Asinado o convenio Concello-Deputación que garante o novo acceso a Monte Porreiro

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva asinaron hoxe o convenio de colaboración para a construción da nova estrada de acceso a Monte Porreiro. Xunto a eles estivo o concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente provincial, César Mosquera. O novo acceso ao barrio de Monte Porreiro suporá un […]

Areeiro alerta de que persiste o “risco elevado” de mildeu para as viñas da provincia

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación provincial, acaba facer público o seu último aviso fitosanitario no que advirte de que persiste o risco “en nivel elevado” por Mildeu nas viñas da provincia. Segundo destacan, as previsións meteorolóxicas -a día de hoxe- continúan anunciando clima variable con certa posibilidade de precipitacións para […]

Carmela Silva presenta o “Atlántico Express” que unirá Vigo e Porto o 3 de xuño para promocionar os 8 + 1 “Festivais Rías Baixas”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, presentou esta mañá na estación de tren de Vigo-Guixar o “Atlántico Express”, o tren que unirá por segundo ano consecutivo as cidades de Vigo e Porto para promocionar os […]

O rexedor eloxia a “nova dimensión” coa que a Deputación aborda o turismo e o ocio

A estación de tren de Vigo-Guixar acolleu este venres a presentación da experiencia “Atlántico Express” que promove a Deputación de Pontevedra e que se desenvolve o 3 de xuño cunha viaxe entre Vigo e Oporto para dar a coñecer os festivais das Rías Baixas e degustar os mellores produtos gastronómicos. No acto, Abel Caballero felicitou […]

400.000 euros para O marisquiño subvencionados por Concello e Deputación

O alcalde salientou que “o Concello e a Deputación facemos un esforzo, sendo o ano que máis achegamos” ao festival e “estamos encantados” porque ten un “arraigo extraordinario e un rango internacional”. O convenio aprobado este xoves recolle que a Deputación financia o evento con 181.500 euros. o Concello fai unha achega de 218.500 euros […]

Nigrán convértese no escenario da inauguración do programa da Deputación “Depo RúARTE 2017”

A praza do Concello de Nigrán acollerá o vindeiro sábado a inauguración do programa “Depo RúARTE“, impulsado pola Deputación de Pontevedra a través do servizo de Cohesión Social e Xuventude, que ten por obxectivo ofertar actividades de música, baile e pintura urbana para a mocidade da provincia. Trátase da segunda edición deste programa que este […]

A DEPO recibe 2 millóns de euros dos fondos europeos para proxecto transfronteirizo de xestión de residuos

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa, da aprobación por  parte da Unión Europea dunha nova achega de máis de dous millóns de euros, que permitirá a posta en marcha dunha estratexia transfronteiriza para a xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE). Este programa ten por  obxectivo a […]

Aberto o prazo de inscrición para o torneo de pádel da Deputación de Pontevedra

Redondela acollerá os días 27 e 28 de maio o Torneo Deputación de Pontevedra de Pádel con motivo da inauguración das novas pistas do complexo deportivo de Santa Mariña, financiadas pola institución provincial. As e os interesados en participar no campionato poderán inscribirse dende hoxe, e de xeito gratuíto, a través do correo diesemm@diesemm.com ata […]

A Deputación inicia renovación dun treito do firma da estrada provincial entre o Meixoeiro e o CUVI

A Deputación de Pontevedra iniciará mañá xoves a mellora da capa de rodadura dun treito da estrada provincial EP-2005. Esta actuación de asfaltado, que ten un orzamento de preto de 60.000 euros, completará a renovación da sinalización horizontal e vertical na vía, que está nestes momentos en fase de instalación. Segundo explica o deputado de […]

Expertos internacionais cualifican o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación como unha experiencia “referente” en Europa

Os expertos internacionais que esta semana están a pronunciar as súas clases maxistrais na ‘Facultade da Compostaxe’ cualificaron hoxe o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra como unha experiencia de xestión do lixo que “é e será un referente en toda Europa”. Tanto o director técnico de residuos do Norte de Italia, Michele Giavini; o ideólogo […]

Francesc Giró: “En Cataluña quen xera residuos, paga a súa xestión”

O director adxunto da Axencia Catalana de Residuos, Francesc Giró, explicou hoxe na súa clase maxistral para os alumnos da ‘Facultade da Compostaxe’ a máxima de que en Cataluña “quen xera residuos, paga a súa xestión”. Giró subliñou que o territorio catalán foi pioneiro á hora de pór en marcha unha lexislación específica que penaliza […]

A DEPO reúne na “Faculta da Compostaxe” aos expertos internacionais sobre o compost

A Deputación de Pontevedra reunirá esta semana na ‘Facultade da Compostaxe’ aos expertos internacionais de máis renome na actualidade sobre o tratamento do lixo orgánico e o compost: o ideólogo e fundador do chamado ‘modelo austríaco’, Florian Amlinger, e o técnico director de compostaxe de todo o Norte de Italia, Michele Giavini. Ambos impartirán leccións […]

