🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Wifi pública a disposición da veciñanza

O concelleiro de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo, Jesús Pérez Gallego, presentou no día de onte o novo sistema de Wifi pública do Concello de Cangas. Un servizo accesible para toda a veciñanza que polo de agora está presente en cinco sedes: o Concello, a Casa da Cultura, a Casa da Xuventude, o Auditorio e […]

O concello de Cangas empeza coa adecuación e ampliación das zonas de xogo e nos parques infantís

Os traballos para cumprir os proxectos de Adecuación á Normativa e Ampliación das zonas de xogo nos parques infantís de Cangas, que están redactados pola oficina técnica da Concellaría de Obras e Servizos e financiados dentro do Plan de Concellos 2017 da Deputación provincial, xa comezaron. Por iso, procedeuse á retirada dos elementos deteriorados e […]

Hoxe tivo a presentación da gala ano do patrimonio

No día de hoxe realizouse a presentación dun evento moi importante para a cultura galega, posto que a pon en valor e visibiliza: a Gala Ano do Patrimonio, que organiza a Deputación de Pontevedra no Auditorio de Cangas o vindeiro sábado 16 de decembro ás 20:00 horas. O alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, aproveitou a […]

Comeza o período de inscrición nas xornadas de saúde, humorías e memoria 

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do concello de Cangas do Morrazo organiza as Xornadas de Saúde – Humorías e Memoria, que se celebrarán os días 15, 16, 17, 21, 22 e 23 de novembro. As xornadas consisten en seis obradoiros impartidos por Vanesa Sotelo de dúas horas cada un, o que supón […]

A Xunta inicia a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública na localidade pontevedresa de Cangas

A Xunta de Galicia adxudica dúas vivendas de promoción pública no Concello pontevedrés de Cangas, unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda iniciou os trámites para o sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda na localidade. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/4XW49M. O proceso iniciado permitirá ademais elaborar […]

Implicación da veciñanza na campaña ‘CANGAS EN NEGRO’

Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade estase traballando de cara a campaña Cangas en Negro, que se vai celebrar dende o venres 17 ao domingo 26 de novembro na nosa vila. Esta acción, ao igual que o ano anterior, está destinada a tinguir as rúas de negro para mostrar todo o noso […]

Presentación do primeiro campionato benéfico de petanca

A Casa da Xuventude acolleu hoxe a presentación do primeiro Campionato Benéfico de Petanca, un evento deportivo que está organizado pola Asociación Española Contra o Cancro. Trátase dunha competición na que participarán arredor de 40 persoas os días 16 e 17 de setembro en horario de 09:30 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 […]

O pasado mércores, día 13 de setembro, comezou o prazo para inscribirse na ludoteca de Cangas do Morrazo

O pasado mércores, día 13 de setembro, comezou o prazo para inscribirse na ludoteca. Por iso, todos os pais, nais ou titores das/os nenas e nenos interesados en asistir á mesma poden presentar a solicitude de inscrición na Casa da Xuventude de Cangas. Será o 16 de outubro cando a ludoteca abra as súas portas […]

Xuntanza ”Cangas en Negro”

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convoca a unha xuntanza explicativa do programa Cangas en Negro 2017 o vindeiro luns, día 18 de setembro, ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello. Trátase dunha reunión que está dirixida, especialmente, a todas as persoas e responsables de establecementos hostaleiros. Todos eles están convidados […]

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción á recoñecida piragüista Teresa Portela

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción á recoñecida piragüista Teresa Portela. Nel estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón; así como membros da oposición (Fran Soliño e Alfredo Iglesias), o presidente do Club de Mar Ría de Aldán, […]

Presentouse o XIII Trofeo Concello de Cangas de pesca submarina

A pesca submarina foi unha das protagonistas no día de hoxe grazas á presentación do XIII Trofeo Concello de Cangas desta disciplina deportiva. Trátase dunha competición que se realizará o vindeiro domingo día 3 en horario de mañá na Costa da Vela, e que está organizada polo Club Galerna de Actividades Subacuáticas. A pesca que […]

