🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O goberno local mosense redistribúe ás áreas de xestión coa incorporación do novo concelleiro Baldomero Lorenzo

A semana pasada levouse a cabo durante o Pleno do Concello, na sesión ordinaria deste que tivo lugar o mércores día 6 de setembro ás 19:00 horas, a toma de posesión do novo concelleiro do Partido Popular de Mos, Baldomero Lorenzo García.   Tras a devandita toma de posesión de Lorenzo, veciño da parroquia de Louredo, […]

Manuel San Martín, pregoeiro da Festa da Paella 2017

Hoxe realizouse a presentación da Festa da Paella da A.V.V. Chan do Bosque no local social que a Asociación ten en Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda. Na presentación estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Mercedes Cabaleiro, presidenta da A.V.V. Chan do Bosque, Sergio Silva, vicepresidente da A.V.V. Chan do […]

Moción para mellorar a distribución das subvencións municipais ao alumnado usuario dos comedores escolares dos CEIP de Mos

Según informes do propio goberno municipal a través da súa concellería competente en educación nos confirman que reiteradamente a inversión social efectiva para subvencións de comedores escolares apenas alcanza o 30% do comprometido na partida do orzamento municipal anual. Aprioristicamente podría parecer anómalo que esta partida xa exigua de inicio, aproximadamente 6.000€ para 1.200 alumnos […]

Educación anuncia un investimento de 50.000 euros para completar a ampliación do CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe o CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos, onde comprobou os resultados da ampliación realizada no dito centro, que vén de rematar, e anunciou a posta en marcha doutra actuación orientada a urbanizar o exterior do recinto, coa que se complementará así a obra […]

Mos reduce a taxa do paro ás cifras de antes da crise

O Concello de Mos continúa a reducir o seu índice de paro acadando as cifras máis baixas dende 2012. A data 31 de xullo de 2017 o número de desempregados en Mos ascendía a 1.156 persoas, 113 parados menos que na mesma data do ano pasado e 592 menos que en xullo de 2012. A […]

Sinalización turística para poñer en valor a marca local ‘Mos, a Rosa do Camiño’

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou esta mañá o contido do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a administración local mosense para a sinalización para a posta en valor da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’. Grazas ao devandito convenio realizaranse unha serie de actuacións con orzamento […]

Vodas de Ouro multitudinarias en Mos

Un ano máis o Concello de Mos celebra a súa tradicional Festa da Terceira Idade, que acostuma a ser un acto multitudinario ademais de moi emotivo e familiar, ao congregar a tódolos matrimonios mosenses que celebran neste ano as súas Vodas de Ouro, xunto coas súas familias e amigos. Así é que unha das celebracións […]

O Concello de Mos organiza unha excursión ó Parque Acuático de Amarante

O Concello de Mos organiza unha excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), que se realizará o vindeiro 9 de setembro. O prazo de inscrición nesta actividade abriuse onte luns 21 de agosto e rematará o 1 de setembro. O prezo da viaxe será de 7 euros para nenos de 5 a 11 anos de […]

O Festival “Bailamos” celebrarase o 2 de setembro dentro de “O Son do Pazo”

Por segundo ano consecutivo, vaise integrar dentro da programación de “O Son o Pazo” o festival “Bailamos”, no que actuarán, na tarde do sábado 2 de setembro, 7 grupos de baile galego do Concello de Mos. A idea principal da organización do festival segue a ser a de consolidar o evento como un referente da música […]

Veigadaña homenaxea aos seus veciños/as maiores de 75 anos

A Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña celebra este sábado, 19 de agosto, a súa propia festa na honra dos maiores deste barrio da parroquia mosense de Petelos. Esta celebración é unha homenaxe aos maiores de 75 anos do barrio de Veigadaña a través dunha xornada festiva de convivencia que inclúe Misa, xantar e […]

