A Plataforma de Contratación do Estado publica a licitación do Servizo de Axuda no Fogar

A Plataforma de Contratación do Estado, ao que está adscrita o Concello de Pontevedra para publicar as súas licitacións, recolle hoxe os pregos da licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por un valor de 5.290.740 euros. As empresas interesadas poderán presentar ofertas até o 1 de decembro. Trátase do contrato xeral do SAF […]

A sesión extraordinaria do pleno do Concello de Pontevedra da vindeira semana, debaterá unha modificación de crédito de 3.013.359,84 euros destinada, no 98% a investimentos. O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía, Raimundo González, explicou esta mañá que a modificación será tratada este venres na Comisión de Contas. A modificación financiará os seguintes proxectos: […]

O núcleo de centralidade de Salcedo: convivencia de alta calidade urbana

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, puido comprobar esta mañá o bo ritmo das obras de creación do núcleo de centralidade parroquial de Salcedo. Estivo acompañado polos concelleiros de Obras e o delegado da parroquia, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, e tamén polos representantes do Consello parroquial. O alcalde fixo un agradecemento expreso […]

As empresas pontevedresas destacan o éxito comercial da misión a México

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos empresarios que participaron na misión institucional e comercial a Cidade de Mexico a finais do mes de agosto para facer balance e confirmar os bos resultados empresariais que a misión tivo nas empresas locais. De feito, algún deles xa anunciou a intención de volver a participar noutra […]

O calmado de tráfico chega ao CEIP Marcos da Portela, en Monte Porreiro

O Concello de Pontevedra continúa cos proxectos de mellora da mobilidade peonil e calmado de tráfico no ámbito dos centros de ensino, unha das prioridades do Goberno neste mandato. Onte, o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez mantivo unha reunión coa anpa do colexio Marcos da Portela e os comercios da rúa Suecia, no barrio de […]

Galeguización, toponimia e feminización, proposta do Goberno de Pontevedra para nomear as rúas da cidade

A presidenta da Comisión, Carmen Fouces presentou está mañá na reunión da Comisión unha proposta sobre o nomeamento das rúas da cidade, para que fose valorado polos membros da Comisión, co compromiso de levar a vindeira reunión unha proposta máis pechada, de tal xeito que os membros da Comisión poidan traballar sobre ela. A proposta […]

Exitosa e espectacular XVIII edición da Feira Franca

Pontevedra volveu a vivir esta fin de semana unha espectacular Feira Franca, cita obrigada do calendario festivo do verán galego, e sendo reclamo para moitos visitantes de fóra do país, como se puido comprobar polas rúas e prazas do centro histórico e da Alameda, ateigadas de persoas. Dende a organización da Feira Franca destácase a […]

“Amamos os coches pero cada un no seu sitio”, subliña Lores

“Non estamos contra os coches… é máis, aos pontevedreses nos gustan os coches, temos un altísimo índice de motorización. Son un invento estupendo pero temos que situalos onde non fagan daño as nosas cidades. Amamos os coches pero cada un no seu sitio”. Así puntualizaba o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ante as preguntas dun […]

Skatepark temporal en Mollavao ata a construción do definitivo no campus

Pontevedra conta dende hoxe cun skatepark en Mollavao, unha instalación provisional que ocupa o que era a pista deportiva baixo a autoestrada e que será reversible o seu uso cando a cidade dispoña do proxectado skatepark no campus da Xunqueira. O concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, visitou a nova instalación acompañado do presidente […]

Anímate a gozar da Feira Franca de Pontevedra 2017

A Feira Franca de Pontevedra celebrarase, como vén sendo habitual, o primeiro fin de semana de Setembro. En concreto os días 1 e 2 de setembro de 2017. A Feira Franca é desde hai anos unha cita obrigada para os veciños de Pontevedra e os miles de visitantes que veñen gozar dunhas xornadas, en especial […]

Tres pontevedras en México?

Un senador mexicano lanzou a idea de seleccionar tres espazos urbanos en calquera lugar do país para facer réplicas do modelo Pontevedra de xestión da mobilidade. Foi Francisco de Palma Búrquez, presidente da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado da República de México, quen convidou ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores a expoñer o modelo […]

Pontevedra sona a doce en León (Guanajuato)

“Doce para os nosos ouvidos”. Con esta frase engaiolante resumiu o primeiro síndico da cidade de León (1,8 millóns de habitantes) o modelo de Pontevedra tras escoitar as primeiras palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores nunha xuntanza na que participaron os técnicos de desenvolvemento urbano e varios concelleiros. Foi unha sesión en paralelo […]

