🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A FGAMT-CIG pídelle axilidade á Xunta no proceso de rescate da concesión da liña Viveiro-Ribadeo

Diante do anuncio de que a Xunta vai iniciar o proceso para a retirada  da concesión da liña de autobús A Mariña-Viveiro-Ribadeo á UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez, a FGAMT-CIG urxe á administración galega que formalice o rescate do servizo para non seguir prexudicando os traballadores/as afectados/as. O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, […]

A falta de decisións da Consellaría mantén nunha total incerteza ao persoal do transporte non subrogado

Este martes tiveron lugar as conciliacións previas polo proceso frustrado de subrogación entre as empresas Arriva Noroeste e a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez -compañía que actualmente se encarga de liña “A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos” e que se negou a asumir a totalidade do persoal subrogábel para este servizo-. As demandas presentadas -relativas ao persoal […]

A UTE adxudicataria da liña A Mariña-Viveiro-Ribadeo négase a subrogar a 15 traballadores/as

As negativas consecuencias do plan de transportes de viaxeiros/as por estrada da Xunta estanse a notar dende o primeiro día: a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez (que ten adxudicada a liña regular “A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos”) négase a asumir á totalidade dos traballadores e traballadoras de Arriva Noroeste que son sobrogábeis para este servizo. O […]

As asembleas de persoal do transporte ratifican por ampla maioría os acordos e desconvocan a folga

As asembleas de traballadores e traballadoras realizadas a última hora da tarde do mércores aprobaron por ampla maioría os acordos acadados nas mesas provinciais e na mesa galega do transporte para os novos convenios colectivos. Deste xeito queda desconvocada de maneira definitiva a folga nos autobuses de viaxeiros/as -que permanecía suspendida dende o pasado día […]

Avanzan as negociacións coa Consellaría, pero mantéñense as xornadas de paro no transporte

A xuntanza deste venres entre as centrais sindicais e a Consellaría de Infraestruturas deixa avances nas cuestións referidas ao persoal, mais dende a representación social xa se advertiu que o plan de transportes da Xunta segue estando en cuestión, polo que se manteñen as dúas xornadas de folga convocadas no sector para o martes e […]

A Xunta reacciona por fin e convoca xuntanza tripartita do transporte

O sector de transportes da FGAMT-CIG saúda que a Consellaría de Infraestruturas teña reaccionado por fin e convoque unha reunión tripartipa para esta mesma tarde, no formato que fora pactado hai dúas semanas entre a administración, a patronal e as centrais sindicais. Porén, a central non pode deixar de lamentar a tardanza desta reacción e […]

“A Xunta debe aclarar que pasará coas rutas de autobús se, como todo indica, quedan contratos desertos”

Ante as informacións que a Consellaría de Infraestruturas está difundindo interesadamente a través dos medios de comunicación a respecto do anteproxecto do plan de transportes e os motivos que levan á convocatoria de folga, a FGAMT-CIG quere facer as seguintes aclaracións: 1. Non é certo que haxa máis de 80 empresas presentadas aos contratos do […]

A folga do transporte dá un paso adiante coa ocupación de edificios administrativos da Xunta na Coruña, Compostela e Pontevedra

A folga no transporte de viaxeiros deu onte un paso adiante coa ocupación simbólica polos piquetes informativos da Dirección Xeral de Mobilidade en Compostela e a Dirección Provincial da Coruña; mentres que en Pontevedra o peche tiña lugar no despacho do delegado da Xunta. Con esta acción búscase que a Consellaría reaccione ante o conflito […]

Seguimento masivo da 2ª xornada de folga no transporte, mentres a Xunta segue sen reaccionar

A segunda xornada de folga no transporte de viaxeiros/as está a rexistrar novamente un seguimento maioritario, que acada case o 100% do persoal no transporte de liña e ten unha “elevadísima incidencia” tanto nos autobuses dos obreiros/as como no escolar. Á vista deste éxito, a FGAMT-CIG cualifica de irresponsábel a actitude da Consellaría de Infraestruturas, […]

O transporte de viaxeiros/as para de xeito masivo na 1ª xornada de folga

A primeira xornada da folga convocada no sector de transporte de viaxeiros/as está rexistrando un seguimento superior ao 95%, tal e como se deixaba notar a primeiras horas da mañá nas estacións de autobuses de todo o país, que hoxe teñen unha actividade practicamente nula. “As traballadoras e os traballadores tomaron moi a serio a […]