Mos inicia un plan integral de posta en valor das súas fontes e lavadoiros

O Concello de Mos ven de iniciar un plan integral de posta en valor de fontes e lavadoiros. Os traballos a realizar dentro de dito plan inclúen labores de limpeza e reparación destes elementos patrimoniais tan abundantes e prezados pola veciñanza mosense. Ata o de agora operarios municipais xa levan actuado nun total de 8 […]

A brigada contra incendios de Mos sofocou 19 lumes dende principios de xullo

O dispositivo de loita contra incendios dotado de 14 traballadores que comezou a operar en Mos o pasado 3 de xullo suma 113 intervencións entre incendios forestais e outras emerxencias. O Concello de Mos contratou, grazas a unha subvención de Medio Rural, a 4 operarios, 1 xefe de brigada e 9 condutores durante a tempada […]

O programa Actívate no Verán ronda as 250 persoas beneficiarias

Con absoluta puntualidade partían do Pazo de Mos ás 10.00 horas desta mañá os/as integrantes do grupo formado para realizar a andaina ata o Santiaguiño acompañados/as do seu monitor. Esta era xa a sexta andaina organizada dentro do programa de actividades deportivas estivais do Concello de Mos, Actívate no Verán. A de hoxe foi unha […]

O CIM de Mos fai balance dos seus 2 primeiros meses de vida

O día 1 de xuño comezou a prestarse atención ao público no Centro de Información á Muller, CIM, do Concello de Mos. Dende entón, e durante os seus dous primeiros meses de vida, foron atendidos no Centro de Información á Muller mosense un total de 23 usuarios: 22 mulleres e 1 home. Todos/as os/as usuarios/as […]

O Concello de Mos segue a optimizar a zona das Pozas, agora instalarase un novo parque infantil inspirado na reciclaxe

Grazas a un convenio coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o Concello de Mos continúa a optimizar o contorno do edificio Multiusos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos; nesta ocasión coa creación dun novo parque infantil ambientado na reciclaxe que permitirá recuperar ambientalmente o espazo no que se proxecta […]

Rematada e en funcionamento a senda circular peonil de 6 quilómetros que une Petelos e Tameiga

O Concello de Mos xa ten rematada a senda peonil circular que une as parroquias de Petelos e Tameiga e que conta cunha lonxitude total de preto de 6 quilómetros. A obra foi íntegramente financiada con fondos propios municipais. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso […]

O Concello de Mos recibe ós nenos saharauis que pasan as súas Vacacións en Paz na Louriña

Hoxe foron oficialmente recibidos os nenos/as saharauis que pasarán a tempada estival na comarca da Louriña grazas ao programa Vacacións en Paz promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. O acto de benvida, consistente nunha recepción municipal celebrada no Parque da Auga de Sanguiñeda, tivo lugar ás 12.00 horas desta mañá contando coa presencia de […]

Mos traballa nunha nova mellora da súa Relación de Postos de Traballo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Persoal e Réxime interno, Sara Cebreiro, e a tamén edil mosense, Julia Loureiro, reuníronse esta mañá con representantes da empresa que está a traballar na optimización da Relación de Postos de Traballo, RPT. Dita mellora xa foi iniciada cunha modificación da RPT que se aprobou a […]

O Concello de Mos, celebra as Festas do seu Patrón, San Mamede, apostando por unha gran actuación do grupo O FIADEIRO

O espectáculo está programado para o domingo día 6 de agosto ás 20:00h, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Nesta ocasión, o grupo de baile e música  O Fiadeiro, pretende con este gran espectáculo dar mostra da súa ampla traxectoria ,  por iso para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do […]

Mos contrata a renovación de cadros eléctricos dentro dun plan integral que fora iniciado a principios do presente 2017

O Concello de Mos comezou a principios de ano a renovación dos seus cadros eléctricos co obxectivo de evitar apagóns e contrinuír notablemente ao aforro enerxético municipal. Trátase dun plan de renovación integral a dous anos, tempo durante o que se cambiarán o 90% dos cadros eléctricos que serán substituídos por outros novos dotados de […]

