🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Campionato de España de Opens no Multiusos de Mos

A asociación mosense Mosslot organiza esta fin de semana, concretamente os días 21, 22 e 23 de abril no Multiusos das Pozas, o II Campionato de España de Opens 1/32 e o II Open Concello de Mos. Unha cita ineludible para os afecionados ao Slot.

Mos amplía a súa campaña de concienciación sobre as colonias de gatos abandoados aos colexios do municipio

A concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, informou hoxe de que se ampliará a campaña de concienciación sobre gatos abandoados ós colexios do Concello de Mos. Repartiranse folletos informativos en todos os centros escolares do municipio  e instalarase un recipiente en cada colexio no que os interesados en doar alimento para gatos poidan depositar a […]

Mos plantexa un novo enfoque de prevención do consumo de drogas entre a mocidade

A prevención de drogodependencias e condutas aditivas no eido local é unha prioridade da concellería mosense de Educación e Participación Cidadá e do Concello de Mos, por iso se celebrou no Multiusos das Pozas unha xornada escolar de educación cidadá para a prevención do consumo de drogas dirixida aos alumnos e alumnas do IES de […]

Reparto de rosais para potenciar o cultivo da rosa en Mos

Ao longo de todo o presente mes de abril a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, a edil de Participación Cidadá, Kely Monzón, e o enxeñeiro agrónomo alemán e botánico experto en rosas, Oliver Weiss, están a visitar as asociacións do municipio nas que se imparten cursos do programa […]

A Piscina Municipal de Mos acolle a sexta edición do Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

O Club Natación Mos organiza, coa colaboración do Concello de Mos, o VI Campionato de Natación Escolar Val da Louriña que se celebrará o vindeiro 6 de maio na Piscina Municipal mosense sita no Pavillón Óscar Pereiro. Dende o Club Natación Mos informan de que este campionato está programado para nadadores non federados e non […]

A Coral  Polifónica Ventos do Val organiza unha nova edición do seu Concerto de Primavera

O concerto celebrase o domingo día 7 de maio ás 19 hora do serán, no auditorio municipal do Multiusos das Pozas, en Petelos-Mos. A entrada é libre para todas aquelas persoas que desexen asistir, xa que a Coral Polifónica Ventos do Val é unha agrupación sen ánimo de lucro. Este concerto é entendido polos membros […]

Conferencia sobre o cancro de pel no Pazo de Mos

A Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro organiza unha conferencia informativa sobre as distintas formas de cancro de pel, a súa detección precoz, prevención e tratamento. A charla será impartida pola doutora Celia Posada, especialista en doenzas da pel no Hospital Meixoeiro. Esta iniciativa terá lugar no auditorio do Pazo de […]

II Festival de Cantiga Tradicional Galega organizado por ASOMAMOS

A Coral Polifónica de ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, organiza o seu II Festival de Cantiga Tradicional Galega, que terá lugar o domingo 30 de abril ás 19.00 horas no auditorio do Pazo de Mos. A entrada será libre ata completar o aforamento e, ademais da coral anfitriona, actuarán outras dúas […]

Nenos de catro anos merecedores dun Óscar

Os alumnos e alumnas de 5º curso de Educación Infantil, de catro anos de idade, estrearon a semana pasada ante a atenta mirada das súas mestras, as súas familias e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Educación mosense, Kely Monzón; a súa película titulada ‘En busca das cores perdidas’. Ao máis […]

Décimo cuarto aniversario do Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos

Ven de presentarse no Campo de Fútbol de Cototorrón, na parroquia mosense de Tameiga, o XIV Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos. Á presentación asistiron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Luis Alonso, tamén edil mosense, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga acompañado por outros membros […]

O Son dos Cantares organiza o seu X Concerto de Corais

O Multiusos das Pozas acollerá, o vindeiro domingo, día 16 de abril ás 17.00horas da tarde, o X Concerto de Corais O Son dos Cantares. Ademais da anfitriona coral mosense, O Son dos Cantares, actuarán no auditorio do edificio Multiusos a Coral Ecos do Ulla de Monterroso (Lugo), a Coral Rondalla Estrelecer de Fene (A […]

