🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Mos dálle a benvida a José Leirós, que será nomeado Fillo Predilecto o vindeiro domingo

Esta tarde celebrouse a recepción a José Leirós, recén chegado dende Arxentina, que será nomeado Fillo Predilecto de Mos nun acto que se celebrará o vindeiro domingo 25 de xuño ás 20.30 horas no Centro Dotacional de Torroso dentro do programa das Festas da Rosa 2017. No acto realizarase tamén a Entrega de Medallas ao Mérito […]

Mos celebra o remate do actual curso escolar 2016-2017 co tradicional concerto didáctico

Os colexios mosenses Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Petelos, Atín e Pena de Francia puideron hoxe ser esceario do tradicional concerto didáctico que organiza cada ano, como actividade de final de curso, a concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil mosense Kely Monzón. Os destinatarios desta iniciativa foron […]

Un dispositivo de loita contra incendios dotado de 14 traballadores comezará a operar a principios do mes que ven

O Concello de Mos inicia a súa campaña municipal contra incendios deste verán para a que a administración local vai contratar, grazas ó convenio por tres anos asinado coa consellería de Medio Rural, 14 traballadores: 4 operarios integrantes dunha brigada forestal, un xefe para dita brigada e 9 condutores para os vehículos motobomba; así informaron […]

O Concello esteriliza a segunda colonia máis numerosa de gatos abandoados en Mos tras facelo coa primeira

A campaña mosense de concienciación sobre as colonias de gatos abandoados esterilizará a segunda colonia de felinos, tras facelo cunha de 14 gatos que se atopa en Petelos. A colonia que se esterilizará agora, como así o informou hoxe a concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, está integrada por 11 gatos que habitan na zona […]

Clausura dos cursos de natación e ximnasia para maiores do programa municipal “Exercítate”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, participaron esta mañá, xunto cos alumnos e alumnas dos cursos natación e ximnasia de mantemento do programa municipal “Exercítate”, da clausura da tempada 2016-2017 que hoxe remata. O programa “Exercítate” vai dirixido a persoas empadroadas no Concello de […]

Fin de semana de fútbol nas Baloutas con motivo das Festas da Rosa

Esta fin de semana celebraranse dous torneos de fútbol con motivo das Festas da Rosa. Un será o sábado 17 de xuño a partir das 10.00 horas da mañá no Campo de Fútbol das Baloutas e tratarase do Trofeo Festa da Rosa de Fútbol Base no que participarán o Club Louro Tameiga, o Rápido de […]

María Fumaça, a locomotora que encabeza o Festival Canto Conto

Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e a edil de Participación Cidadá, Kely Monzón, presentaron xunto ao resto do equipo de goberno local e As Maimiñas, a II Edición do Festival Canto Conto que se celebrará o 18 de xuño dentro da programación das Festas da Rosa […]

Asinado o convenio para o acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración entre as administracións ás que ambos representan para o acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda; obra que se realizará con financiación íntegramente autonómica. No acto de sinatura estiveron presentes […]

Costoias acolle o II Festival Motorock

O Club Lóstregos organiza o II Motorok que terá lugar esta fin de semana en Costoias-Tameiga. O sábado 10 de xuño os actos comezarán ás 16.00 horas cun café de benvida seguido, ás 17.00 horas, dunha ruta con pinchada. Ás 19.00 horas haberá exhibicións, concursos e sorteos e ás 22.00 horas concertos de rock e […]

A Asociación de Maiores de Mos organiza unha nova edición do Certame de Corais Memorial Constante Lago

ASOMAMOS organiza o Certame de Corais “VII Memorial Constante Lago” que se celebrará o domingo 11 de xuño no auditorio do Multiusos das Pozas. Ademais da Coral da Asociación de Maiores de Mos, actuarán, a partir das 19.00 horas da tarde, a Coral Polifónica San Blas de Budiño (O Porriño) e a Coral Polifónica Lira […]

Mos ampliará o paseo fluvial do Louro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto anunciaron hoxe unha nova actuación de ampliación do Sendeiro Ecolóxico do Río Louro que se situará na contorna da marxe dereita do río, entre o Camiño de Lagoal e próximo ao Camiño da Noveleda. O novo tramo da senda fluvial […]

Nidia Arévalo reúnese con Rey Varela para plantexarlle necesidades de Mos en materia social

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para plantexarlle tres necesidades fundamentais en materia social do municipio mosense. Estas necesidades son a ampliación do Centro de Día para maiores que se atopa instalado na antiga Casa Reitoral de Petelos, outro […]

Mos clausura o Obradoiro de Emprego ‘ConciliaMos’

Esta mañá celebrouse a clausura do Obradoiro de Emprego ‘ConciliaMos’ no Parque de Arrufana-Santiaguiño (Parroquia de Guizán) na que estiveron presentes Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio Rial Santomé, Xefe Territorial en Pontevedra da consellería de Economía, Emprego e Industria, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción […]

O primeiro Plan Integrado de Emprego de Mos entre os mellores puntuados pola Xunta