A Policía Local de Mos alcanza as 900 actuacións durante os 7 primeiros meses de ano

Durante a semana do 24 ao 30 de xullo a Policía Local de Mos viu realizando varias actuacións reseñables en materia de seguridade cidadá e de control da ocupación da vía pública para a realización de venda ambulante non autorizada. Por unha banda os axentes do turno de tarde do pasado 26 de xuño efectuaron […]

Recollida de alimentos para MosAxuda

A Agrupación MosAxuda, formada por voluntarios, Concello e Protección Civil de Mos, inicia este sábado 15 a súa primeira “Campaña de Verán” coa recollida de alimentos que serán doados polos veciños nos seguintes supermercados do municipio; LIDL, DIA, EROSKI e GADIS e EKOMAX de Porriño. Os voluntarios e voluntarias destacan que non é habitual facer […]

Mos atópase xa inmerso a pleno rendemento na administración electrónica

Tras reunións de traballo cos xefes e/ou coordinadores dos distintos departamentos municipais, para explicarlles os detalles do sistema da implantación da administración electrónica no Concello de Mos e entregarlles a documentación necesaria previa á entrada en vigor da mesma; e a formación de todo o persoal municipal, actualmente xa se atopa funcionando a pleno rendemento […]

Éxito na recollida de alimentos de gatiños de Mos

O pasado sábado día 8 dende as 10.00h ata as 22.00h as voluntarias de Gatiños de Mos fixeron unha recollida de alimentos para os gatos da rua no supermercado Eroski, o resultado foi moi satisfactorio pois garantiza   un tempo a comida das colonias que se están atendendo.  O grupo de [email protected] que conforman GATIÑOS DE […]

La alcaldesa de Mos busca el compromiso de la Xunta para la reforma integral del Colegio Peña de Francia

En la habitual ronda de visitas a las distintas consellerías de la Xunta de Galicia que la Alcaldesa de Mos realizó estos días con el fin de presentar diversos proyectos de mejora para el municipio, le tocó el turno  este pasado viernes a la Consellería de Educación y Cultura una vez finalizado el presente curso […]

Asinados os contratos de aluguer social de dous pisos en San Eleuterio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os titulares beneficiarios das dúas vivendas sociais en San Eleuterio, asinaron esta mañá no salón de sesións do Concello coa presencia da concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, os contratos de aluguer dos dous pisos (un de 3 dormitorios e outro de 4) sitos na urbanización emprazada […]

Comeza a operar o dispositivo de loita contra incendios dotado de 14 traballadores

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Medio Ambiente, Julia Loureiro, e o coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias, Rodrigo Iglesias, déronlle hoxe a benvida no Concello aos 14 traballadores que integran o dispositivo local de loita contra incendios deste verán. O Concello de Mos inicia a súa campaña municipal contra incendios […]

Preto de 250 mosenses participarán durante xullo e agosto nas actividades deportivas do programa Actívate no Verán

Cheo absoluto das actividades deportivas programadas para os meses de xullo e agosto dentro da iniciativa municipal Actívate no Verán. Esta mañá comezaron as clases de ximnasia na auga para adultos e natación para cativos na piscina ao aire libre de San Eleuterio, onde os monitores estrearon xa os seus novos uniformes coa mascota de […]

A Xunta apoia ás asociacións mosenses

Esta tarde tivo lugar a visita do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a tres asociacións mosenses. Concretamente Rueda visitou a Asociación de Veciños de Dornelas, a A.V.V. Chan do Bosque (Amieirolongo-Sanguiñeda) e a A.V.V. Santa Ana de Veigadaña (Petelos). O vicepresidente estivo acompañado por Nidia Arévalo, alcaldesa de […]

