Un orzamento de 75 millóns, fortemente inversor, con gran contido social e que prioriza as parroquias

A Xunta de Goberno Local aprobou na mañá de onte o proxecto de orzamentos 2018 que comezará a debatirse cos grupos políticos municipais mañá mesmo, nunha primeira comisión na que se presentará o borrador definitivo. O concelleiro de Economía, Raimundo González explicou esta mañá que o orzamento ascende a 75.180.000 euros, é dicir, un 3,15% […]

Aprobada a creación de catro prazas de técnicos para o despregue do programa de compostaxe

A Xunta de Goberno Local aprobou a mañá de onte o proceso para a creación de catro postos de traballo para o programa da compostaxe no Concello de Pontevedra que permitirá a contratación de técnicos encargados de supervisar todo o despregue do programa da compostaxe no concello, seguindo tres modalidades: composteiros individuais, composteiros colectivos e […]

Un skatepark no campus válido para eventos internacionais

Os traballos para a construción do futuro skatepark no campus da Xunqueira avanzan, segundo explicou hoxe o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Por unha banda, os servizos xurídicos da Universidade estudan a mellor fórmula para ceder ao Concello a parcela na que vai a ir a infraestrutura; por outra, os contactos técnicos municipais, skaters de […]

Os premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra xa ten gañadores

A concelleira de Promoción da cidade e representante do Concello de Pontevedra na Mancomunidade Terras de Pontevedra, Anabel Gulías entregou hoxe os premios do 1ª concurso de Comunicación Turística Terras de Pontevedra, un certame ao que concorreron 73 traballos. Os gañadores foron Pedro Tizón Otero (modalidade de microvídeos) e Isaac Gulías, en representación de 1º […]

Unha xincana infantil pola Illa do Covo permitirá coñecer toda a súa riqueza artística e natural

Pontevedra ten en marcha o primeiro proxecto financiado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) concedidos á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) presentada por Pontevedra e aprobada o pasado ano. Trátase dunha Xincana infantil pola Illa do Covo, elaborada pola Concellaría de Turismo, que pretende pór en valor os recursos patrimoniais e […]

Condolencias polo falecemento de Manuel Moldes

O Concello de Pontevedra expresa publicamente o seu pesar polo falecemento do pintor Manuel Moldes, protagonista e referente indiscutible da vida pública e cultural de Galiza, e especialmente da cidade de Pontevedra, onde desenvolveu toda a súa vida profesional e persoal. Referente da arte contemporánea galega das últimas décadas, vinculado ao movemento artístico Atlántico, Manuel […]

Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos Cidade de Pontevedra

A Concellaría de Cultura abre mañá o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra. As persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no Rexistro do Concello, entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro de 2018. As propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os […]

Asinado o convenio Concello-Deputación que garante o novo acceso a Monte Porreiro

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva asinaron hoxe o convenio de colaboración para a construción da nova estrada de acceso a Monte Porreiro. Xunto a eles estivo o concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente provincial, César Mosquera. O novo acceso ao barrio de Monte Porreiro suporá un […]

Pontevedra e O Salón, na Feira Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Cidade de México

A concelleira de Cultura, Carme Fouces falará de Pontevedra na FILIJ 2017 e manterá reunións de traballo para coordinar o programa e a delegación mexicana que virá á cidade As relacións do Concello de Pontevedra coa FILIJ foron iniciadas pola concelleira Anabel Gulias e o alcalde Miguel Fernández Lores durante a pasada misión oficial ao […]

Lores: “A viaxe a Corea traerá retornos á cidade, especialmente, turísticos”

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores fixo esta mañá unha valoración moi positiva da viaxe institucional realizada á Corea do Sur, á localidade de Jeonju, da que “confiamos que traia retornos de todo tipo, especialmente de carácter turístico”, aseguraba. Explicou que Corea do Sur é unha potencia emerxente “cunha capacidade económica evidente”, e […]

Avanzamos na rede municipal de instalacións deportivas: campo de fútbol de Gatomorto

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación de obra do campo de fútbol de herba sintética de Gatomorto (Santa María de Xeve) á empresa COVSA por 85.279,19 euros. O Concello da así un paso adiante no plan municipal de renovación e ampliación da rede de infraestruturas deportivas que inclúe ata cinco campos: ademais […]

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a primeira fase da construción da intermodal de Pontevedra, que suporá un investimento de 4 millóns de euros

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo para a primeira fase da construción da intermodal de Pontevedra, formada polas actuais terminais de autobús e ferroviaria. O contrato foi adxudicado á empresa Eptisa Servicios de Ingeniería S.L por un presuposto de máis de 73.000 euros e ten un prazo […]

Nova superficie de xogo no Pavillón Municipal de Deportes

Os traballos para a instalación do pavimento deportivo sintético no Pavillón Municipal de Deportes están en marcha. Comezaron a pasada tarde-noite e continuarán o próximo luns en xornada intensiva (mañá e tarde). O novo pavimento homologará a superficie de xogo as esixencias das competicións de máis alto nivel. A obra foi adxudicada á empresa Galitec […]

