🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Areeiro alerta de que persiste o “risco elevado” de mildeu para as viñas da provincia

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación provincial, acaba facer público o seu último aviso fitosanitario no que advirte de que persiste o risco “en nivel elevado” por Mildeu nas viñas da provincia. Segundo destacan, as previsións meteorolóxicas -a día de hoxe- continúan anunciando clima variable con certa posibilidade de precipitacións para […]

Carmela Silva presenta o “Atlántico Express” que unirá Vigo e Porto o 3 de xuño para promocionar os 8 + 1 “Festivais Rías Baixas”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, presentou esta mañá na estación de tren de Vigo-Guixar o “Atlántico Express”, o tren que unirá por segundo ano consecutivo as cidades de Vigo e Porto para promocionar os […]

Nigrán convértese no escenario da inauguración do programa da Deputación “Depo RúARTE 2017”

A praza do Concello de Nigrán acollerá o vindeiro sábado a inauguración do programa “Depo RúARTE“, impulsado pola Deputación de Pontevedra a través do servizo de Cohesión Social e Xuventude, que ten por obxectivo ofertar actividades de música, baile e pintura urbana para a mocidade da provincia. Trátase da segunda edición deste programa que este […]

A DEPO recibe 2 millóns de euros dos fondos europeos para proxecto transfronteirizo de xestión de residuos

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa, da aprobación por  parte da Unión Europea dunha nova achega de máis de dous millóns de euros, que permitirá a posta en marcha dunha estratexia transfronteiriza para a xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE). Este programa ten por  obxectivo a […]

A Deputación inicia renovación dun treito do firma da estrada provincial entre o Meixoeiro e o CUVI

A Deputación de Pontevedra iniciará mañá xoves a mellora da capa de rodadura dun treito da estrada provincial EP-2005. Esta actuación de asfaltado, que ten un orzamento de preto de 60.000 euros, completará a renovación da sinalización horizontal e vertical na vía, que está nestes momentos en fase de instalación. Segundo explica o deputado de […]

Expertos internacionais cualifican o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación como unha experiencia “referente” en Europa

Os expertos internacionais que esta semana están a pronunciar as súas clases maxistrais na ‘Facultade da Compostaxe’ cualificaron hoxe o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra como unha experiencia de xestión do lixo que “é e será un referente en toda Europa”. Tanto o director técnico de residuos do Norte de Italia, Michele Giavini; o ideólogo […]

Francesc Giró: “En Cataluña quen xera residuos, paga a súa xestión”

O director adxunto da Axencia Catalana de Residuos, Francesc Giró, explicou hoxe na súa clase maxistral para os alumnos da ‘Facultade da Compostaxe’ a máxima de que en Cataluña “quen xera residuos, paga a súa xestión”. Giró subliñou que o territorio catalán foi pioneiro á hora de pór en marcha unha lexislación específica que penaliza […]

A DEPO reúne na “Faculta da Compostaxe” aos expertos internacionais sobre o compost

A Deputación de Pontevedra reunirá esta semana na ‘Facultade da Compostaxe’ aos expertos internacionais de máis renome na actualidade sobre o tratamento do lixo orgánico e o compost: o ideólogo e fundador do chamado ‘modelo austríaco’, Florian Amlinger, e o técnico director de compostaxe de todo o Norte de Italia, Michele Giavini. Ambos impartirán leccións […]

Mobilidade da DEPO traballa na redacción dun proxecto para acceso alternativo ao porto de A Guarda

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, asegurou hoxe que a Deputación de Pontevedra está a traballar na elaboración dun proxecto para crear unha nova vía de acceso alternativo ao Porto de A Guarda. Os técnicos provinciais están a avanzar neste sentido despois de que o goberno local da vila solicitase axuda para desenvolver a […]

Carmela Silva destaca a calidade do produto do mercado grovense na acción de “Degusta Europa. A Gastronomía do Camiño”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe O Grove acompañada polo alcalde da vila, José Cacabelos, e a concelleira de Turismo, Emma Torres, no marco da campaña “Degusta Europa. A Gastronomía do Camiño“. A través destas accións, que consisten na elaboración en directo de tapas con produtos mercados ese mesmo día en […]