Mos organiza a súa undécima Marcha BTT

O vindeiro 7 de maio celebrarase a XI Marcha BTT Concello de Mos que terá saída ás 09.30 horas da mañá dende o Pavillón Óscar Pereiro. O Concello de Mos conta coa colaboración, na organización desta proba ciclista, da Peña BTT Cristo de Belén, de Jarabullo Bike e de Protección Civil. O prezo de participación […]

O BNG de Mos: contradicción sobre as mocións

A alcaldesa de Mos destaca a contradicción na que incurre o BNG mosense atribuíndose o mérito da oficina de información catastral posta en marcha polo Concello. Di o voceiro nacionalista, Miguel Anxo Aldea que “a oficina porase en marcha grazas a unha moción que o grupo nacionalista presentou o pasado mes de setembro de 2016”, […]

Os nenos mosenses aprenden a facer a compra aplicando as matemáticas na vida real

Os alumnos/as de quinto curso de Educación Primaria dos colexios mosenses de Petelos, Pena de Francia, Atín, e Mestre Martínez Alonso realizaron a semana pasada no supermercado Eroski da Avenida de Sanguiñeda a actividade ‘Mates no teu Súper’. Recibiron durante o desenvolvemento desta iniciativa a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira […]

Mos, primeiro concello galego que incorpora a tarxeta de transporte que subvenciona ao 100% aos menores de 19 anos

Concello de Mos é o primeiro, e polo momento o único municipio de Galicia, que ten en activo unha tarxeta de transporte público que subvenciona ao 100% o importe das viaxes aos mozos e mozas menores de 19 anos. Trátase da Tarxeta Xente Nova que entrou en vigor e Mos o pasado mércores, 7 de […]

O informe da Interventora municipal desminte os millóns en facturas sen recoñecer que se inventa GañaMos

Un informe da Interventora municipal demostra que non exisen facturas “no caixón”, como afirman dende o grupo municipal de GañaMos. As únicas facturas que quedaban pendentes de recoñecer, e que ascendían a 425.226,92 euros, aboaranse durante os próximos meses con cargo ao Remanente de Tesourería positivo de 452.135,13 euros -resultante da liquidación do orzamento do […]

Mos homenaxea aos seus deportistas Soledad Castro e Juan Rivera

A veteranía e a xuventude no deporte déronse a man esta tarde en Mos durante o acto de recepción que o Concello lles rendeu á atleta Soledad Castro e ao boxeador Juan Rivera. A primeira leva toda a vida correndo e segue a traer medallas para a casa, e o segundo, pese a súa xuventude […]

O Concello de Mos habilita un servizo de atención ao contribuínte sobre a regulalización do IBI

O Concello de Mos informa aos veciños e veciñas do municipio de que recibirán estes días nos seus domicilios unha carta coa regularización catastral dos seus inmobles (regularización do Imposto sobre Bens Inmobles, IBI), informándoos de que dispoñen de 15 días hábiles, excluíndo os sábados, para presentar alegacións a dita regularización catastral. A administración local […]

Ethel Vázquez salienta as vantaxes económicas da integración do autobús urbano de Mos no plan de transporte metropolitano

A consellería de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, comprobaron in situ que desde hoxe o servizo de autobús urbano de Mos forma parte do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, o que lles permitirá aos veciños realizar transbordos gratuítos.Vázquez Mourelle subliñou que neste municipio pontevedrés púxose en marcha […]

Arévalo solicita á Deputación que acometa a humanización da estrada provincial Puxeiros-Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá na Deputación de Pontevedra co deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, para abordar a humanización da estrada provincial Puxeiros-Mos. Respecto desta xuntanza a rexedora local mosense lamentou que “volvín sair sen saber se van a realizar a obra ou non, e xa é a terceira vez que […]

