🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Preacordo no servizo de limpeza do CHUO permite suspender a folga indefinida

O comité de folga e a dirección de Ferrovial Servicios, concesionaria do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) asinaron un preacordo este domingo pola noite que permitiu suspender o paro indefinido previsto para as 00:00 horas. Durante o día de hoxe o cadro de persoal celebrará dúas asembleas (a primeira delas […]

Convocada folga indefinida na limpeza do CHUO pola sobrecarga de traballo que pretende impor Ferrovial

O cadro de persoal da concesionaria do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU) decidiu convocar folga indefinida a partir do luns 5 de febreiro ante as pretensións de Ferrovial de que cada traballador/a se faga cargo de 22 habitacións ademais das zonas comúns. Dende o comité de empresa, que xa iniciou […]

Mantemento do CHUO convoca cinco xornadas de folga para reclamar o cumprimento do convenio

O cadro de persoal de Ferrovial, concesionaria do servizo de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), decidiu finalmente en asemblea convocar cinco xornadas de folga os vindeiros días 6, 7, 8, 9 e 12 de febreiro para reclamar o cumprimento do convenio colectivo e esixirlle á empresa que remate coa discriminación laboral con […]

Persoal, pacientes e usuarios do CHUO mobilízanse contra o peche de máis camas

Persoal, pacientes e usuarios/as do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) mobilizáronse este venres 12 diante do centro sanitario para denunciar o peche de camas que vén de anunciar o Sergas. Ao mesmo tempo, a comisión de centro, promotora das protestas, solicitou unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para abordar o que cualifica de ofensa […]

O persoal de mantemento do CHUO convocará unha xornada de paro se Ferrovial segue a incumprir o convenio

Os empregados/as de Ferrovial Servicios, concesionaria do servizo de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), decidiron hoxe en asemblea convocar unha xornada de paro en xaneiro no caso de que non mude a actitude da dirección nas negociacións abertas para abordar o incumprimento do convenio provincial do siderometal por parte da empresa. Dende […]