Suxestión ao anteproxecto de lei polo que se modifica a lei de saúde de Galicia

Unha vez revisado o Anteproxecto de Lei polo cal se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia e estando dentro do prazo de alegación (comprendido entre o 02/08/2017 ao 01/09/2017), o Concello de Cangas solicita á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o seguinte: – A retirada do Anteproxecto […]

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción ao palista cangués Rodrigo Germade

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción ao palista cangués Rodrigo Germade tras ganar as súas dúas primeiras medallas mundiais no Campionato do Mundo da República Checa. Conseguiu un ouro en K-2 e unha medalla de prata co equipo español de K-4, uns grandísimos e exitosos resultados […]

O Concello de Cangas vólvese sumar este ano á campaña denominada “Concellos en Negro”

O Concello de Cangas vólvese sumar este ano á campaña denominada “Concellos en Negro”, que terá lugar durante a semana do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A finalidade é lograr que a nosa vila se tinga de negro en repulsa á violencia machista, expresión máis extrema das desigualdades sociais que […]

O Concello de Cangas acolleu hoxe ao delegado nacional de Colombicultura

O Concello de Cangas acolleu hoxe na sala anexa á Alcaldía un acto de recepción ao Delegado Nacional da Real Federación Española de Colombicultura, Bernardino Crespo. Nel estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos, e o concelleiro de Deportes Xoán Chillón, así como membros relacionados con esta disciplina deportiva: José Luis Miguélez, Presidente da Federación […]

A Xunta atende as demandas do Concello e propón unha liña Cangas-Coiro-Darbo

Tralas demandas feitas hai máis de dous meses onde o Concello de Cangas esixiu á Xunta a manter o transporte público a Coiro a Xunta contestou onte que está disposta a incluír dita liña con dúas frecuencias, unha a partir das 9h e outra a partir das 12h. Polo xeral, estímase que dita liña pase polo Espíritu Santo e faga […]

A programación das grandes festas de Cangas as festas do Cristo 2017 moi completa

A poucas semanas de iniciarse as grandes festas de Cangas, hoxe asistimos á presentación das Festas do Cristo 2017, á que acudiron o deputado de Cultura, Xosé Leal, o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Cultura, Héitor Mera, os integrantes do grupo Furious Monkey House, así como membros de Lembranzas na Ría e […]

Presentouse o XIX Aberto de Tenis Concello de Cangas

Hoxe tivo lugar a presentación do XIX Aberto de Tenis Concello de Cangas, un evento deportivo que se celebrará entre os días 18 e 27 de agosto nas pistas do CEIP San Roque (fase previa 18 a 22 e a fase final entre os días 22 e 27). As categorías participantes son dúas: a masculina […]

O proxecto artístico “MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO” chega a Cangas

O vindeiro xoves, día 10 agosto, levarase a cabo ás 21:00 horas na Praza das Pontes o acto denominado “Mulleres en Acción: violencia zero”, ao que asistirán a presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva, e o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela. A artista e bailarina Paula Quintas tamén estará presente, posto que presentará […]

IV festival de música e danza tradicional aturuxos ao son da ría

Este venres, día 14 de xullo, comezará o IV Festival de Música e Danza Tradicional Aturuxos ao Son da Ría, un certame que se prolongará ata o vindeiro domingo, día 16 de xullo. O proxecto ten como misión principal promover a tradición galega dentro do noso pobo, ofrecendo así as diferentes músicas e bailes das […]

O Concello de Cangas aprobou o listado de bolsas para o programa “ENREDOS DE VERÁN”

A xunta de goberno local do 19 de xuño aprobou o listado de bolsas concedidas pola Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, por un valor de 8.095€ das que se benefician un total de 45 menores de 48 solicitantes. As becas incluen a particpación nas actividades de mañá e o acceso o comedor, no […]

O Concello de Cangas únse á campaña de doazón de sangue

Para facilitar a colaboración de toda a veciñanza canguesa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase ata o Concello, permanecendo o luns 5 de xuño na Alameda en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á veciñanza e […]

