A Conselleira do Medio Rural comprométese a conseguir recursos para o financiamento dun plan de restauración forestal dos montes queimados

O mércores 13 de decembro a Conselleira do Medio Rural acompañada polo director xeral de Ordenación e Produción Forestal, o xefe territorial de Pontevedra e os xefes provinciais de Montes e Incendios Forestais, achegáronse á sede de Ponteareas da Asociación Forestal de Galicia onde mantiveron un encontro con directivos, técnicos, presidentes de comunidades e mancomunidades […]

O Comité de Coordinación Policial anti-incendios acorda intensificar a vixilancia e control nas zonas de maior actividade incendiaria

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presidiron esta mañá en Santiago a reunión do Comité de Coordinación Policial anti-incendios. Nesta xuntanza acordouse intensificar os labores de vixilancia nas zonas de maior actividade incendiaria e fíxose tamén unha avaliación dos lumes máis virulentos dos rexistrados este […]

Medio Rural tratará este ano máis de 30.000 castiñeiros fronte ás doenzas da avespiña e o chancro que afectan estas árbores

A Xunta rematará este mes os traballos de loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro correspondentes a este ano. En total, lévanse tratados uns 4200 pés desta especie a través da solta dun parasito (torymus sinensis) que impide aos insectos chegar á fase de multiplicación. Cómpre destacar que cada unha das vias con parasitos instálase […]

Ángeles Vázquez enxalza o labor dos viticultores e adegueiros galegos como “artífices do éxito dos nosos viños”

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, agradeceu hoxe o traballo dos adegueiros e viticultores galegos, que definiu como “os grandes artífices dos grandes éxitos que están acadando os nosos viños no panorama nacional e tamén no eido internacional”. Vázquez fixo este recoñecemento na inauguración do VII Salón do viño e licores galegos de calidade […]

A Xunta investiu máis de 3,4 millóns de euros na reestruturación parcelaria da zona de Cures, no concello coruñés de Boiro

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, desprazouse esta mañá ata o concello coruñés de Boiro para coñecer a situación actual da parcelaria da zona de Cures-Boiro, onde se levan investidos máis de 3,4 millóns de euros. Acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o alcalde do municipio, Juan José Dieste, […]

Ángeles Vázquez recibe á asociación Down Compostela para valorar posibles liñas de colaboración

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co presidente da asociación Down Compostela, Juan Jesús Martínez, coa intención de escoitar as súas demandas e necesidades. Neste encontro, Vázquez explicoulle as posibles fórmulas de apoio ás que podería acceder a entidade e comprometeuse a valorar estas liñas de colaboración. “O obxectivo en definitiva é o […]

A conselleira do Medio Rural clausurou esta tarde en Santiago a I xornada técnico-económica que organiza a sociedade cooperativa gandeira CLUN

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, clausurou a tarde de onte en Santiago a I xornada técnico-económica que organiza a sociedade cooperativa gandeira CLUN. Alí sinalou que grazas ao esforzo de todos os gandeiros galegos, a produción láctea na nosa comunidade medrou no último ano un 0,77%, por riba da media da UE, ao […]

Ángeles Vázquez destaca a fixación da poboación no rural como un dos grandes obxectivos da Xunta para esta lexislatura

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, explicou esta mañá no Parlamento as liñas estratéxicas de actuación do seu departamento para esta lexislatura, que conflúen no obxectivo global de fixar poboación no agro. Segundo dixo, trátase de promover iniciativas que xeren crecemento económico e melloren a calidade de vida, tendo sempre en conta criterios de […]

Medio Rural subvencionou o arranxo de máis de 800 camiños municipais por 16,2 millóns de euros no 2016 a través do Plan marco

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, trasladouse esta mañá ata o concello coruñés de Cabanas para supervisar os traballos de acondicionamento de varios camiños municipais e aproveitou para destacar que a Xunta subvencionou en 2016 o arranxo de máis de 800 infraestruturas viarias a través do Plan Marco, por un orzamento de 16,2 millóns […]

Ángeles Vázquez lembra que ata o día 31 deste mes permanece aberto o prazo para solicitar axudas do Leader xestionadas polos GDR

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, sinalou hoxe que ata final de mes está aberto o prazo para que os promotores interesados en levar a cabo proxectos no rural presenten os mesmos aos seus correspondentes Grupos de Desenvolvemento Rural. Aínda que os GDR están abertos de forma permanente á recepción de ideas, o día […]

A Xunta e a Delegación do Goberno en Galicia reforzan a coordinación para o control e seguimento da couza da pataca

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, para reforzar a coordinación nas tarefas de seguimento e control da couza guatemalteca da pataca. Na xuntanza tamén participaron a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e responsables da Policía Autonómica e […]

Galicia é unha das primeiras comunidades de España no sector vacún de carne por volume de produción e número de cabezas

Ángeles Vázquez salientou tamén o esforzo da Xunta e o sector en innovación, transformación e comercialización destes produtos e lembrou que 25 empresas galegas solicitaron no 2017 axudas para investir 19 millóns de euros neste eido. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, participou este […]