🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Concello de Pontevedra saca a concesión pública dos quioscos da praia fluvial e de Barcelos

O Concello de Pontevedra aprobou iniciar o proceso de concesión dos quioscos da praza de Barcelos e da praia fluvial. Dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, os interesados terán un prazo de 30 días hábiles para presentar as súas ofertas, seguindo os pregos técnicos no caso de cada quiosco. Son dúas […]

O Pazo saca a contratación as produccións dos espectáculos do auditorio e do Teatro

O Pazo da Cultura de Pontevedra sacará a contratación nas vindeiras semanas a produción de todos os espectáculos do Pazo da Cultura e do Teatro Principal para os vindeiros dous anos (coa posibilidade de prórroga por outros dous). O prezo total de licitación é 144.660 euros por ano, coa posibilidade de dúas prórrogas (578.640 euros […]

O parque de Barcelos de Pontevedra disporá dun novo carrusel inclusivo

A Concellaría de Parques e Xardíns, que xestiona o concelleiro Alberto Oubiña, comezou esta semana a substitución dun elemento inclusivo do parque infantil de Barcelos (o máis concorrido da cidade) para substituílo por outro distinto, pero tamén pensado para nenos con discapacidades. Retírase unha estrutura de xogo na que podían acceder as cadeiras de rodas […]

Deportes do Concello de Pontevedra resolve a vindeira semanas as subvencións aos clubes deportivos

A Concellaría de Deportes convoca para o vindeiro mércores, 24 de maio, a comisión de valoración das subvencións aos clubes deportivos da cidade a través das axudas da organización das Escolas Deportivas e das subvencións anuais de 2016. A Concellaría recoñece a demora na resolución destas axudas e o menoscabo que pode supor na xestión […]

Os universitarios da cidade de Pontevedra, detrás dos trampantollos de Carlos Casares

O Concello de Pontevedra desvelou onte a colaboración que mantivo durante o mes de maio para crear tres trampantollos en distintos puntos da cidade: na avenida de Montero Ríos, da praza da Pedreira e na praza de Barcelos con motivo do Día das Letras Galegas. Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística, explicou a pasada mañá […]

Pontevedra se opón a desafectación dos terreos de Pontesa

O Concello de Pontevedra recibiu o expediente do Ministerio de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Costas, na que os propietarios da antiga fábrica de Pontesa, situada na parroquia de Ponte Sampaio, solicitan a desafectación dos terreos como dominio público marítimo terrestre. Neste expediente, o Ministerio solicita o informe do Concello que será […]

Recepción ao novo cónsul de Chile para o sur de Galiza

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu a mañá de onte ao novo cónsul honorario de Chile en Vigo, Manuel Dopico Gómez-Aller nunha visita de carácter institucional que fixo ao Concello de Pontevedra. O novo cónsul explicou ao alcalde o seu interese en manter este encontro con Pontevedra, dado que esta institución é […]

Sae a contratación a reurbanización do último treito da avenida de Vigo de Pontevedra

A Xunta de Goberno Local aprobará a vindeira semana o proxecto de contratación da ampliación da urbanización de toda a avenida de Vigo, entre a rúa Luís Seoane e o nó do Pino. O orzamento desta actuación de máis de 300 metros é de 274.895 euros, coas melloras incluídas e ten un prazo de execución […]

Alumnos da Xunqueira I de Pontevedra participan hoxe no roteiro guiado “Do gris ao violeta”

Alumnos do IES A Xunqueira I participan hoxe no roteiro guiado “Do gris ao violeta”, incluído dentro do programa municipal “A memoria das mulleres”. O roteiro fai un percorrido pola historia de Pontevedra con lentes de xénero, da man de María Xesús López Escudeiro, membro do consello da Memoria das mulleres. Os rapaces sairán ás […]

Arranca a creación do centro lúdico da praza de Praceres

O Concello de Pontevedra iniciou a pasada semana os traballos para a configuración e creación do novo centro lúdico das prazas dos Praceres. O Concello investirá 98.000 euros na retirada do vello parque infantil, na instalación de mesas de xogo, na potenciación da área de nenos baixo as árbores e a creación de espazos de […]

