Asinado o convenio Concello-Deputación que garante o novo acceso a Monte Porreiro

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva asinaron hoxe o convenio de colaboración para a construción da nova estrada de acceso a Monte Porreiro. Xunto a eles estivo o concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente provincial, César Mosquera. O novo acceso ao barrio de Monte Porreiro suporá un […]

CCOO rexeita o convenio provincial da Coruña de tinturerías e lavanderías por «desvalorizar» as condicións laborais

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia non asinará o convenio provincial da Coruña para o sector de tinturerías e lavanderías, xa que desvaloriza as condicións laborais. O sindicato critica as organizacións que aceptaron a «insultante» proposta patronal e asinaron o acordo previo (CIG, USO e CSI-F) por renunciaren a «importantes complementos», […]

Terras de Pontevedra, un xeodestino diferenciado e de calidade

Promocionar a Mancomunidade Terras de Pontevedra como destino turístico diferenciado e de calidade no panorama estatal e internacional. É o afán compartido pola Xunta e os concellos que integran a mancomunidade – Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Cerdedo- Cotobade, Barro e Campo Lameiro- e que os leva a firmar un novo convenio para a realización […]

Turismo de Galicia impulsa a posta en valor da arte rupestre como recurso estrela da mancomunidade de Terras de Pontevedra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Mancomunidade de Terras de Pontevedra para consolidar esta comarca como un destino turístico diferenciado e de calidade, no que a Arte Rupestre terá un papel protagonista como recurso máis característico da zona. Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, […]

O alcalde propón á Xunta que achegue 200.000 euros ao Marisquiño

Caballero censurou que o goberno galego adique 40.000 euros ao “festival máis internacional que hai en toda Galicia”, mentres que a Deputación achega case 200.000 euros e o Concello de Vigo, 210.000 euros. O alcalde anuncia para a próxima semana o envío dunha carta ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo a sinatura dun convenio […]

Asinados os convenios para o acceso a Montecelo e a rotonda de Príncipe Felipe

O alcalde Miguel Fernández Lores e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaron hoxe os convenios de colaboración que farán posible a construción do acceso sur a Montecelo-Príncipe Felipe ou ronda leste -tramo que unirá a estrada Pino-Bora á altura do Marco con Montecelo e a rotonda de acceso ao centro Príncipe Felipe. Unha nova […]

Paros consolidados na cuarta xornada de folga do metal da provincia da Coruña

CCOO salienta o «éxito» da xornada de folga de hoxe no sector coruñés do metal, cos paros consolidados desde primeiras horas. Igual que nas anteriores xornadas de folga, a actividade está completamente parada nos polígonos industriais. Durante a mañá e o mediodía haberá diferentes actos reivindicativos na Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Ante a […]

A práctica totalidade do cadro de persoal de GKN en Vigo secunda os paros para reclamar un convenio xusto

A folga convocada na empresa GKN Driveline de Vigo para reclamar un convenio colectivo xusto está a ter un seguimento prácticamente total por parte dos traballadores/as, xa que ao inicio das tres primeiras quendas unicamente entraron a traballar tres técnicos/as. Os paros na compañía da automoción, que emprega a 980 persoas no polígono de Balaídos, […]

Desconvocada a folga en Denso tras acordar un convenio por tres anos

A asemblea de traballadores/as de Denso Sistemas Térmicos, compañía de automoción con sede en Vigo, decidiu este luns desconvocar a folga indefinida prevista para as 6.00 horas tras ratificar o preacordo acadado entre o comité de empresa e a dirección por 275 votos a favor e 39 en contra. Deste xeito, o novo convenio colectivo […]

A folga do metal na provincia da Coruña acada un seguimento masivo

A CIG fai unha valoración moi positiva do seguimento desta primeira xornada de folga convocada nos centros de traballo rexidos polo convenio de siderometal, que regula as condicións laborais duns 18.000 traballadores/as en toda a provincia. Uns paros que se repetirán os días 27 de xuño, 4 e 5 de xullo por mor do fracaso […]

O Consorcio Casco Vello de Vigo prolongará a súa actividade ata 2024

O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) acordou na súa reunión desta mañá, convocada con carácter extraordinario e presidida polo seu titular, Ignacio López-Chaves na súa condición de Delegado da Xunta de Galicia en Vigo, iniciar os trámites para solicitar a prórroga do convenio subscrito pola Xunta de Galicia e o […]

A CIG rexeita o preacordo de convenio colectivo asinado por CCOO e UGT coa patronal das Centrais de Chamadas

