O BNG responsabiliza á xunta do caos en Cíes e pide a xestión pública do transporte marítimo da ria de Vigo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón responsabilizou hoxe á Xunta de Galiza da crise producida en Vigo pola sobrevenda de billetes ás Illas Cíes. As Illas Cíes, dixo, “non son Benidorm e Feijóo nos últimos anos danou gravemente a imaxe de Cíes, Vigo e Galiza poñendo en cuestión o funcionamento dun parque natural de […]

CCOO critica o SERGAS por rexeitar negociar a recuperación de dereitos «roubados» ao persoal sanitario durante a crise

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Sanidade) critica o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) por rexeitar na última mesa sectorial, que tivo lugar o pasado día 2, negociar a recuperación dos dereitos «roubados» ao persoal do ámbito durante a crise. Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade, reprochoulle á Administración sanitaria a súa […]

O grupo Rebelión dos Kioskos fai un comunicado

REBELIÓN DOS KIOSKOS é un grupo creado por profesionais da venda de publicacións de diversas partes do territorio nacional, e desde aquí queren facer pública a súa situación. Unha situación que os está levando á quebra e posterior peche dos dos negocios. Isto ocorre, principalmente, non pola baixada de vendas, nin por internet, nin pola xa manida […]

A CIG reclama a Caballero que priorice a política social e axilice as axudas de emerxencia

Esta tarde a Unión Comarcal de CIG de Vigo vén de facer público un comunicado no que reclama a administración local que priorice as políticas sociais diante da situación de “emerxencia social” que -aseguran- padece a cidade. “Humanizar a cidade pasa, en primeiro lugar, por poñer todos os medios, todos os recursos, todas as capacidades […]