🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O alcalde propón á Xunta que achegue 200.000 euros ao Marisquiño

Caballero censurou que o goberno galego adique 40.000 euros ao “festival máis internacional que hai en toda Galicia”, mentres que a Deputación achega case 200.000 euros e o Concello de Vigo, 210.000 euros. O alcalde anuncia para a próxima semana o envío dunha carta ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo a sinatura dun convenio […]

Aberto o prazo para solicitar axudas para a mellora do monte mediante a creación de parques forestais nos concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das axudas da Deputación para a mellora do monte dos concellos de Pontevedra mediante a creación de parques forestais. O prazo de presentación de solicitudes finalizará dentro de dous meses, o 5 de xuño. Na provincia de Pontevedra actualmente existen sobre unhas 31.654 hectáreas de monte […]

Departamento provincial de Cultura e Lingua levou máis de 200 actuacións aos concellos da provincia

Por primeira vez, as localidades tamén contaron cunha liña de axudas específicas en materia de normalización e dinamización do galego, á que se lle engadiron as de sinalización de elementos patrimoniais, e rehabilitación do patrimonio histórico e artístico. “Ter en conta a todos e cada un dos concellos da provincia, e asegurarnos así de que a toda a […]

O PP asegura que o goberno da DEPO “é o máis irrelevante da historia”

O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe no Parlamento que o actual Goberno da Deputación de Pontevedra, presidido por Carmela Silva, “é o máis irrelevante da historia” e dixo que “se o seu plan era demostrar a inutilidade das deputacións provinciais, teño que felicitala porque logrou o obxectivo”. Ademais, Pazos lembrou que este […]

A Deputación prepara xa o contrato das rozas para as estradas provincias de cara ao vindeiro verán

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou hoxe que a Deputación está xa a traballar no contrato para realizar as rozas das estradas provinciais de cara ao vindeiro verán: A intención é que para a tempada estival as marxes das vías de titularidade da Deputación estean totalmente saneadas, e se facilite así a mobilidade peonil e […]

A Deputación abre ao uso a variante da EP-5002 e a nova ponte sobre o ría Deva na Cañiza

O Deputación de Pontevedra abriu hoxe ao tráfico oficialmente a variante da estrada provincial EP-5002 e a nova ponte sobre o río Deva en A Cañiza financiadas integramente pola institución provincial. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, o responsable provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde Miguel Domínguez, retiraron simbolicamente as vallas de obra […]

A Deputación abre a convocatoria para o posto de Dirección do Servizo Provincial de Mobilidade

A Deputación de Pontevedra vén de abrir a convocatoria para cubrir o posto de dirección da área provincial de Mobilidade. Dende hoxe e durante 15 días hábiles os aspirantes poden presentar as súas solicitudes, que deben ir acompañadas dun proxecto de dirección e organización para o servizo. Segundo destaca o deputado Uxío Benítez, a intención […]

A Deputación contrata asistencia técnica para vixiar seguridade e saúde e previr riscos laborais en todas as obras

A Deputación de Pontevedra garantirá mediante unha asistencia técnica que todas as obras que realice o departamento de Mobilidade na provincia cumpran coa normativa vixente en materia de seguridade, saúde e prevención de riscos laborais. O contrato terá unha duración de dous anos prorrogables a outros dous e unha contía variable en función do número […]

Seminario de Composta en Rede trae a Pontevedra a 300 interesados no Plan Revitaliza de Compostaxe da DEPO

O seminario de Composta en Rede sobre compostaxe doméstica e comunitaria traerá mañá a Pontevedra a preto de 300 persoas interesadas no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, a alta inscrición está “respostando ás expectativas xeradas polo traballo provincial na materia, que é moi novidoso polas súas aspiracións, e que […]

A Deputación prorroga as bolsas de traballo ás mestras e mestres composteiros

O vicepresidente Mosquera destaca a “cualificación extraordinaria” dos profesionais que se encargan da xestións dos composteiros comunitarios. Nos vindeiros meses estes técnicos elaborarán os plans de residuos municipais dos concellos da provincia e impartirán cursos de formación para operarios. “As mestras e mestres composteiros que se encargan da xestión dos centros de compostaxe comunitaria están a demostrar unha cualificación extraordinaria. […]

MAREA DE VIGO pide a non actuación da deputación nos concellos afectados pola área metropolitana e que sexa esta a que xestione os servizos

RUBÉN PÉREZ (MAREA DE VIGO) “QUE XUNTA E CONCELLO DIALOGUEN E ARTELLEN DESBLOQUEOS EN TEMAS ESENCIAIS PARA A CIDADE POR UN RESULTADO NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS AMOSA QUE O BLOQUEO NA ANTERIOR LEXISLATURA FOI MERO CÁLCULO ELECTORAL” O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, valorou a pasada lexislatura como “unha lexislatura perdida” […]