O grupo municipal GañaMos non queren ser cómplices da precariedade laboral

Desde Gañamos entenden que non é doado ver as penosas condicións laborais penosas que sufren moitas veciñas e veciños de Mos para unha persoa que cobra 70.000€ anuais do erario público e que reside en Vigo. Pero existen, sra. Arévalo, existen e somos complices dela nos propios planes de formación municipais, onde parece que interesa […]

A Xunta Directiva do Centro Cultural de Torroso piden desculpas á xente que por motivos de aforo tiveron que permanecer de pé

Dende o Centro Recreativo e Cultural de Torroso ven a agradecer a gran acollida que tivo o concerto de Banda e Voz celebrado o pasado domingo 26 no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Un concerto destas características supón moito traballo e esforzo. Durante meses os músicos da Banda coa súa directora Ángeles Lorenzo ao […]

O Concello de Mos entregou as axudas municipais para o servizo de comedor escolar, realización de actividades extraescolares e adquisición de material

O Concello de Mos apoia á comunidade escolar mosense, tanto aos nenos e nenas coma ás súas familias. A administración local mosense ven de conceder unha serie de axudas relativas ao curso 2016/2017. Trátase das subvencións para o uso do servizo de comedor escolar, para a realización de actividades extraescolares e para a adquisición de […]

O muro en A Rúa no concello de Mos, solucionará os desprendementos de terra

A semana pasada comezaron as obras de construción dun muro de contención en A Rúa e onte pola tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso supervisaron estes traballos que suporán unha notable mellora do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola parroquia de Mos, […]

Os expedientes de Urbanismo siguen en Mos un escrupuloso protocolo de actuación marcado pola normativa vixente

O departamento municipal de Urbanismo do Concello de Mos é un dos que conta cunha actividade máis vertixinosa, recibindo máis de 12.000 Rexistros de Entrada anuais e atendendo a unhas 50 persoas ó día. Grazas ao seu traballo Mos conta co Plan Xeral aprobado definitivamente. O número total de expedientes de Urbanismo e Medio Ambiente […]

A alcaldesa reúnese cos traballadores/as do Servizo de Axuda no Fogar

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse onte pola tarde de onte cunha ampla representación dos traballadores/as do SAF mosense. En total son 42 asistentes a domicilio as persoas que prestan o Servizo de Axuda no Fogar na localidade mosense nas súas dúas modalidades: Dependencia e Básica. […]

O Pleno de Mos dá conta dos resultados positivos da liquidación e do informe de estabilidade orzamentaria do exercizo 2016

O Concello de Mos deu onte conta na sesión plenaria ordinaria do mes de marzo, da liquidación do exercizo económico 2016 e do informe de estabilidade orzamentaria da liquidación do orzamento xeral correspondente ao exercizo de 2016, ambas con resultados altamente positivos que o BNG tenta distorsionar con falsedades. Neste sentido a alcaldesa mosense, Nidia […]

A Mesa de Contratación da limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas municipais abriu esta mañá as ofertas das empresas licitadoras

A mañá de onte celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a Mesa de Contratación do servizo de limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas do Concello de Mos. A Mesa estivo integrada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a secretaria e interventora municipais; e contou coa presencia tamén do arquitecto do Concello e […]

Mos acomete un muro na Veigadaña incluído nun plan municipal de obras no Camiño de Santiago

A semana pasada comezaron os traballos de construción dun muro de contención en Veigadaña. Dito muro inclúese no plan de obras municipal que está a desenvolver o Concello de Mos ao longo do tramo do Camiño de Santiago que transcorre pola localidade mosense. A obra de acometida do muro en Veigadaña está a ser financiada […]

Mos deseña a súa programación deportiva para a tempada estival na que o Pavillón Óscar Pereiro estará pechado por obras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, e a edil mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, reuníronse co equipo de monitores da Piscina Municipal para abordar dous importantes temas como son a posible organización de actividades deportivas durante a tempada estival e dotar, tras as […]