A CIG manifesta o seu rexeitamento ao preacordo de convenio colectivo asinado o pasado venres, día 31 de marzo, por CCOO, UGT e a patronal das empresas Contact Center (CA).  Un acordo -do que se negaron a dar copia ás centrais sindicais non asinantes e que houbo que solicitar por correo- que provocará para as […]

Persoal da sanidade privada volverá á rúa para rexeitar a proposta de convenio da patronal de Pontevedra

O persoal da sanidade privada da provincia de Pontevedra volverá a mobilizarse -tras as protestas de 2011- para rexeitar a proposta de convenio colectivo achegada pola patronal. As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha concentración diante do Sanatorio Concheiro de Vigo este luns ás 18.00 horas. Dende os sindicatos promotores das protestas explican que […]

A asemblea de Pescanova ratifica a suspensión da folga indefinida mentres se celebran as negociacións sobre o convenio

A asemblea de traballadores/as de Pescanova celebrada hoxe en Chapela aprobou por unanimidade a proposta das centrais de suspender a folga indefinida prevista para o vindeiro día 4 mentres se celebran as xuntanzas fixadas pola mediación laboral para intentar chegar a un consenso sobre os novos convenios colectivos. Con todo, o cadro de persoal da […]

A mediación fixa tres xuntanzas para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais en Pescanova

A Inspección de Traballo, que esta tarde iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección -CCOO participa nunha mesa de negociación distinta tras o veto dos outros sindicatos polo seu comportamento desleal- para abordar o que até o […]

Centos de persoas solidarízanse coa loita do persoal de Nueva Pescanova na segunda xornada de folga

Varios centos de persoas participaron hoxe na manifestación convocada en Vigo polo cadro de persoal de Nueva Pescanova coincidindo coa segunda xornada de folga para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. Durante a marcha berráronse consignas a prol da posta en liberdade do traballador detido pola Policía española a primeira hora da […]

Un detido na folga de Pescanova

Hoxe ás oito da mañá era detido Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo. Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores agardaban a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite. A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo […]

“Levantámonos porque non imos precarizar o emprego nin ser propiedade deles de luns a domingo”

Ana Bélen Vázquez Martínez Operaria de produción no centro industrial de Pescanova España en Chapela. Leva 14 anos na empresa e é a única representante da CUT na negociación do Convenio Colectivo. Pescanova vive un momento histórico. É a primeira vez que paran as máquinas dende a creación da empresa en 1960. Case 11 meses […]

O cadro de persoal de Pescanova convoca unha manifestación coincidindo co segundo día de folga

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu convocar unha manifestación en Vigo coincidindo coa segunda xornada de folga deste martes 21 para reclamar uns convenios colectivos dignos. Ao mesmo tempo, as centrais CIG, CUT, UGT e USO revelaron que barallan denunciar na Fiscalía a “actitude chulesca” da Policía española durante o primeiro día de […]

O comité de Clece, contrata da limpeza de PSA Citroën, convoca protestas contra os incumprimentos da empresa

O comité de empresa Clece, contrata do servizo de limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, vén de concentrarse diante da fábrica de automoción, a concentración foi de 13.00 a 14.30 horas para rexeitar os incumprimentos en materia laboral e para esixir o mantemento do emprego. Dende a representación da CIG no comité […]

A totalidade do cadro de persoal de Nueva Pescanova secunda o primeiro día de folga polo bloqueo do convenio

O 100% do cadro de persoal de Nueva Pescanova está a secundar a primeira das dúas xornadas de folga convocadas polas centrais CIG, CUT, UGT e USO para reclamar uns convenios colectivos dignos e rexeitar a precarización das condicións laborais. Coincidindo co paro, centos de empregados/as concentráronse dende primeira hora da mañá ás portas dos […]

Empregados de Pescanova impiden a entrada do persoal de ETT na empresa

Os traballadores/as de Nueva Pescanova impediron este sábado a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa para evitar que se fagan horas extras. O empregados/as da compañía de alimentación decidiran en asemblea deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo, polo que a dirección […]

Galicia é unha das primeiras comunidades de España no sector vacún de carne por volume de produción e número de cabezas

Ángeles Vázquez salientou tamén o esforzo da Xunta e o sector en innovación, transformación e comercialización destes produtos e lembrou que 25 empresas galegas solicitaron no 2017 axudas para investir 19 millóns de euros neste eido. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, participou este […]

O persoal de Pescanova convoca dúas xornadas de folga polo bloqueo da negociación do convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu hoxe nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela convocar dúas xornadas de folga os vindeiros martes 14 e 21 de marzo ante o bloqueo da renovación dos convenios colectivos tras máis de 10 meses de conversas. Ademais, os traballadores/as acordaron que no caso de que non se produzan […]