🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Concello e Fundación Amancio Ortega acordan a construción dunha escola infantil e un centro de atención á parálise cerebral

O rexedor deu conta da próxima aprobación do convenio de colaboración entre Fundación Amancio Ortega e o Concello para a construción dunha escola infantil de 82 prazas que se situará na parte alta de Bembrive. Segundo o acordado, a Fundación asume o financiamento completo da construción do centro e do seu equipamento e o Concello […]

O goberno municipal organiza obradoiros e espectáculos para este Nadal en Navia

Dende mañá venres, día 22, e ata o 31 de decembro, a rúa Teixugueiras acollerá diferentes actividades para nenas e nenos en dobre horario de mañá – de 11 a 14 horas- e de tarde – entre as 17 e as 21 horas.  O rexedor convidou “ás nenas e nenos vigueses a que vaian a […]

O Concello inicia a tramitación das axudas contra desafiuzamentos por un valor superior aos 2,5 millóns

O alcalde deu conta hoxe xoves do inicio da tramitación administrativa que permitirá outorgar os cheques sociais. Articulados en tres bloques, o programa de axudas de emerxencia está dotado con 842.000 euros, aos que se suman outros 50.000 euros, para axudas destinadas á adaptación dos fogares de persoas, que por idade ou por algunha discapacidade, […]

O goberno de Vigo aproba o proxecto das pasarelas mecánicas da Gran Vía

Segundo explicou Abel Caballero, a transformación do bulevar entre Lepanto e Praza de España que promove o Concello, cofinanciado por fondos FEDER da Unión Europa, será unha “revolución urbana”. Tamén dentro do Vigo Vertical, o Concello adxudicou provisionalmente os ascensores entre Marqués de Valterra e Torrecedeira e entre esta e Pi y Margall, incluíndo a […]

O BNG de Vigo presenta unhas emendas ao orzamento municipal do Concello de Vigo para o exercicio 2018

O BNG presentou esta mañá as súas emendas aos orzamentos municipais do Concello de Vigo para o 2018. Unha propostas “elaboradas coa colaboración de entidades e colectivos sociais que procuran dar resposta ás necesidades da veciñanza”, segundo explicou  responsábel local do BNG vigués, Serafín Otero. “Lamentamos que o PSOE insista en negar a participación na […]

El PP censura la hipocresía de Caballero sobre la plusvalía que critica en Madrid pero sigue “cobrando indebidamente en Vigo”

El concejal popular, Miguel Fidalgo, ha criticado hoy a la hipocresía de Caballero por “hacer justo lo contrario de lo que dice” en relación con el impuesto de la plusvalía. A este respecto, apunta, mientras que en Madrid “el alcalde se hace fotos con el ministro y se le llena la boca diciendo que hay […]

Caballero espera ver un “gran Torneo Concello de Vigo” de fútbol base este Nadal, con preto de 1.900 participantes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu en Alcaldía a unha representación de clubs participantes na quinta edición do Torneo Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol 11, que se vai a disputar en sete campos (seis municipais e o Federativo de Coia, que é novidade) do 26 ao 30 deste mes. Acompañado polo […]

O Concello promove a campaña solidaria “Unha bici, un sorriso” para familias con poucos recursos

O goberno vigués impulsa un ano máis esta proposta solidaria, que recolle nos domicilios as bicicletas doadas, son reparadas nos establecementos colaboradores e entregadas polo Concello ás familias con menos recursos. Abel Caballero anima aos vigueses e viguesas a ceder as bicis que non usen.  O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este mércores o […]

O Concello investirá máis de 56 millóns de euros en humanizacións, parques e melloras de vías na cidade

O alcalde considera que se trata dun “plan de humanizacións masivo correlativo a un plan de emprego máis importante que o Plan E”. Este mércores deu conta das obras en marcha e das que teñen previsto o seu inicio o vindeiro ano 2018.  Cun total de 56.626.000 euros o goberno de Vigo asume nos próximos […]

O goberno local solicita a cesión do edificio do centro de saúde de Teis para transformalo nun centro social

O Concello prevé transformar o antigo centro de saúde de Teis nun espazo público de uso social e cultural para o que vén de solicitar á Tesourería da Seguridade Social a súa cesión gratuíta. O rexedor argumentou en rolda de prensa que o inmoble leva moitos anos en desuso. O alcalde avanzou esta mañá que […]