Mos realiza o levantamento topográfico para a nova senda de Torroso

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde natural da parroquia de Torroso, Alberto Méndez, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e o arquitecto municipal estiveron onte cos dous topógrafos que están a realizar o levantamento topográfico necesario para a realización do proxecto da nova senda peonil que se acometerá en Torroso. […]

GañaMos ridiculízase reclamando medidas de seguridade nun cruce situado en terreo de Vigo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pon de manifesto unha vez máis o descoñecemento dos membros de GañaMos que quedan en evidencia cada vez que fan declaracións públicas. Esta vez reclaman a través dos medios de comunicación medidas de seguridade no cruce da A-55 dende Puxeiros. Piden dende GañaMos “que o goberno local pida unha […]

GañaMos reclama medidas de seguridade no cruzamento á A-55 desde Puxeiros

GañaMos Asemblea Veciñal denuncia que numerosos veciños do municipio e outros usuarios corren un risco importante cada vez que atravesan o cruzamento de Puxeiros cara á autovía A-55 e a saída da AP-9. Este grupo da oposición de Mos reclama ao goberno local que pida unha cita co responsable provincial de Fomento para poder explicarlle en […]

A coral mosense Ventos do Val canta en Vigo e Redondela polo Día do Pai

A Coral Ventos do Val, da parroquia mosense de Petelos, ven de realizar sendas actuacións coincidindo coa celebración da festividade do Día do Pai e San José. A coral cantou onte a misa das 19.00 horas na parroquia de San Juan de Ávila de Vigo e actuou o domingo, día 19 de marzo, en Cesantes, […]

O CIM de Mos estará funcionando esta mesma primavera

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou a mañá de onte o Concello de Mos para abordar o tema da vindeira apertura dun Centro de Información á Muller en Mos. Estivo acompañada da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, da concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, das tamén edís mosenses Julia Loureiro e Kely Monzón, […]

Gran acollida da xornada sobre procesos de selección no sector comercio celebrada na Axencia de Colocación de Mos

O pasado venres 17 de marzo, tivo lugar na Axencia de Colocación do Concello de Mos unha xornada sobre as “Claves para participar nos procesos de selección no sector do comercio”. Nesta xornada, á que asistiron máis de 60 persoas, contouse coa presenza de Lorena Colmeiro Echeverría, Responsable de Recursos Humanos da Zona Norte do […]

Mos traballa a pleno rendemento no axardinamento dos seus parques e zonas verdes

O servizo municipal de mantemento de zonas verdes e instalación de rego automático, adxudicado a Viveiros Adoa, xa ten rematada a acometida da instalación do rego. A semana pasada os operarios da empresa concesionaria remataron os traballos de instalación do rego automático no parque de Torroso e no da Porteliña. E xa o acometeron tamén […]

Nun mes estará rematada a obra da Ludoteca de Louredo segundo informa o Concello de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron hoxe as obras de rehabilitación da construcción como ludoteca en Louredo. Os labores de rehabilitación da Escola Unitaria de Louredo en Ludoteca prevese que estean finalizados nun prazo dun mes. Ademais as representantes municipais informaron tamén de que as […]

O Concello de Mos leva o xadrez as aulas para optimizar os procesos de aprendizaxe

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, compartiron cos alumnos/as de primeiro curso de Primaria do colexio de Petelos o obradoiro de xadrez, ‘Xaque Mate’ impartido polo Club de Xadrez Mos e organizado polo Concello de Mos dentro da programación para os centros educativos do municipio […]

Mos proxecta tres plans de actuación, un inminente e outros dous a curto e medio prazo, para continuar a ampliar os servizos do Centro de Día

O Concello de Mos fixo unha importantísima recuperación do patrimonio histórico municipal rehabilitando a antiga Casa Reitoral de Petelos e adaptándoa para Centro de Día. Estes traballos, que se iniciaron fai máis de seis anos e se levaron a cabo en varias fases, prolongaranse no tempo porque “aínda queda moito por facer”, segundo se informou […]