Libros Para Soñar celebrar o seu aniversario cunha sesión de contacontos

LIBROS PARA SOÑAR celebra o seu aniversario neste 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración a este día venres 21 para facela coincidir coa súa habitual sesión de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial recibirá a visita do ilustrador vigués Federico Fernández, que debuxará personaxes dos seus libros, entre […]

O músico Paco Nogueiras en LIBROS PARA SOÑAR

O músico Paco Nogueiras será o invitado especial de LIBROS PARA SOÑAR mañá venres, na primeira sesión de contacontos deste mes de decembro, a partir das 18:30 horas. O artífice das cancións do libro-disco “Brinca Vai!” interpretará pezas tan coñecidas desta obra publicada por KALANDRAKA, como “Cos pés na terra”. Ademais das cancións, tamén contará […]

A narradora Beatriz Campos imparte este mes un curso de Contacontos para adultos

A actriz e narradora Beatriz Campos impartirá un curso de contacontos para adultos do 24 ao 27 deste mes de outubro. Celebrarase na libraría LIBROS PARA SOÑAR do Casco Vello vigués e xa está aberto o periodo de inscrición, con prazas limitadas. “A arte de contar contos” realizarase en horario de 17:00 a 20:00 horas e está dirixido […]

O poeta Antonio Rubio visita esta semana Libros para Soñar para participar nos contacontos e ofrecer unha sesión formativa

O poeta Antonio Rubio, autor da colección “Do berce á lúa” para pre-lectores, de libros para público infantil como “Almanaque musical”, “Cores”, “Números”, e adaptacións de contos tradicionais como “A merliña” e “O poliño da abeleira”, publicados por KALANDRAKA, visitará esta semana LIBROSPARA SOÑAR. A primeira cita será este mércores, con dúas actividades: ás 17:30 horas participará na […]

Libros para soñar retoma mañá venres as sesións de contacontos na véspera do Día Internacional da Literatura infantil e xuvenil

Tras reabrir recentemente as súas portas, LIBROS PARA SOÑAR retomará mañá venres, a partir das 18:30 horas, a súa programación habitual de actividades de animación á lectura para público infantil. Na véspera do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora o sábado 2 de abril en homenaxe ao escritor Hans Christian Andersen polo aniversario do seu […]

Contos de aves, venres ás 18:30h en LIBROS PARA SOÑAR

As aves protagonizan a sesión de Contacontos de mañá en Libros para Soñar “Onde está o poliño de Rosalía?”, de Pat Hutchins, e as adaptacións dos contos tradicionais “O poliño da abeleira”, de Antonio Rubio e Gabriel Pacheco, e “A galiña roxa”, de Pilar Martínez e Marco Somà, van centrar o repertorio da sesión de contacontos que […]

Libros para soñar organiza unha sesión de Contacontos en lingua de signos

“Contos signados, contos coas mans” é o lema da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Asistirán a profesora da Universidade de Vigo Ana Fernández Soneira, especialista en lingua de signos, e Lucía González, que pertencen ao Grupo de Investigación en Lingua Española e Linguas Signadas (GRILES), que […]