🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Nova xornada de loita e reivindicación para reclamar salarios dignos, emprego estable e recuperación de dereitos sociais

Galicia viviu esta mañá unha nova xornada de loita e reivindicación na que a cidadanía se mobilizou nas cidades e vilas de Ferrol, Santiago, Lugo, Celeiro (Viveiro), Ourense, Pontevedra e Vigo para reclamar salarios dignos, emprego estable e recuperación de dereitos sociais. A concentración da Coruña terá lugar este serán, a partir das 20 horas. […]

Sábado 1/10 – Charla: “Precariedade, pobreza e dereitos sociais”, Koldobi Velasco

O vindeiro sábado 1 de outubro temos o pracer de ter en Coia a Koldobi Velasco. Falará de “Precariedade, pobreza e dereitos sociais” nunha charla que realizaremos nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” a partires das 12h00. A xente da ODS e do G.A.S. organizamos esta charla aproveitando que, o día anterior, Koldobi […]

Presentación da Guía de Axudas Sociais

O XOVES 15 de outubro PRESENTAMOS a GUIA de AXUDAS SOCIAIS. Información ao servizo das persoas! en VIGO. Será no C.S.O.A. A QUINTA da CARMIÑA (rúa do Carme 1) a partires das 19:30, nun acto que organizamos coa xente do G.A.S. ademais de co propio centro social. A semana pasada contábamos que chegaban as caixas […]

Concentración: “Nin esmola asistencial, nin barco na rotonda”

– A Asemblea Aberta de Coia convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓNna ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS” A veciñanza volvemos á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” […]

9/05 – Concentración perante o colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

Pasan as semanas e dende o concello os responsables políticos: alcalde e concelleira de benestar social dan a calada por resposta perante o atasco das axudas de emerxencia municipais. Semella non lles importar os atrasos insoportables que teñen que padecer as persoas que buscan nestas axudas unha saída ao problema que trae para moita xente […]