O Concello aforrará 350.000 euros na factura da luz coa implantación de leds en toda a cidade

David Regades avanzou esta mañá que o Concello concluirá o ano que vén o ciclo de renovación do alumeado, coa substitución de 1.000 luminarias, que se sumarán ás case 6.000 que cambiaron neste 2017. Esta medida permitirá reducir a potencia nun 8% e xerará un aforro económico de 350.000 euros na factura municipal da luz.  […]

Corte de tráfico da avenida Castelao denunciando a pobreza de Vigo

A ODS de Coia volve ás rúas, nesta ocasión para derrotar ao lado escuro que representa “Caballero Vader”. El é un dos máximos representantes dun xeito de facer política que beneficia a uns poucos, os de sempre (Aqualia, Vitrasa, construtoras, Clece…) e que empobrécenos a moitas. Claro exemplo é que seguimos a ter uns servizos […]

Medio Ambiente emite o informe urbanístico e ambiental sobre a ordenación provisional do ámbito de Recaré en Vigo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio emite o informe ambiental e urbanístico sobre a ordenación provisional do ámbito de Recaré (A-7-02), no Concello de Vigo. Tal e como se reflicte no documento enviado, a proposta axústase ao previsto na Lei 2/2017, de xeito que poidan desenvolverse actuacións neste ámbito de Vigo. A […]

Novas análisis do laboratorio de saúde pública confirman a redución dos parámetros na área de Vigo, aínda que a auga segue a ser de mala calidade

As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirmou no día de onte a redución dos valores de ferro e aluminio nos concellos da área metropolitana de Vigo, aínda que os parámetros seguen a ser altos nalgúns puntos da rede de abastecemento dos devanditos municipios. É […]

O alcalde sinala que as novas analíticas seguen a garantir a potabilidade da auga en todo Vigo

A auga de Vigo segue a ser 100% potable, tal e como indican as últimas analíticas realizadas das que esta mañá deu conta o alcalde. En rolda de prensa, precisou que o Concello non comezou a baldear aínda que a presa xa está por riba da súa capacidade e ten que ser baleirada.  Abel Caballero […]

O rexedor súmase á ruta de Carlos Casares que percorre os espazos do escritor en Vigo

O roteiro é unha “forma de rememorar a obra cultural e literaria do autor” ao reparar nos espazos significados da súa vida e obra. Promovido polo IES Carlos Casares e a Fundación, conta coa colaboración do Concello.  Abel Caballero participou este xoves xunto a estudantes nun dos percorridos do Roteiro Carlos Casares, posto en marcha […]

O goberno de Vigo aproba a contratación de 132 traballadores co programa Vigo Emprega

Caballero informou da aprobación das bases e convocatoria de selección de 132 traballadores para a edición 2018 do Vigo Emprega, profesionais que farán desde construción de beirarrúas ata melloras en colexios, no refuxio municipal da Madroa e no acceso ao Vao, entre outras.  O goberno local aprobou este xoves as bases e a convocatoria de […]

A asociación veciñal de Teis, reivindica no orzamento do concello unha biblioteca, parque infantil e beirarrúas para o barrio

A Asociación Veciñal de Teis, presentou onte no rexistro do Concello de Vigo, tres reclamacións ao orzamento do Concello de Vigo para o ano 2018, que se atopaba en período de exposición pública. Nestas alegacións a Asociación Veciñal de Teis, reivindica a inclusión no orzamento de tres novas partidas, por un importe total 1.314.000 euros, para […]

O rexedor celebra o “gran obxectivo” do millón de pasaxeiros e garante o mantemento dos apoios ao aeroporto

No acumulado do ano, Peinador pechou novembro ás portas do millón do pasaxeiros, un “gran obxectivo” que debe estar xa a estas alturas de decembro “conseguido”, en verbas do alcalde, quen asegurou o mantemento dos apoios para facer do vigués “un gran aeroporto de España”. Abel Caballero valorou este mércores os datos rexistrados polo aeroporto […]

O Concello outorga coa máxima celeridade a licenza para converter o Xeral na Cidade da Xustiza

