A CIG iniciará medidas para que o marco da negociación colectiva en Ferroatlántica estea nos centros de traballo

A CIG, diante da sinatura do Acordo Marco para a regulación das relacións laborais e diferentes empresas do Grupo Ferroatlántica, adoptará as medidas legais e sindicais necesarias para que o marco de negociación colectiva continúe estando nos diferentes centros de traballo, e evitar así que se perpetre o roubo que representa o pacto acadado entre […]

O persoal de Ferroatlántica amosa o seu rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende impor

Os traballadores e as traballadoras de Ferroatlántica nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións para amosar o total rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende levar adiante, coa complicidade das centrais sindicais estatais, e que suporía vincular os convenios colectivos vixentes nos diferentes centros de traballo. […]

O persoal de Ferroatlántica continúa as concentracións en Cee contra a negociación do acordo marco

Os traballadores e as traballadoras das fábricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría e das Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións en rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende sacar adiante, coa complicidade das organizacións sindicais españolas, e que suporá vincular os diferentes convenios de empresa en vigor na actualidade. Como vén sendo […]

Delegados/as da CIG mobilízanse diante de Froiz en Ourense contra o incumprimento do convenio

Un grupo de delegados/as da FGAMT-CIG de Ourense desenvolveu hoxe unha concentración diante dun supermercado da marca Froiz para denunciar publicamente que a empresa incumpre o convenio colectivo do sector do Comercio de Alimentación que asinou. En concreto, sinalan a realización de excesos de xornada, os traslados e cambios de postos sen xustificación e a […]

Seguimento total na cuarta xornada de folga na planta de Leche Celta en Pontedeume

As traballadoras e traballadores da planta de Leche Celta en Pontedeume desenvolveron este luns a cuarta xornada de folga en demanda dun convenio que dignifique os seus salarios e as súas condicións. O paro (de 12 a 16 horas) está tendo un seguimento do 100% do persoal que hoxe tamén celebrou unha asemblea ás portas […]

Persoal da seguridade privada maniféstanse por un convenio digno que remate coa precariedade no sector

Traballadores e traballadoras da seguridade privada manifestáronse este martes polas rúas da Coruña en rexeitamento ao preacordo para o convenio colectivo estatal que, previsibelmente, se asinará mañá en Madrid entre a patronal Aprosec e as centrais sindicais UGT, CCOO e USO. Isto suporá manter a perda de dereitos salariais e laborais que vén padecendo o […]

A terceira xornada de folga en Leche Celta rexistra un seguimento do 100%

A terceira xornada de folga na factoría de Leche Celta en Pontedeume está a rexistrar un seguimento do 100%. Ao igual que nos días anteriores, o persoal mantivo unha concentración permanente durante as catro horas que dura o paro laboral (das 12 e ás 16 horas). Logo de tres días de paros e de parálise […]

Seguimento total e xantar reivindicativo na 2ª xornada de folga en Leche Celta

O 100% dos traballadores e as traballadoras de Leche Celta SLU están secundando este luns a segunda xornada de folga convocada nas fábrica de Pontedeume contra a parálise patronal na negociación do convenio de empresa. Nesta ocasión, o persoal, ademais de concentrarse diante das instalacións, ten organizado un xantar reivindicativo no que non faltan nin […]

Concentración diante do Parlamento para pedir o desbloqueo do convenio de seguridade privada

CCOO, UGT e USO convocan para mañá martes, día 24 de outubro, unha concentración do persoal de seguridade privada para esixir o desbloqueo das negociacións do convenio. A protesta terá lugar de 11 a 12:30 h diante do Parlamento de Galicia.  Os sindicatos denuncian que, tras meses de negociacións, a patronal segue a defender unha […]

CCOO rexeita o convenio provincial da Coruña de tinturerías e lavanderías por «desvalorizar» as condicións laborais

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia non asinará o convenio provincial da Coruña para o sector de tinturerías e lavanderías, xa que desvaloriza as condicións laborais. O sindicato critica as organizacións que aceptaron a «insultante» proposta patronal e asinaron o acordo previo (CIG, USO e CSI-F) por renunciaren a «importantes complementos», […]

Nova xornada de folga na provincia da Coruña e concentracións en Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía

O sector do siderometal galego continúa en pé de guerra para reclamar uns convenios provinciais dignos. Á nova xornada de folga celebrada no provincia da Coruña, que volveu ter un seguimento masivo tal e como evidenciaron as multitudinarias manifestacións, sumáronse hoxe mobilizacións en Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía. No caso da comarca da Coruña, a […]

Éxito total na segunda xornada de paro no metal da Coruña

A segunda xornada de folga no metal da provincia da Coruña está resultando un total éxito ao rexistrar un seguimento aínda maior que o do paro realizado o pasado xoves, e confirma así a vontade dos traballadores e traballadores do sector para pelexar por recuperar os seus dereitos e o poder adquisitivo perdidos nos últimos […]

CCOO informa das melloras no novo convenio para o persoal CESPA en Santiago de Compostela