Terras de Pontevedra, un xeodestino diferenciado e de calidade

Promocionar a Mancomunidade Terras de Pontevedra como destino turístico diferenciado e de calidade no panorama estatal e internacional. É o afán compartido pola Xunta e os concellos que integran a mancomunidade – Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Cerdedo- Cotobade, Barro e Campo Lameiro- e que os leva a firmar un novo convenio para a realización […]

Melloramos a mobilidade peonil na rúa Alexandre Bóveda e contorna

Mellorar dun xeito integral a mobilidade peonil e a accesibilidade na rúa Alexandre Bóveda e contorna. Con este obxectivo o Concello de Pontevedra acometerá, coa chegada do mes de setembro, unha intervención na zona que, entre outras cosas, renovará o aparcamento do recinto feiral e ampliará unha das beirarrúas dobrando o espazo peonil. O concelleiro […]

O novo contrato da Auga permitirá rematar o saneamento do rural

A Xunta de Goberno local aprobou o expediente de contratación para a xestión indirecta do servizo municipal do Ciclo da Auga (abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento e depuración de augas residuais). A publicación no BOP, DOG e BOE abrirá un prazo de dous meses para a presentación de ofertas. A concelleira […]

Estacionamento en prazas para persoas con mobilidade reducida, baixo control

A solidariedade e colaboración da xente e mais un efectivo e intenso traballo da Policía Local combate con éxito o uso indebido das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. “Estamos facendo un seguimento do uso das tarxetas de estacionamento e tamén unha especial vixilancia para que esas prazas só sexan utilizadas por persoas […]

Volve o Summum no outono pontevedrés

O xa consolidado ciclo SUMMUM será o primeiro en botar a andar o 29 de setembro con ‘La velocidad del otoño’ que trae á cidade a Lola Herrera e Juanjo Artero. Será a 5ª edición desde ciclo que ten lugar no Pazo da Cultua e achega os mellores espetáculos do panorama estatal a través do programa PLATEA, no que […]

A loita contra o fraude fiscal no IBI continúa no Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra segue adiante coa loita contra o fraude fiscal. A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a contratación dunha nova asistencia técnica para a inspección e actualización do padrón do IBI (Imposto de Bens Inmobles) que dea continuidade a labor desenvolvida no período 2012-2016. “Levamos unha política impositiva de non subir impostos […]

Nova área de lecer e deportiva en Salcedo, Concello e comuneiros da man

Un exemplo de aproveitamento multifuncional do monte, con infraestruturas de ocio e deportivas respectuosas co medio ambiente e pon en valor o monte fronte a eucaliptización”. Nestes termos presentou o concelleiro de Medio Natural e delegado da parroquia de Salcedo, Alberto Oubiña o proxecto de equipamentos deportivos e lúdicos que estará en terreos veciñais ocupados […]

A axenda da viaxe a México suma máis de 40 citas institucionais e de traballo

Máis de 40 reunións e encontros institucionais e empresariais en oito días, unha intensa axenda que aínda non está pechada ao 100%. A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, adiantou hoxe o groso da axenda de traballo da viaxe que levará a México, do 22 ao 31 de agosto, ao alcalde de […]

Rehabilitación de Tristan de Montenegro e Pratería Vella, novos servizos e mellor accesibilidades

As obras de rehabilitación das rúas Tristán de Montenegro, Pratería Vella e un tramo de Eirado de Alvar Páez -incluídas nos fondos ARI concedidos para o centro histórico da cidade- enfrontan a recta final. As previsións sitúan a finais de setembro o remate das mesmas. A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, visitou hoxe esta zona […]

O Concello de Pontevedra promove unha actuación urxente no carballo de Santa Margarida

A Concellería de Medio Natural, que dirixe Alberto Oubiña, púxose en contacto coa Xunta – consellerías de Cultura e Medio Ambiente- e coa Delegación de Patrimonio do Arcebispado de Santiago co fin de coordinar unha actuación urxente e tamén definir unha estratexia de longo percorrido para conservar e manter no mellor estado posíbel o carballo […]

A Xunta publica hoxe no DOG a licitación da redacción do proxecto construtivo para a mellora da intermodalidade de Pontevedra

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG)  a licitación da redacción do proxecto construtivo da adecuación para a intermodalidade do conxunto formado polas actuais terminais de autobús e ferroviaria de Pontevedra. A presentación das ofertas correspondentes poderá realizarse ao longo dos vindeiros 15 días naturais, contados desde mañá. Cómpre […]

O novo contrato da Auga inclúe un investimento mínimo de 14,5 millóns para saneamento

O Concello de Pontevedra ultima o expediente para a renovación da xestión indirecta do servizo municipal de Auga que incorpora importantes novidades respecto á concesión vixente e que inclúe importantes investimentos e vantaxes para os veciños e veciñas de Pontevedra. O portavoz do Goberno local e concelleiro responsábel de Contratación e do Ciclo da Auga, Raimundo González, […]