Mobilidade da DEPO traballa na redacción dun proxecto para acceso alternativo ao porto de A Guarda

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, asegurou hoxe que a Deputación de Pontevedra está a traballar na elaboración dun proxecto para crear unha nova vía de acceso alternativo ao Porto de A Guarda. Os técnicos provinciais están a avanzar neste sentido despois de que o goberno local da vila solicitase axuda para desenvolver a […]

Caballero celebra o proxecto compartido da cidade e a Deputación na Igrexa de Fátima

A Igrexa de Fátima conta desde este venres cun conxunto escultórico que reproduce as figuras dos tres pastores de Fátima, realizado ao abeiro dun convenio entre a Deputación de Pontevedra e a parroquia. Durante o acto de inauguración, o rexedor aludiu á importancia do traballo compartido e felicitou á presidenta Carmela Silva, ao párroco e […]

Escolares do CEIP Pena de Francia de Mos visitan “Imaxinar a educación. 50 anos con Frato”

Uns 30 de rapaces e rapazas de 4º de Primaria do CEIP Pena de Francia do concello de Mos realizaron na mañá de hoxe unha visita á exposición “Imaxinar a Educación.50 anos con Frato” que a Deputación de Pontevedra mantén aberta no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alí puideron coñecer as viñetas máis representativas de Francesco […]

Areeiro advirte de que é preciso renovar os tratamentos das viñas contra o mildeu tan pronto paren as chuvias

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de advertir no seu último aviso fitosanitario da necesidade de renovar os tratamentos contra o Mildeu tan pronto como pare o tempo inestable que se está a rexistrar. Segundo aseguran os técnicos, o nivel de risco para esta enfermidade é elevado dadas […]

Carmela Silva destaca a calidade do produto do mercado grovense na acción de “Degusta Europa. A Gastronomía do Camiño”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe O Grove acompañada polo alcalde da vila, José Cacabelos, e a concelleira de Turismo, Emma Torres, no marco da campaña “Degusta Europa. A Gastronomía do Camiño“. A través destas accións, que consisten na elaboración en directo de tapas con produtos mercados ese mesmo día en […]

A Deputación e o Instituto Cervantes de Lisboa abren liñas de colaboración para emprender proxectos en materia de turismo e cultura

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo hoxe un encontro co Director do Instituto Cervantes de Lisboa, Javier Rioyo, no cal ambas as dúas institucións adiantaron o seu compromiso polo desenvolvemento de liñas de colaboración mutua que permitirá desenvolver proxectos en materia tanto de turismo como de cultura. A Presidenta da Deputación de […]

Preto de 3 millóns de euros para o territorio transfronteirizo do Miño

O territorio transfronteirizo do Miño beneficiarase dun investimento de preto de 3 millóns de euros grazas á concesión dos fondos europeos do programa Interreg VA-POCTEP anunciada hoxe. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez cualificou de “histórica” a aprobación dos proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho e subliñou que a […]

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en calmar o tráfico e pintar as estradas provinciais

A Deputación de Pontevedra iniciará esta primavera actuacións de calmado de tráfico e de sinalización horizontal en alomenos 17 estradas de titularidade provincial na comarca do Condado-Paradanta. Así o explicou hoxe o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen presentou en Nigrán o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) para a zona que, xunto coa […]

Esgotadas as 50 prazas da segunda sesión do programa “Visitas cruzadas”

Tras abrirse o prazo de inscrición esta mañá ás 10, en apenas dúas horas esgotáronse as 50 prazas  para participar na sesión do vindeiro domingo de “Visitas Cruzadas”. Trátase da segunda xornada deste programa especialmente deseñado para dar a coñecer as coleccións do Edificio Sarmiento e do Sexto dun xeito diferente ao habitual e da […]

Cangas acolle “De Pontevedra a Río 2016”, a homenaxe ao deporte olímpico e paralímpico da provincia

A exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016”, organizada pola Deputación de Pontevedra, segue o seu percorrido polas vilas da provincia. Esta mostra, que lles rende homenaxe aos e ás deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos […]

O mildeu segue a ser o principal risco para viña e horta nesta semana

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, indica que as condicións metereolóxicas anunciadas para a vindeira semana incrementarán o risco de infeccións por mildeu na viña e sinalan distintas recomendacións segundo a situación das parcelas. Así, para as parcelas que aínda están protexidas por un tratamento anterior só aconsellan vixiar o estado […]

A campaña “Moito por descubrir” chega este luns a Lisboa da man da Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do Vicecónsul de Portugal, Manuel Correia da Silva, adiantou esta mañá as actuacións que a institución provincial desenvolverá en Lisboa a vindeira semana. Silva resaltou “a dobre vertente desta visita á capital portuguesa xa que amais de promover o destino Rías Baixas ten por obxectivo avanzar […]

1 2 3 7