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron hoxe de que o Primeiro Plan Integrado de Emprego do Concello de Mos, que se levou a cabo o ano pasado (do 1 de setembro de 2015 ao 31 de agosto de 2016), ven de acadar […]

Festa do Polbo no alto de San Cosme

A parroquia mosense de Cela acolle o vindeiro domingo, 4 de xuño, a celebración da XV Festa do Polbo no alto de San Cosme. Tódolos interesados que desexen degustar este manxar de sona galega poderán facelo a partires das 11 da mañá, hora de comenzo da xornada gastronómica. O pregón correrá a cargo de Antonio […]

A alcaldesa de Mos encontrarase mañá cos pais e nais de alumnos/as do municipio nun novo espazo de coloquio que se abrirá a tódolos colectivos sociais

Mañá o programa ‘Encontros coa alcaldesa’ reunirá no marco do Parque de Sanguiñeda (se chove trasladarase ao interior do Colexio Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda) á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e aos pais e nais de alumnos/as do municipio. Dende o Concello anímase aos interesados en participar a achegarse ata Sanguiñeda mañá mércores, 31 […]

O primeiro Plan Integrado de Emprego de Mos entre os mellores puntuados pola Xunta

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron hoxe de que o Primeiro Plan Integrado de Emprego do Concello de Mos, que se levou a cabo o ano pasado (do 1 de setembro de 2015 ao 31 de agosto de 2016), ven de acadar […]

O deporte feminino brilla en Mos

Esta tarde celebráronse no Concello de Mos as recepcións ás deportistas Verónica Romero Rivero, en recoñecemento pola súa exitosa expedición ao Glaciar Barnes en Canadá xunto a Chus Lago, e xogadoras do equipo de fútbol Unión Deportiva Mos Feminino, en recoñecemento pola súa victoria na Liga 2ª Galega Feminina e o seu ascenso a 1ª […]

A mosense Antía Caride na final do concurso ‘Gana con tu voz’

A mosense Antía Caride, natural da parroquia de Pereiras, participará o vindeiro sábado, día 3 de xuño, na gran final do programa televisivo ‘Gana con tu voz’ que se realizará en el Centro Comercial Tres Aguas de Madrid. Antía empezou a cantar desde moi pequena e participou en programas como O Pequeno Gran Show na […]

O Pavillón Pena de Francia levará o nome de Soledad Castro

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou esta mañá por unanimidade dos seus membros durante a sesión ordinaria do mes de maio o outorgamento do nome de Soledad Castro ao Pavillón Pena de Francia en recoñecemento á traxectoria e aos éxitos deportivos na disciplina de atletismo desta atleta mosense natural e veciña da parroquia de […]

A Zumba dá o pistoletazo de saída á programación deportiva estival

Xa deu comezo o programa deportivo Actívate no Verán coa primeira das iniciativas programadas, Zumba ao Aire Libre. As clases de Zumba ao aire libre iniciáronse o pasado 2 de maio e continuarán desenvolvéndose ao longo do que queda de maio e os meses de xuño e xullo todos os martes e xoves en horario […]

Mos presenta o seu CIM, que é o número 22 da provincia

O vindeiro xoves, día 1 de xuño, comezará a prestarse atención ao público no Centro de Información á Muller, CIM, do Concello de Mos. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron de que o horario de atención psicolóxica será os luns e mércores, de 09.00 horas a […]

O Multiusos das Pozas acolleu unha convivencia entre usuarios de Teleasistencia de Mos, O Porriño e Salceda

O auditorio do centro Multiusos de Mos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos, acolleu esta tarde a xa clásica Xornada de Convivencia dos Usuarios do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra. Ó encontro asistiron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a deputada Digna Rivas. A actividade consistiu nunha actuación do Mago Noel con espectáculo […]

Os escolares de Mos visitan o Festival de Cans

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, acompañaron esta mañá aos alumnos e alumnas de Primaria do Colexio Pena de Francia á visita que realizaron ao Festival de Cans. Dende a Concellería de Educación e Participación Cidadá organízase esta actividade para o alumnado de 5º e […]

O Club de Patinaxe Rosaleira organiza coa colaboración do Concello de Mos o II Trofeo Rosaleira Vila de Mos

Este ano conseguiuse superar a edición pasada, na que xa se contara con clubs participantes de todos os recunchos da comunidade galega. Nesta ocasión cóntase coa participación de clubs que asisten desde a Coruña e Santiago de Compostela como o Club Costa da Morte, Club Patín Oroso, Club Fontiñas, Club Alquimia Carral, Club Brincadeira e […]

Mos asina o convenio para a realización do IV Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco

Esta tarde levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a Fundación Celta de Vigo para a realización do IV Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco. O acto de sinatura celebrouse ás 18.00 horas no salón de sesións do Concello de Mos coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa […]