A Deputación e o Instituto Cervantes de Lisboa abren liñas de colaboración para emprender proxectos en materia de turismo e cultura

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo hoxe un encontro co Director do Instituto Cervantes de Lisboa, Javier Rioyo, no cal ambas as dúas institucións adiantaron o seu compromiso polo desenvolvemento de liñas de colaboración mutua que permitirá desenvolver proxectos en materia tanto de turismo como de cultura. A Presidenta da Deputación de […]

Preto de 3 millóns de euros para o territorio transfronteirizo do Miño

O territorio transfronteirizo do Miño beneficiarase dun investimento de preto de 3 millóns de euros grazas á concesión dos fondos europeos do programa Interreg VA-POCTEP anunciada hoxe. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez cualificou de “histórica” a aprobación dos proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho e subliñou que a […]

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en calmar o tráfico e pintar as estradas provinciais

A Deputación de Pontevedra iniciará esta primavera actuacións de calmado de tráfico e de sinalización horizontal en alomenos 17 estradas de titularidade provincial na comarca do Condado-Paradanta. Así o explicou hoxe o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen presentou en Nigrán o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) para a zona que, xunto coa […]

Esgotadas as 50 prazas da segunda sesión do programa “Visitas cruzadas”

Tras abrirse o prazo de inscrición esta mañá ás 10, en apenas dúas horas esgotáronse as 50 prazas  para participar na sesión do vindeiro domingo de “Visitas Cruzadas”. Trátase da segunda xornada deste programa especialmente deseñado para dar a coñecer as coleccións do Edificio Sarmiento e do Sexto dun xeito diferente ao habitual e da […]

Cangas acolle “De Pontevedra a Río 2016”, a homenaxe ao deporte olímpico e paralímpico da provincia

A exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016”, organizada pola Deputación de Pontevedra, segue o seu percorrido polas vilas da provincia. Esta mostra, que lles rende homenaxe aos e ás deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos […]

O mildeu segue a ser o principal risco para viña e horta nesta semana

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, indica que as condicións metereolóxicas anunciadas para a vindeira semana incrementarán o risco de infeccións por mildeu na viña e sinalan distintas recomendacións segundo a situación das parcelas. Así, para as parcelas que aínda están protexidas por un tratamento anterior só aconsellan vixiar o estado […]

A campaña “Moito por descubrir” chega este luns a Lisboa da man da Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do Vicecónsul de Portugal, Manuel Correia da Silva, adiantou esta mañá as actuacións que a institución provincial desenvolverá en Lisboa a vindeira semana. Silva resaltou “a dobre vertente desta visita á capital portuguesa xa que amais de promover o destino Rías Baixas ten por obxectivo avanzar […]

DEPO e Concello de Barro reparten 700kg de compost do Plan Revitaliza entre veciños e escola infantil

O concello de Barro foi hoxe o protagonista do Plan Revitaliza da Deputación: entregouse por primeira vez á veciñanza un lote de compost producido no centro de compostaxe comunitaria instalado nas inmediacións do Concello e tamén se levou unha partida á Escola Infantil para fertilizar un xardín. No acto estiveron a deputada de Areeiro, Eva […]

A Deputación erixe a Tui como epicentro do debate europeo sobre Mobilidade Transfronteiriza

“Mobilidade transfronteiriza: a raia húmida a debate a través de casos europeos de éxito’ é o título das xornadas organizadas pola Deputación que farán do Concello de Tui o epicentro do debate europeo sobre mobilidade transfronteiriza o vindeiro venres. O obxectivo é analizar con representantes de grande talla internacional cales deben ser as liñas de […]

O conflito existente entre o goberno de Deputación de Pontevedra e os traballadores do parque de maquinaria é público e notorio dende hai meses. Os aspectos da negociación ata o día de hoxe “non son en ningún caso motivo de debate pola nosa parte, reprobamos con toda claridade algunhas das accións efectuadas contra persoas concretas […]