Urbanismo do Concello de Pontevedra avanza en implementar o decálogo para reordenar, axiliar e dar máis transparenza ao servizo

A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulias deu conta onte, logo da Comisión de Urbanismo, dos avances que o servizo está a realizar na implementación do Decálogo de medidas para reordenar o departamento e ampliar a transparencia de cara aos cidadáns que se están a acometer ao longo deste trimeiro semestre do ano. Tendo en conta […]

O Concello de Pontevedra traballa na mellora da imaxe da avenida de Compostela

A avenida de Compostela mellora a súa imaxe. O Concello está a acometer traballos de arranxo e embelecemento da mediana que hai no tramo que vai dende a ponte de Santiago até o cruzamento coa rúa Xoán Manuel Pintos (lateral do aparcamento disuasorio) e máis a rotonda do pavillón. Os traballos, coordinados polo departamento de […]

Arranca a modificación da Ordenanza de veladores no Concello de Pontevedra

Comeza o traballo para modificar a ordenanza de veladores do Concello de Pontevedra. A concelleira responsábel de Promoción da Cidade, Anabel Gulías explicou onte na Comisión de Economía e Facenda o proceso que seguirá a súa Concellaría para actualizar este texto normativo do Concello. Indicou que dende o ano 1997, data da aprobación da ordenanza […]

Un gran centro deportivo de referencia na Parda

O Concello de Pontevedra avanza na creación dun gran centro deportivo na Parda coa creación dunha estrutura de dous módulos arrodeada de zonas verdes e de espazos de estacionamento. A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, acompañado dos responsables do departamento de arquitectura do Concello, do xefe do servizo de Deportes e dos arquitectos que elaboraron […]

O Concello de Pontevedra unificará Urbanismo e Tesourería nun local de 1.300 metros que mercará en Ferreiros

O Concello de Pontevedra traballa na reasignación de espazos das dependencias municipais, que suporá un cambio profundo na distribución dos servizos e dos espazos municipais, segundo explicou esta mañá o portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González. Está prevista a unificación nunha soa dependencia do servizo de Urbanismo, que engloba as […]

Nace unha nova axenda cultural da cidade de Pontevedra

A vida cultural, festeira e de ocio da cidade ten desde xa un novo referente virtual: a web axenda.pontevedra.gal, un espazo que recolle a oferta tanto municipal como doutras institucións públicas e privadas. O novo espazo virtual estrutúrase, sobre todo, en catro partes: un primeiro menú resumen coa información inicial: categorías, un formulario para engadir […]

Toni Puig, o Gurú das cidades, inaugura as masterclass do Puntazo en Pontevedra

Pontevedra ten un Puntazo inaugurará a tempada 2017 cunha figura recoñecida a nivel internacional no mundo da xestión cultural. Este mércores, 29 de marzo, terá lugar no Pazo de Mugartegui a primeira das masterclass previstas da man de Toni Puig, coñecido como “o gurú das cidades”, que reflexionará sobre o papel fundamental da creatividade no […]

Recta final da nova ordenanza de verteduras no concello de Pontevedra

O Concello leva un tempo traballando na actualización do regulamento de verteduras á rede de saneamento, de feito está na recta final. Segundo informou o portavoz do Goberno local, Raimundo González Carballo axiña estará en exposición pública co fin de que se podan presentar as alegacións oportunas. A Xunta de Goberno local informou onte que […]

Almuiña asegura que o Sergas traballa para deseñar a Sanidade dos próximos 40 anos en Pontevedra

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento de Galicia que estamos traballando na “parte maís importante que se pode facer, o plan de espazos e o plan funcional, que definan para os proximos 30 ou 40 anos o hospital Gran Montecelo”. Así mesmo, Almuiña lembrou a total colaboración co Concello de Pontevedra, […]