🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

CIG-Saúde de Compostela denuncia nomeamentos a dedo e sobresoldos para os cargos de responsabilidade

Representantes da CIG-Saúde de Compostela compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar que, desde hai anos, a Xerencia de Compostela fai nomeamentos a dedo para ocupar cargos de responsabilidade e que eses postos, de xefatura, coordinación, encargado ou supervisión, son compensados economicamente con sobresoldos, mediante horas extra que non existen ou en concepto […]

O Museo das Peregrinacións expón a mirada do marqués de Santa María del Villar sobre Ourense

O Museo das Peregrinacións e de Santiago abrirá o 28 deste mes as portas da mostra Documento estético. Fotografías de Ourense do Marqués de Santa María del Villar, unha escolma da obra realizada por Diego Quiroga Losada no seu percorrido a partir de 1959 polo patrimonio cultural da provincia ourensá, co fin de divulgar os […]

O persoal de transporte de residuos exixe a Sogama responsabilidades polo incumprimento dos acordos

Os traballadores do transporte de residuos sólidos urbanos de Sogama denuncian que desde que a UTE COPASA-Renfe-Logirail asumiu esta concesión pública subcontratando a Transportes Pacholo S.L. o servizo “está sendo un caos” e as presións ao persoal son continuas, o que está xerando un clima de traballo insoportábel. Os traballadores responden así á imaxe “idílica” […]

A fundación Moncho Reboiras inaugura en Fonseca a exposición “O sindicalismo Galego na transición”

A Fundación Moncho Reboiras, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e da Agrupación Cultural O Galo, inaugurou esta mañá a exposición “O sindicalismo galego na transición (1972-1977)” que estará aberta ao público, no claustro do Pazo de Fonseca, desde hoxe até o 31 de marzo. A exposición, consistente en 13 paneis nos que […]

Denuncian a “dantesca” situación das Urxencias do CHUS con 470 doentes durante a fin de semana

CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar que, lonxe de solucionarse o colapso das Urxencias do Hospital Clínico de Compostela, a situación durante esta fin de semana, que cualifica como “dantesca”, non fixo máis que empeorar e continuaba á altura das 14:00 horas deste luns, con doentes ateigando os corredores. Asegura que entre o venres e […]

Mobilización sindical para a recuperación de dereitos na sanidade

CIG, CCOO, UGT, SAE, SATSE e CSIF compareceron esta mañá en rolda de prensa para anunciar a convocatoria dunha mobilización o vindeiro mércores, día 1 de febreiro, diante do Sergas en demanda da inmediata convocatoria da Mesa Sectorial e do establecemento dun calendario negociador de cara a recuperar as súas condicións laborais. María Xosé Abuín, […]

Denuncian que 70 traballadores do CHUS non cobraron a nómina de decembro

CIG-Saúde denunciou a falta de pagamento da última nómina a uns 70 traballadores do persoal das listas de contratación que obtiveron praza desde o día 1 de decembro no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Segundo denunciou a central sindical nun comunicado de prensa, “hai aproximadamente uns 70 profesionais de diversas categorías” –enfermeiros, TCAEs, celadores, […]