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia informa do asinamento do novo convenio para o persoal da empresa CESPA en Santiago de Compostela. CCOO salienta que o convenio mantén as consquistas de anteriores negociacións, ao tempo que avanza en dereitos e garantías para o persoal. Entre as melloras cabe citar os incrementos […]

O metal segue en loita por un convenio digno: o 30 de maio manifestación na Coruña

Os traballadores e traballadoras do metal da provincia da Coruña seguirán coas mobilizacións en demanda dun convenio digno o próximo martes, 30 de maio, data na que está convocada unha manifestación na cidade herculina, con saída ás 20:30 horas da Praza da Palloza, e que dá continuidade ao calendario de protestas que o persoal vén […]

Nova xornada de mobilización polo convenio do metal da Coruña

Delegados e delegadas do sector do metal da provincia da Coruña proseguiron este martes co calendario de mobilizacións en rexeitamento ao bloqueo patronal e para esixir un convenio colectivo que recolla melloras salariais e sociais. Nesta ocasión, a concentración realizouse diante das oficinas de IMASA -unha das patronais con presenza na mesa de negociación- na […]

Folga na limpeza de Lugo dende o 18 de abril

Finalmente, a partir do 18 de abril as traballadoras e traballadores do sector da limpeza da provincia de Lugo comezarán unha folga indefinida, logo de que ASPEL, a asociación que representa a gran patronal estatal do sector, rexeitara a proposta presentada “in extremis” polo mediador. A negativa de ASPEL contrasta coa disposición da parte social […]

O persoal da limpeza de Lugo decide o venres en asemblea se acepta a proposta do mediador ou activa a folga

As traballadoras e traballadores da limpeza da provincia de Lugo realizarán unha asemblea o vindeiro venres, 7 de abril, para valorar se a proposta a presentada onte “in extremis” polo mediador é suficiente ou se pola contra activan a folga -agora suspendida- para esixir á patronal un convenio que recolla melloras salariais e sociais. A […]

Nos centros de atención á discapacidade, melloras laborais e convenio galego

As traballadoras e os traballadores dos centros de atención a persoas con discapacidade desenvolveron este xoves unha xornada de mobilizacións para reivindicar melloras salariais e laborais e a negociación dun convenio galego de sector que poña fin á precariedade que padece este colectivo. As concentracións realizáronse diante de todos os centros de Galiza que non […]

Convocada mobilización pola parálise da negociación do convenio do metal da Coruña

As centrais sindicais UGT, CCOO e CIG teñen convocada unha concentración de delegados e delegadas do sector do metal para o próximo xoves, 16 de marzo, ás 11:00 horas, diante da Confederación de Empresarios/as na Coruña (Praza de Luís Seoane), para denunciar a situación de bloqueo patronal na negociación do convenio provincial de siderometalurxia. As […]

Novas mobilizacións de CCOO, UGT e CIG por un «convenio xusto» nas residencias privadas da terceira idade

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG anuncian novas mobilizacións en defensa dun «convenio xusto» nas residencias privadas da terceira idade. Por esta razón, o próximo xoves, día 2 de marzo, ás 12 h, haberá unha concentración diante da residencia SARquavitae de Santiago de Compostela. Esta protesta chega despois da concentración na sede central de Geriatros […]

O comercio de alimentación en loita contra a precariedade e os “salarios de miseria”

A CIG-Servizos deu inicio este venres á campaña de mobilizacións para denunciar a precariedade que sofren as traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da Coruña, cuxas condicións laborais e salariais non se verán melloradas co convenio colectivo que acaba de asinar a patronal provincial con UGT e USO. A primeira protesta desenvolveuse en Arteixo, […]

Convocan unha concentración demandando un convenio xusto para as persoas traballadoras das privadas de terceira idade

Mañán xoves, as centrais sindicais CCOO, UGT e CIG veñen a convocar unha concentración demandando un convenio xusto para as persoas traballadoras das residencias privadas da terceira idade.   A patronal intenta impoñer un convenio en tres anos de auténtica miseria consistente nun incremmento salarial dun 0% no 2016; 0,5% no 2017 e 1% no […]

O persoal de Refesa irá á folga en xaneiro se non hai acordo no convenio colectivo

A asemblea de traballadores de Remolcadores Ferrolanos SA (Refesa) acordou iniciar mobilizacións e ir á folga, diante da parálise na negociación do convenio colectivo (en ultravixencia dende 2013) e a negativa da patronal a asumir ningunha mellora nos salarios e na regulación da xornada de embarque. Así o explicaron este xoves en rolda de prensa […]

Desconvocan a folga do lixo en Pontevedra tras o acordo en materia de antigüidade

O persoal da recollida do lixo de Pontevedra decidiu onte cun único voto en contra desconvocar a folga prevista para este domingo tras aceptar a proposta de convenio de Cespa-Ferrovial, que desiste da súa intención de que o persoal renuncie a reclamar a antigüidade dos contratos eventuais. O cadro de persoal da concesionaria do servizo […]