“Degusta Europa” chega a Tui cun menú elaborado pola escola de hostaleria Manuel Antonio de Vigo

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e coa deputada de emprego, Montse Magallanes, asistiron hoxe no mercado de abastos de Tui á segunda xornada do “Degusta Europa. Gastronomía no Camiño“. Silva manifestou que “esta iniciativa ten por obxectivo reivindicar e potenciar a calidade dos produtos locais […]

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cualificou hoxe de preocupantes os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2017 onde o número de desempregados creceu en máis de catrocentas mil persoas en todo o país. Especialmente alarmante, segundo Silva, é a situación da provincia de Pontevedra, onde a pesar […]

Carmela Silva asina os convenios de colaboración co Club Ciclista Froiz e o Rías Baixas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou hoxe os convenios de colaboración da institución cos clubs ciclistas Froiz de Poio e Rías Baixas de Nigrán. Ao acto da firma ademais do director técnico do Froiz, Evaristo Portela, e o presidente do Rías Baixas, José Luis Chamorro, asistiron os  alcaldes de Poio, Luciano Sobral, […]

DEPO reunirá en Tomiño aos máximos especialistas de Europa en cooperación transfronteiriza para desenvolver a AECT RÍO MIÑO

A Deputación de Pontevedra reunirá o vindeiro venres 21 en Tomiño aos máximos especialistas en Cooperación Transfronteiriza de toda Europa. O obxectivo, segundo sinalou o deputado Uxío Benítez, responsable na materia na institución provincial, é “aprender dos logros e debilidades doutras experiencias de éxito para desenvolver a nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río […]

Museo de Pontevedra incorpora ás salas de exhibición unha escultura da Virxe do Leite do século XV, logo de restaurala coa súa cabeza orixinal

O deputado de Cultura, Xosé Leal, presentou hoxe no Museo de Pontevedra a escultura dunha Virxe do Leite do século XV que vén de incorporarse ás salas de exhibición e que ten unha curiosa singularidade: chegou cunha cabeza que non lle correspondía e finalmente foi restaurada coa orixinal logo de que os técnicos do Museo […]

Primeiras manchas de mildeu nas viñas e Areeiro aconsella realizar os tratamentos canto antes

Fotografía: EFA-DIP.org A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, vén de anunciar no seu último aviso fitosanitario a detección das primeiras manchas de Mildeu tanto en fincas privadas como nas viñas propias de seguimento en diferentes puntos da provincia. Os técnicos aconsellan realizar os tratamentos canto antes, sobre todo se non […]

Concello e Deputación promoven o viño da provincia no Atlante Wine Forum 2017

A terceira edición de Atlante Vigo Forum chega a Vigo de novo como experiencia didáctica e empresarial complementaria á formación impartida no Instituto Galego do Viño. Tal e como destacou Santos Héctor, este foro en tan só dous anos, conseguiu converterse nun dos eventos internacionais vitivinícolas de maior interese do noroeste peninsular. O luns 17 […]

Carmela Silva expresa a súa profunda dor polo repentino falecemento da política Carme Chacón

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou esta tarde a súa consternación pola inesperada morte da política Carme Chacón aos 46 anos de idade, “unha muller, dixo Silva, que foi sempre un exemplo de tesón e loita para todas e todos e que abriu moitas portas a todas as mulleres”. A presidenta provincial […]

DEPO recibiu nunha semana máis de 1.700 solicitudes para que os nenos visiten a exposición “Imaxinar a educación. 50 anos con Frato”

A exposición ‘Imaxinar a educación. 50 anos con Frato’, organizada pola Deputación e que recolle unha retrospectiva do traballo do pedagogo italiano Francesto Tonucci, está a ter tirón. Así o demostra o alto número de solicitudes para realizar visitas concertadas cos centros educativos da provincia: en só unha semana recibíronse peticións para que máis de […]

Goberno de Carmela Silva redobla a súa aposta pola promoción da provincia coa ambiciosa campaña de “Turismo Rías Baixas 2017”

A Presidenta Carmela Silva levará a campaña de promoción a Vigo, Madrid, Lisboa e Porto “Témolo todo, así que saiamos a contalo” A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, presentou hoxe no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, a ambiciosa nova […]