Na Xerencia de Urbanismo do xoves verá luz verde a licenza de obras que permitirá iniciar a segunda parte da rehabilitación do edificio do Xeral para convertela na Cidade da Xustiza. O alcalde demanda á Xunta a mesma celeridade coa que actuou o Concello de forma que as obras sexan licitadas canto antes.  O alcalde […]

O goberno local programa esta fin de semana música de rondallas na cidade

O alcalde deu conta desta actividade enmarcada na programación municipal de Nadal durante unha visita ao Colexio Nuestra Señora de la Esperanza, onde tamén deu conta do comezo dos recitais de panxoliñas. Abel Caballero adiantou hoxe martes a celebración de desfiles de rondallas esta fin de semana e a próxima en diferentes zonas da cidade, […]

Concentración: Caballero, o lado escuro das políticas sociais

Nuns días estrease a nova peli de Star Wars, en Coia non queriamos desaproveitar a ocasión para ofrecer a nosa ollada sobre esta saga. Por iso o vindeiro martes 19 de decembro convocamos unha concentración baixo o lema: Caballero, o lado escuro das políticas sociais. Será a partires das 12:00 no parque de “Os volcáns” […]

O goberno de Vigo adxudica a “rehumanización” de García Olloqui e Praza de Compostela

O alcalde informou este xoves da adxudicación dunha obra que prevé “retomar aquela tan mal feita humanización” cun novo pavimento flexible, reducindo o ruido e cun deseño “acorde” á súa preferencia peonil. O Concello reserva 1,2 millóns ao efecto. O goberno vigués validou ademais humanizacións en Purificación Saavedra e na Avenida Atántida. A Xunta de […]

A xerencia de urbanismo concede a licenza para construír a sede da Universidade de Vigo no Berbés

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo acaba de conceder a licenza de obra que permitirá iniciar a rehabilitación dos edificios situados nos números 11, 13 e 15 da Praza do Berbés de Vigo para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo. Os tres inmobles foron cedidos polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ao organismo  educativo por un […]

Once empresas optan ás novas promocións do Consorcio

Finalizados os correspondentes prazos de presentación de ofertas un total de seis empresas ,no caso de Ferrería 8, e de cinco, no caso de Cruz Verde 8, achegaron a documentación oportuna para optar á realización destas dúas novas promocións do Consorcio Casco Vello de Vigo, organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun dez por cento […]

Caballero felicita ao Vigo Rías Baixas pola organización este domingo da Travesía a nado na praia de Ríos

O alcalde de Vigo transmitiulle os seus parabéns ao Club Natación Vigo Rías Baixas “polo xeito que estades movendo a natación en Vigo”, durante a presentación da segunda edición da Travesía a nado Vigo Rías Baixas, que se celebrará este domingo (10:30 horas) na praia de Ríos, en Teis. O rexedor valorou que é a […]

O rexedor augura unha final de nivel mundial mañá na Supercopa de Balonmán Feminino

Abel Caballero presentou este venres a XVIII Supercopa de España de balonmán feminino que enfronta mañá ao Mecalia Guardés e o Rocasa Gran Canaria (18:00 horas, As Travesas) e felicitou a Carlos Viver, seleccionador nacional absoluto feminino, “por tantos éxitos e avances na modalidade”.  O alcalde, acompañado polos presidentes da Real Federación Española de Balonmán […]

Caballero reclama á Xunta políticas de Xuventude para Vigo

O alcalde demandou esta mañá recursos para políticas de xuventude na cidade, logo de criticar a rebaixa de máis de 5 millóns de euros que a Xunta ven aplicando desde 2009. En declaracións aos medios, demandou ao goberno autonómico regresar aos estándares de investimento de hai 8 anos cando a partida era de 19,7 millóns […]

O Concello inicia a “gran reforma” do Mercado de Teis

O alcalde adiantou o inicio do procedemento para acometer o proxecto, que incluirá renovacións no interior e no exterior do espazo. Fíxoo durante a presentación da 4ª Ruta de Pinchos de Teis que xa está en marcha.  “Queremos facer unha gran reforma” despois das que xa realizamos nos mercados do Progreso e no do Berbés. […]

O goberno municipal dedica 110.000 euros a programas de Benestar Social

Abel Caballero explicou que se dedican programas como o servizo de transporte do programas de maiores, o de respiro familiar ou obras de reparación no Albergue. O Concello financia con 7.000 euros a organización da Festa do Mexilón e presta cinco pezas do Quiñones de León ao Museo Nacional de Arqueoloxía. A Xunta de Goberno […]

