A asemblea de Pescanova debatirá a convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio

A asemblea de traballadores/as de Nueva Pescanova que se celebra en Redondela este sábado debatirá a posibilidade de promover unha convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio colectivo tras 10 meses de conversas. As centrais CIG, CUT, UGT e USO rexeitan a última proposta da empresa -que insiste na flexibilidade laboral e […]

O sector galego dos centros de chamadas volve á rúa para reclamar un convenio digno

Os traballadores/as galegos/as do sector dos centros de chamadas están a secundar amplamente a folga de 24 horas convocada pola CIG para reclamar un convenio colectivo xusto. Centos de empregados/as aproveitaron a xornada para mobilizarse polas rúas da Coruña, Vigo e Lugo en demanda dunhas condicións laborais dignas e para rexeitar a proposta patronal, que […]

Pescanova teima en precarizar o emprego e CCOO insta a empresa a «non insultar a intelixencia» do seu persoal

A Federación de Industria de CCOO de Galicia denuncia que Pescanova teima en precarizar o emprego. O sindicato insta a empresa a «non insultar a intelixencia» do persoal con medidas que incidan nesa liña, especialmente no tocante á recuperación de poder adquisitivo, o complemento de antigüidade e as táboas salariais. Canto á primeira das cuestións, […]

Convocan unha concentración demandando un convenio xusto para as persoas traballadoras das privadas de terceira idade

Mañán xoves, as centrais sindicais CCOO, UGT e CIG veñen a convocar unha concentración demandando un convenio xusto para as persoas traballadoras das residencias privadas da terceira idade.   A patronal intenta impoñer un convenio en tres anos de auténtica miseria consistente nun incremmento salarial dun 0% no 2016; 0,5% no 2017 e 1% no […]

GADISA e FROIZ terán que aplicar mecanismos de control de xornada

A CIG-Servizos denunciou esta mañá, en rolda de prensa, a enorme precariedade que padecen as traballadoras do sector de comercio-alimentación, con salarios que non chegan a ser nin mileuristas e xornadas interminábeis. Unha situación que se manterá logo de que UGT e USO asinaran un convenio na provincia da Coruña que nin sequera recolle mecanismos […]

Constitución da mesa de negociación do convenio do metal da provincia de Pontevedra

Este xoves, día 2 de febreiro, quedou constituída a mesa de negociación co convenio colectivo do sector do metal da provincia de Pontevedra. Na dita mesa haberá vinte e catro representantes, repartidos ao 50% para as organizacións patronais (ASIME, ATRA e Instalectra) e sindicais (CCOO, CIG e UGT). Comisións Obreiras contará con catro membros nesta […]

CCOO ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal da sanidade privada sobre o convenio

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal do sector privado sobre o convenio do ámbito. O sindicato coida «absolutamente insuficiente» a oferta económica formulada pola parte empresarial, pero tamén critica que non haxa melloras noutros aspectos.   Após varias reunións para negociar o convenio, a […]

CCOO-Industria denunciará precariedade laboral en Nueva Pescanova

​A Federación de Industria de CCOO de Galicia considera unha «falta de respecto» e case que unha «ameaza» ao persoal o último comunicado emitido pola dirección de Nueva Pescanova. O sindicato insiste en que non permitirá que a compañía condicione os plans de futuro á precariedade dos seus traballadores e traballadoras. Por esta razón, denunciará […]

Amplo seguimento da folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país

A xornada de folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país para reclamar un convenio colectivo digno no sector está a rexistrar novamente un amplo seguimento. Coincidindo co paro, centos de traballadores/as mobilizáronse en Vigo, A Coruña e Lugo en defensa das súas condicións laborais. Dende central explican que decidiron promover o paro […]

Comisiones Obreras rechaza las pretensiones de la Dirección de la Empresa Grupo Nueva Pescanova España

Los miembros de los Comités de Empresa, pertenecientes al Sindicato CCOO, quienes en su conjunto ostentamos la mayoría de la representación sindical del GRUPO NUEVA PESCANOVA ESPAÑA, manifestamos nuestro rechazo a las pretensiones de la Dirección de la Empresa de precarizar las condiciones de todo el personal de la compañía y en consecuencia lucharemos con […]

O persoal de Nueva Pescanova denunciará a “mala fé” da empresa e “cortará” as horas extra como medida de presión

Boa parte do cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu onte nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela denunciar na Inspección de Traballo a “mala fe negociadora da empresa” -que pretende impoñer un convenio que precariza as condicións laborais- e, como primeira medida de presión, “cortar” tanto as horas extras dos sábados como as que se poidan […]

A Xunta de Galiza crea unha nova categoría na administración pública: “chico e chica para todo”

“A Xunta de Galicia leva 8 anos incumprindo o convenio colectivo para o persoal laboral da Administración galega e negándose reiteradamente a convocar a mesa de funcións para definir as mesmas en todas as categorías, tal e como recolle o convenio, e agora pretenden eliminar todas as funcións de dito persoal para crear categorías que […]

O persoal das ambulancias volve á rúa para reclamar un convenio colectivo digno

Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG no sector das ambulancias desenvolveu a mañá de onte unha concentración no acceso ao hospital de día do Álvaro Cunqueiro de Vigo para reclamar un convenio colectivo digno. Dende a central denuncian que a patronal mantén paralizadas as negociacións coa complicidade da Xunta e apostan por […]

Sen arcordo o IV covenio da terceira idade de Galicia

Ás negociacións entre a patronal do sector e os sindicatos están rotas. A patronal nestes meses de negociación, intentou recortar salario e dereitos. Na última reunión do luns día 14, non modificou a anterior proposta de incremento 0 para 2016, 0,5% para 2017 e 1% para 2018; ademais propoñía modificar a antigüidade, pasando do cobro […]

“Non se descarta a folga” no comercio de alimentación de Pontevedra

Camiño da decimoquinta reunión negociadora, as patronais ASAP e FECOIN insisten nas súas propostas agresivas para o Convenio do Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, tentando laminar logros anteriores e impor recortes coa excusa da competitividade. As centrais sindicais rexéitano de forma unánime e “non descartan ir á folga” se “se tocan puntos innegociábeis”. […]