Estación fitopatolóxica de Areeiro advirte da necesidade de tratar viña e cultivos afectados pola sarabia

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) vén de facer público o seu último aviso fitosanitario, no que advirte da necesidade de tratar a viña e outros cultivos para minimizar os danos producidos pola sarabia caída nos últimos días. Así mesmo, os técnicos sinalan que é preciso vixiar os gromos de maceiras e pereiras para detectar […]

A DEPO pon a disposición dos concellos costeiros as máquinas limpapraias provinciais de cara á Semana Santa e ao verán

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación xa puxo a disposición dos concellos costeiros da provincia as catro máquinas limpapraias do parque provincial. O responsable nacionalista indicou que, dada a proximidade da tempada alta tanto de Semana Santa como do verán, xa está aberto o prazo de solicitude e estanse a […]

Carmela Silva anuncia a retirada dos máis de 300 eucaliptos da finca do castelo de Soutomaior

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe que a institución provincial vén de adxudicar a tala de todas as pezas de eucalipto, máis de 300, que se atopan na finca do castelo de Soutomaior. As pezas desta árbore están espalladas nos terreos anexos ao castelo, ao longo das 25 hectáreas de explotación […]

Deputación de Pontevedra e concello de Vilaboa dan luz verde ao proxecto das novas instalación do club de piragüismo da vila

O goberno provincial de Carmela Silva e o Concello de Vilaboa pecharon o acordo para afrontar a esperada rehabilitación do Club de Piragüismo dando así resposta a unha demanda histórica na localidade pontevedresa.  Ambas as administracións cofinanciarán as obras despois de que o Concello vísese obrigado a reformular o proxecto previsto nun principio pola decisión […]

Minuto de silencio na DEPO por atentado en Londres

O vicepresidente da Deputación César Mosquera manifestou hoxe, en nome dos traballadores e do grupo de goberno provincial, a súa repulsa polo atentado acontecido en Londres. Mosquera, que participou no minuto de silencio organizado conxuntamente entre a Deputación e o Concello de Pontevedra, subliñou que “o fanatismo e a irracionalidade non levan a ningún nado máis que a crear […]

Mosquera: “Gustaríame anunciar en 2 meses que hai proxectos significados para crear parques forestais nos montes”

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, anunciou hoxe que as bases de subvencións a concellos destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais aprobarase este venres en Xunta de Goberno provincial. Os municipios interesados, que poderán acadar ata 1,2 millóns de euros en axudas, disporán de dous meses para presentar as súas […]

Goberno de Carmela Silva aproba o expediente para a contratación da execución do programa “Depo en marcha”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en marcha“, ao que este ano a institución provincial destina 120.000 €. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recordou que o ano pasado participaron no programa preto de […]

Areeiro advirte que é moi cedo para iniciar tratamentos contra o Mildeu nas viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un aviso no que advirte de que aínda é moi cedo para comezar os tratamentos contra o Mildeu na viña. Os técnicos recomendan agardar a que os gromos das vides teñan un desenvolvemento maior, xa que de momento non son […]

O Pontegal contabiliza 1.436 artistas e grupos inscritos

A Xunta do Goberno provincial aprobará o vindeiro venres o catálogo de grupos acollidos ao Pontegal 2017, que nesta edición acadou as 1.436 inscricións, un cento máis que no pasado exercicio. Hai que lembrar que a principal novidade na convocatoria deste ano se atopa no apartado de teatro, no que se diferenciaron dúas categorías para […]

DepoEmprega organiza obradoiros para axudar ás persoas desempregadas a incorporarse ao mercado laboral

A Deputación de Pontevedra acaba de anunciar a realización de dous obradoiros que terán lugar ao abeiro do programa DepoEmprega 2016 durante o mes de marzo. Esta iniciativa está destinada a un total de 60 persoas desempregadas da provincia (concretamente dos concellos de Bueu, Cangas, Poio, Pontevedra e Vigo) con diversidade funcional, mulleres vítimas da […]