O Puntazo enfronta a recta final do ano con actividades centradas no turismo e o marketing

Pontevedra ten un Puntazo enfronta a recta final da súa programación anual con varias actividades centradas no turismo e o marketing para as industrias culturais, segundo adiantou hoxe a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías. Falamos, sinalou a concelleira, dun roteiro especial Cunca e Nécora para as empresas que forman parte do […]

A reforma do campo da festa e contorna de San Cibrán completa o núcleo de centralidade de Tomeza

Primeiro presentouse o proxecto do campo de Casaldorío, após o arranxo da contorna da novo Local social de Lusquiños (antiga escola), a continuación o do aparcadoiro de San Pedro e arredores e hoxe o concelleiro delegado de Tomeza, Alberto Oubiña deu a coñecer o proxecto que acabará de reformular o núcleo de centralidade da parroquia: […]

“Queremos que Jeonju se pareza á mellor cidade do mundo: Pontevedra”, alcalde de Jeonju, SeungSu Kim

“Queremos que Jeonju se pareza á mellor cidade do mundo, que neste momento é Pontevedra”, asegurou o alcalde de Jeonju, SeungSu Kim durante a comparecencia de prensa que realizou esta mañá ante os medios de comunicación locais na cidade coreana. Neste encontro mediático tamén participou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o […]

Está aquí Pontedetapas 2017

Un total de 52 establecementos participarán dende este xoves 2 ata o domingo 19 de novembro na décima edición de Pontedetapas. Serán 18 días (con tres fins de semana completas) nos que degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocados. Este ano competirán no certame 35 tapas tradicionais, 23 tapas creativas e 6 […]

Pontevedra chega a Corea para recoller o premio das Cittaslow pola súa mobilidade

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores chegou hoxe a Seúl, Corea do Sur, para recibir un novo premio ao modelo de cidade. Nesta ocasión vén da man de Cittaslow, International network of cities where living is easy que celebra na cidade coreana de Jeonju, o World slowness forum & awards 2017, o día […]

2ª Xornada de Igualdade: Xénero, deporte e mocidade

O Pazo da Cultura acollerá o próximo 11 de novembro a 2a Xornada da Escola Municipal de Igualdade que estará adicada ao tema “Xénero, deporte e mocidade”. As/os interesadas/os en participar poden inscribirse on line en: http://apuntate.pontevedra.gal/deporte-igualdade-mocidade/ ou en xornadaxuventudeigualdade@pontevedra.eu Os concelleiros de Xuventude, Alberto Oubiña e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro presentaron hoxe […]

300 módulos para compostaxe comunitaria en Monte Porreiro e Campolongo

A aposta do Goberno local pola compostaxe sigue adiante, chanzo a chanzo, nun percorrido que non ten volta atrás. A Xunta de Goberno local ven de aprobar onte a adxudicación do subministro de 300 unidades modulares para compostaxe comunitaria nos barrios de Monte Porreiro e Campolongo a empresa Verdican SL por 137.940 euros. A empresa […]

O mercadillo de Estribela trasládase ao 31 de outubro

A Concellaría de Mercados traslada ao 31 de outubro o mercadillo da praza Marqués de Valterra, en Estribela, porque o día 1 de novembro é festivo. O cambio obedece ao cumprimento da Ordenanza Municipal Reguladora de Venta Ambulante, que no artigo 8 fixa que cando os días sinalados para a feira coincidan en festivo, a […]

Conxeladas as taxas e impostos municipais no Concello de Pontevedra por cuarto ano consecutivo

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá a conxelación de todas as taxas e impostos municipais por cuarto ano consecutivo, como paso previo á elaboración dos Orzamentos municipais de 2018, nos que xa traballa o Goberno. O concelleiro de Economía e Facenda e portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que quedan conxeladas 20 ordenanzas […]

Pontevedra, citada como exemplo da Declaración Universal dos Dereitos Urbanos

Facer cidades distintas, alternativas, “socialmente sustentables” (como as chaman aquí) é posible. Así o dixo hoxe a concelleira de Cultura e Muller de Pontevedra, Carme Fouces, no XIII Congreso Estatal e I Iberoamericano que ten lugar na cidade de Mérida, en Extremadura e no que se reivindicou a Declaración Universal dos Dereitos Urbanos, que conectou […]

Memoria en rede chega aos centros Sur e Leste, Monte Porreiro e Salcedo

O Concello de Pontevedra continúa co programa Memoria en rede que naceu coa idea de conectar dous mundos que, en principio, non teñen nada que ver. Por unha banda o futuro e o presente, coas novas tecnoloxías como eixo central e fío condutor e, por outra, a recuperación da memoria, en sentido amplo: historias, lendas, […]