos dereitos dos pobos e das maiorías sociais. Ademais, comprométense a actuar como “contrapoder” ao modelo globalizado que impoñen as transnacionais. A través do […]

Dez empresas confirmaron a súa participación na delegación comercial a México

O Concello de Pontevedra confirmou hoxe as dez primeiras empresas e entidades que formarán parte da delegación comercial que Pontevedra trasladará á Cidade de México a finais de agosto para participar en Expopymes CDMX 2017. Os seus representantes tiveron un almorzo de traballo co alcalde e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías no […]

O Concello apoia GastroVigo, unha ruta gastronómica por 22 restaurantes da cidade

A partir de hoxe xoves e durante 10 días, 22 restaurantes da cidade ofrecerán menús degustación de alta calidade por un prezo de ata 25 euros. O Concello apoia esta nova iniciativa de Mahou porque supón “poñer en valor a gastronomía, a economía o comercio e o turismo da cidade”. O edil de Comercio, Ángel […]

“Non se descarta a folga” no comercio de alimentación de Pontevedra

Camiño da decimoquinta reunión negociadora, as patronais ASAP e FECOIN insisten nas súas propostas agresivas para o Convenio do Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, tentando laminar logros anteriores e impor recortes coa excusa da competitividade. As centrais sindicais rexéitano de forma unánime e “non descartan ir á folga” se “se tocan puntos innegociábeis”. […]

Caballero propón recuperar na primavera a Gala do Comercio en Vigo

Reunido coa nova dirección da Federación de Comercio de Vigo, o alcalde anunciou este xoves “cooperación activa” coa entidade e o rescate de accións como a Gala do Comercio de Vigo. Caballero animou ás asociacións comerciais a sumarse á Federación, e ter así “interlocución directa” co sector. Abel Caballero recibiu este xoves á nova directiva […]