“O Concello de Cangas únese á campaña de doazón de sangue”

Para facilitar a colaboración de toda a veciñanza canguesa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase ata o noso Concello, permanecendo o xoves 1 de xuño fronte á Casa do Mar de Aldán en horario de 16:00 a 18:30 e fronte ao IES Rodeira de 19:00 a 21:00 horas. O obxectivo […]

Prazas vacantes nos “enredos de verán” do Concello de Cangas

A posta a disposición das prazas vacantes do programa “Enredos de Verán” finalmente será do mércores 31 de maio ao venres 2 de xuño por rigorosa orde de inscrición, xa que o martes 30 de maio non haberá atención ao público na Casa da Xuventude por traballos de fumigación. Para máis información e inscrición diríxase […]

Cangas presenta o IV campionato escolar de remo indor 

Esta mañá tivo lugar a presentación do IV Campionato Escolar de Remo Indoor na Casa da Xuventude. O evento terá lugar este sábado 27 de maio no Pavillón de Deportes de Rodeira, en horario de 10:30 a 13:30 horas e con entrada gratuíta. Na competición participarán preto de 280 nenos e nenas en representación dos […]

Programa XIII XORNADAS interculturais 2017 do Concello de Cangas

1.-ACTIVIDADES CENTROS ESCOLARES CINE INTERCULTURAL: Proxección de “A viaxe de Arlo”. 30 maio 10:00 horas. Auditorio Municipal, para escolares de 1º e 2º de Primaria. Participan: CEIP Nazaret, Colexio Compañía de María. CONTACONTOS: CONTOS DO MUNDO presenta “As outras viaxes de Irene”. SOLIDARIDADE INTERNACIONAL. 23 e 24 maio. Nos centros educativos e para escolares de […]

Éxito na implantación da sede electrónica do Concello de Cangas

A Sede Electrónica, impulsada desde a Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo, está dispoñible no Concello de Cangas desde o mes de marzo, habilitada para a presentación de documentos e solicitudes en liña, e para a realización de comunicacións relativas a trámites e asuntos de competencia municipal. Segundo un informe de calidade que se […]

Última semana para inscribirse no programa “ENREDOS DE VERÁN” do Concello de Cangas

O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza por segundo ano o programa ENREDOS DE VERÁN 2017, que ten coma obxectivos principais: – Fomentar a igualdade de oportunidade – Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas. – Potenciar un […]

Unha mostra de “RÍO 2016” no auditorio de Cangas

Á inauguración, que tivo lugar hoxe mércores día 10 de maio ás 13:30 horas no Auditorio Municipal, asistiron a Deputada de Deportes, Chelo Besada, o Alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, e o Concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán X. Chillón. A exposición fotográfica rende homenaxe “ás e aos deportistas olímpicos, por unha banda, e […]

O goberno local de Cangas remitiu á Deputación Provincial con cargo ao Plan de Concellos 2017 da Deputación

O goberno local aprobou este pasado luns na Xunta de Goberno local unha proposta da Concellaría de Obras e Servizos cos proxectos para remitir á Deputación Provincial con cargo ao Plan de Concellos 2017 da Deputación, dentro da liña 1 que terá que ser aprobado pola Deputación para comezar a licitar. Estes proxectos suman un […]

Ciclo de teatro afeccionado do Morrazo

O vindeiro martes 4 de abril comeza o Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo CITEAMOR. O pregón será a cargo de Xosé Vázquez Pintor, un dos pioneiros do teatro amador en Cangas. O CITEAMOR é un ciclo humilde cun obxectivo comarcal e integrador, pois participan 7 grupos de adultos, 5 adolescentes e DOA Saúde Mental. […]

O Concello de Cangas únese á campaña de doazón de sangue

Para facilitar a colaboración de toda a veciñanza canguesa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase ata o Concello de Cangas, permanecendo o mércores 5 de abril en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas na Alameda. O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á veciñanza […]