Mos conta xa coa nova empresa que xestionará as dúas Ludotecas Municipais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, informaron hoxe da recente proposta de adxudicación do servizo de ludoteca tanto na nova de Louredo como na de San Rafael á empresa Activalede S.L., que foi aprobada na derradeira Xunta de Goberno Local. O servizo de ludotecas municipais do […]

Mos amplía e optimiza o seu arquivo municipal

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Patrimonio, Camilo Augusto, informaron hoxe de que administración local ven de ampliar o arquivo municipal habilitando un novo espazo a tal fin nunha nave propiedade do Concello sita en Puxeiros. A actuación recibiu unha subvención provincial de preto de 20.000 euros con cargo ao […]

A Fundación Celta renova o seu compromiso co Club Louro

A Fundación Celta de Vigo selou a renovación do convenio de colaboración co Club Louro de Mos para dar continuidade á escola de asesoramento que teñen ambas as entidades. Pola súa banda o Concello de Mos apoia económicamente ao Club Louro-Tameiga para que poida manter o devandito convenio. Esta escola de asesoramento, creada por primeira […]

Candido Pazó interpreta “Memorias dun neno labrego” para os alumnos mosenses da ESO

O alumnado mosense está a gozar da programación municipal organizada especialmente para eles/as con motivo das Letras Galegas. Nos colexios de Educación Infantil e Primaria impartiuse un obradoiro de música tradicional a cargo dos grupos Xógara e Tangaraño e para os/as estudantes de segundo e terceiro cursos da ESO do Instituto mosense o actor Candido […]

A Festa da Rosa incorpora este ano por primeira vez unha carreira nocturna dentro da súa programación deportiva

A mañá de onte celebrouse no Concello de Mos a presentación da I Carreira Popular Nocturna Festa da Rosa, na que estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Kely Monzón, concelleira de Participación Cidadá, Manuel Castro Álvarez, presidente de AEMOS, e David Gil, representante da empresa Xesport […]

Un novo parque para facer deporte ao aire libre amplía as zonas verdes habilitadas e melloradas polo Concello de Mos

O Concello de Mos conta cun novo parque en Arrufana-Santiaguiño, na parroquia de Guizán, que amplía o número de espazos verdes municipais nos que nos mosenses poden facer actividades e pasar o seu tempo de lecer ao aire libre. No caso do parque de Arrufana-Santiaguiño, trátase dun parque deportivo de adestramento dirixido a tódalas idades, […]

A Xunta convoca aos titulares dos terreos afectados pola construción da senda peonil e ciclista na estrada PO-331 ata o CEIP de Atín, nos concellos do Porriño e Mos

A Xunta convoca para o vindeiro luns, día 2 de xuño, aos propietarios dos terreos afectados pola execución dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño. Esta actuación terá un orzamento de […]

Mos presenta a súa programación cultural con motivo das Letras Galegas

O Concello de Mos anunciou onte a programación municipal organizada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informaron de que o mércores 17 de maio, o propio Día das Letras, celebrarase un acto homenaxe a Carlos Casares ás 11:30 horas […]

Iniciadas as obras de mellora do contorno da Casa do Concello de Mos

Acaban de comezar as obras de execución do proxecto de mellora que permitirá a integración da zona do aparcadoiro e do cemiterio municipal de Petelos na área da Casa Consistorial. Os traballos, recén iniciados, foron visitados esta mañá pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e polo concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso; quenes informaron […]

Mos continúa coa recuperación do seu patrimonio histórico poñendo en valor e sinalizando dous elementos: o petroglifo de Louredo e un antigo poste do tranvía

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que o Concello de Mos finalizou os labores de recuperación do Petroglifo de Salgueirón en Louredo e dun poste da Catenaria da liña do tranvía Mondariz-O Porriño-Vigo para a posta en valor de ambos recursos patrimoniais mosenses. […]

Pereiras acolle a súa oitava edición da concentración de coches Volkswagen Golf

A organización da VIII edición da Golfmania informa da súa celebración o vindeiro 17 de maio en Pereiras, con posibilidade de participar todos aqueles posuidores das 7 series que saíron ao mercado do mítico modelo Volkswagen Golf. Os interesados en obter máis información sobre este evento poden chamar ao teléfono 617370715. O propio 17 de […]

O Concello paga as baixas dos traballadores subvencionados por Deputación e o PSOE confúndeo con perder parte da subvención

A alcaldesa de Mos lamenta novamente a ignorancia e o descoñecemento do grupo municipal do PSOE, que afirma que a administración local mosense perdeu máis de 7.000 euros dunha subvención para emprego do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra. Pois ven, Nidia Arévalo aclara a este respecto que o Concello de Mos non perdeu […]

A alcaldesa de Mos anuncia que a partir de agora os Plenos serán retransmitidos en directo

Ante as declaracións cargadas de despropósitos que unha vez máis GañaMos fai na prensa, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, insistulles en primeiro lugar en que “deixen de mentir, porque nos Plenos nin se lles interrumpe, nin se lles abuchea, nin muito menos se lles insulta”; e lamentou a rexedora local que non asistan a […]