O Concello contrata a renovación do céspede artificial no Campo de Fútbol de Cototorrón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes mosense, Alberto Méndez, informaron de que onte aprobouse en Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación da obra de renovación do céspede artificial no Campo de Fútbol de Cototorrón. Unha vez realizada a contratación da empresa adxudicataria iniciaranse os traballos, […]

Mos, Concello pioneiro en políticas educativas

O Concello de Mos é pioneiro en iniciativas educativas, dende programas e actividades que ningún outro municipio organiza, ata subvencións e axudas que moi poucos concellos ofrecen. Dende a concellería de Educación e Participación Cidadá mosense investíronse no recén rematado curso escolar 2016-2017 un total de 30.000 euros en diferentes políticas educativas (sen contar as inversións en […]

Mouriño visita o Campus Real Club Celta-Rubén Blanco que se imparte no Campo das Baloutas

Esta mañá o presidente do Celta, Carlos Mouriño, visitou o Campus Rubén Blanco-Concello de Mos que se está a realizar esta semana no Campo de Fútbol das Baloutas e mañá venres tocará ó seu fin. Durante a visita aos cativos participantes no Campus R.C. Celta Rubén Blanco-Concello de Mos, Carlos Mouriño estivo acompañado por Nidia […]

Avanzan a bo ritmo as obras de mellora do contorno da Casa do Concello

As obras de execución do proxecto de mellora que permitirá a integración da zona do aparcadoiro e do cemiterio municipal de Petelos na área da Casa Consistorial, e que comezaron a mediados do pasado mes de maio, avanzan a bo ritmo e atópanse nestes intres en proceso de montaxe dos muros prefabricados. Os traballos acometidos […]

A alcaldesa de Mos reuniuse onte co colectivo de persoas con discapacidade física e/ou intelectual do municipio

Onte pola tarde o programa ‘Encontros coa alcaldesa’ reuniu nos exteriores de ASODIFISI-Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos (na parroquia de Torroso) á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e ás persoas con algunha discapacidade física e/ou intelectual do municipio e ás súas familias. De dito encontro extraeuse a conclusión da creación dun Plan […]

Gala Benéfica a favor de ASODIFISI

O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso acollerá unha Gala Benéfica en favor de ASODIFISI, que leva por título Emocionarte Show. Celebrarase o venres 30 de xuño ás 21.00 horas cun prezo de entrada de 5 euros por persoa asistente. A recadación conseguida destinarase a axudar á Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de […]

As Maimiñas presentarán o Musical Centro Visión

O Centro Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos organiza o Musical Centro Visión, un festival de playbacks que será presentado polas Maimiñas e celebrado o vindeiro sábado, día 1 de xullo, no contorno do Pazo de Mos. A hora de comezo será ás 22.30 horas da noite, momento dende o que se sucederán as […]

Bronce para o mosense Juan Rivera no Campionato de España de Full Contact

O peleador mosense Juan Rivera ven de acadar a medalla de bronce no Campionato de España de Full Contact, que se celebrou a pasada fin de semana, concretamente os días 24 e 25 de xuño, no Corredoira Arena de Oviedo. No peso de Rivera competían un total de 9 boxeadores. O primeiro co que pelexou […]

Mos entrega as súas Medallas ao Mérito e nomea a José Leirós Fillo Predilecto

Onte pola tarde celebrouse no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso o acto de entrega de Medallas ao Mérito do Concello de Mos que contou tamén co Nomeamento de Fillo Predilecto de Mos a D. José Leirós Pereira. No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, os homenaxeados, os membros da […]

O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso será esceario do concerto en beneficio da ONG Furgoneta Solidaria

Con motivo da recadación de fondos destinada á ONG Furgoneta Solidaria no seu proxecto de dotar á rexión de Batafá en Guinea Bissau, de equipamento tan importante como unha potabilizadora de auga, electricidade no dispensario médico e compra de medicamentos, organízase un concerto solidario da coñecida artista mosense Marta Quintana, cantante e arpista. O evento […]