O Concello investiu máis de 12 millóns en humanizacións no barrio de Coia desde 2008

Máis de 12 millóns de euros investidos en humanizacións no barrio de Coia é o balance que avanzou esta mañá o rexedor, quen puxo en valor esta importante inversión municipal. Entre outras, referise á fase I da Avenida Castelao e entre os números 1-9) (610.714 euros); reparacións de pasos de peóns en rúa Grove (14,178 […]

O alcalde “satisfeito” pola valoración positiva que os vigueses fan dos servizos da cidade

A enquisa do Estudio do Observatorio de Servizos Urbanos revela que o 72% da cidadanía está satisfeito coas prestacións da cidade, especialmente coa recollida de lixo, a limpeza viaria e a auga.  Caballero valorou positivamente que soamente un 8% da veciñanza viguesa teña unha concepción negativa dos servizos municipais “e non hai unha soa cidade […]

A Autoridade Fiscal Independente certifica o liderado estatal das finanzas do Concello

O organismo independente salienta a débeda cero, o cumprimento da regra de gasto e o superávit do Concello de Vigo, e o sitúa no “lugar top” das cidades españolas, segundo valorou este xoves o alcalde. Caballero engadiu que o Concello de Vigo é o que antes paga aos proveedores das grandes urbes de España.  A […]

Concello e hostalaría coinciden na crítica á Xunta polo dano que a crise das Cíes causou á cidade

O alcalde de Vigo avanzoulle esta mañá ao sector hostaleiro a súa vontade de retomar a promoción das Illas Cíes pera volver contarlle a toda España que “Vigo é unha cidade extraordinaria que trata ben aos turistas”. Así llo dixo durante un encontro no que coincidiron en criticar á Xunta pola súa xestión na crise […]

O goberno de Vigo recomenda consumo responsable de auga e optimizará o uso público

Caballero explicou que os encoros de Zamáns e Eiras se atopan ao 75% da súa capacidade, o que garante o abastecemento da poboación ata decembro. Con todo, o alcalde recomendou á cidadanía un consumo responsable e anunciou o corte de auga en fontes de uso continuo e a optimización dos baldeos.  Abel Caballero cifrou no […]

O contrato da limpeza inclúe un punto limpo móbil e recollida porta a porta no Casco Vello

O rexedor apuntou que, amais da mellora que supoñerá a nova concesión no servizo prestado na zona rural, tamén se mellorará a recollida no Casco Vello xa que “empeza a ser un dos grandes lugares de encontro da cidade”. Así, o lixo recollerase “porta a porta en todo o ámbito, incluíndo domicilios e establecementos de […]

Medio Ambiente somete a consulta pública a ordenación provisional do concello de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio somete a consulta pública a documentación relativa á ordenación provisional do Concello de Vigo. Desta maneira, o departamento autonómico avanza na tramitación ambiental das medidas que permitirán manter a actividade vinculada a determinados ámbitos do planeamento anulado mentres dure a redacción do novo Plan Xeral de […]

O Concello organiza este domingo a Festa da Auga con tobogáns acuáticos e animación na rúa Colón

“A nosa propia festa da auga no centro da cidade”, adiantou o alcalde, con animación musical e a instalación dun tobogán grande e dous pequenos para os máis cativos, que estarán operativos en horario de mañá e tarde este domingo 27 de agosto. Segundo explicou Abel Caballero, as actividades da Festa da Auga estarán dispoñibles […]

O Goberno de Vigo deu luz verde á clasificación de ofertas para contratar as obras de reforma do Pavillón Monte da Mina

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para contratar as obras de reforma da estrutura e do pavimento do pavillón de Monte da Mina, en Castrelos. Abel Caballero explicou que investirá 260.000 euros na remodelación deste recinto polideportivo e que a duración dos traballos será de catro meses aproximadamente. Segundo […]

O goberno local aproba a contratación do servizo de limpeza por máis de 72 millóns

A partir do abril de 2018 Vigo contará cun novo servizo de limpeza pública tras a aprobación da contratación por 72.142.950 euros durante dous anos, con dúas posibles prórrogas de un ano cada unha. Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo é que Vigo sega a ser a cidade máis limpa de España cun […]