Galiza destruíu 3710 empregos no mes de decembro

O noso país rexistrou 3710 ocupados/as menos en decembro con respecto ao mes anterior a pesar de que o paro baixou nese período en 2162 persoas, o que significa que este descenso do paro non se produciu porque os afectados/as atopasen un posto de traballo senón porque ou ben se deron de baixa dos servizos […]

O emprego precario, temporal e conxuntural suaviza os datos da EPA

O terceiro trimestre do ano, ao englobar os meses estivais é, tradicionalmente, un período con resultados positivos no mercado de traballo, máxime cando o sector Servizos, e especialmente as actividades relacionadas co turismo,  teñen cada vez maior peso na economía. Este último do ano 2017 non foi unha excepción. Outra cuestión é a calidade do […]

Descenso do paro en Mos? Outro engano do goberno da Sra. Arévalo para GañaMos

De novo o goberno da sra. Arévalo nos minte descaradamente, sen vergoña algunha manipulan a información para alardear dunha reducción do paro no noso concello, denuncian desde o grupo municipal GañaMos. Se gaban de acadar 113 parados menos cando a realidade é que a poboación activa baixou neste ano de 9.071 en xaneiro a 8.911 […]

Mos reduce a taxa do paro ás cifras de antes da crise

O Concello de Mos continúa a reducir o seu índice de paro acadando as cifras máis baixas dende 2012. A data 31 de xullo de 2017 o número de desempregados en Mos ascendía a 1.156 persoas, 113 parados menos que na mesma data do ano pasado e 592 menos que en xullo de 2012. A […]

Medra de forma escandalosa a temporalidade e a precariedade no mercado laboral en Galiza

No mes de xuño rexistráronse en Galiza un total de 189.165 persoas desempregadas, un 5% menos que no mes anterior. Un descenso de carácter estacional, que se dá coincidindo co inicio da tempada de verán e que se repite ano a ano. A CIG alerta de que, aínda así, os datos son alarmantes porque esta […]

CCOO alerta da «extrema precariedade» que se agocha tras da «aparente» recuperación do emprego este mes

Comisións Obreiras (CCOO) aplaude a «aparente» recuperación do emprego no último mes, coa diminución do paro rexistrado en 9973 persoas. Porén, o sindicato alerta da «extrema precariedade» que se agocha tras das cifras, pois o 93,4 % dos contratos rexistrados foron temporais, ao tempo que un terzo dos contratos iniciais dura menos dunha semana. A secretaria […]

CCOO afirma que se reduce o paro á custa de crear postos de traballo «precarios e sen futuro»

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que a redución do paro vai ligada á creación de emprego en condicións «precarias e con data de caducidade». Desde o sindicato insisten en que a falta de postos de traballo de calidade, especialmente pola elevada temporalidade, se está convertendo nun «problema crónico» en Galicia. Ao tempo, a evolución do desemprego […]

O mercado laboral galego destruíu 16.000 postos de traballo no primeiro trimestre

O noso país perdeu un total de 16.000 empregos nos tres primeiros meses de 2017, mentres que o número de parados/as rexistrados/as foi de 12.900, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). Neste período tamén se produciu un descenso da poboación activa en 3000 persoas con respecto ao trimestre anterior, dato que resulta […]

Manuel Lago: “O paro medrou 16 veces máis en Galicia que no conxunto do Estado“

En Marea considera que os últimos datos coñecidos da Instituto Nacional de Estatística sobre o desemprego son “moi preocupantes para Galicia e demoledores para a acción do Goberno“. No conxunto do Estado incrementase a destrución de emprego e cifras do paro o que demostra a debilidade da recuperación  e a dependencia do mercado de traballo […]

A evolución do paro segue sendo peor en Galicia ca no Estado e aumenta o número de persoas sen cobertura

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia, un mes máis, que a evolución do paro segue sendo peor en Galicia que no Estado, ao tempo que aumenta o número de persoas sen cobertura. A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, ve «positivo» o descenso do paro rexistrado (-1868 persoas no último mes), pero alerta de que «hai […]

Os 77.353 contratos rexistrados no mes de marzo constatan a alarmante temporalidade do emprego

Seguindo a tendencia habitual, o paro descendeu en Galiza un 0,88% respecto do mes anterior. Así o número total de desempregados/as rexistrados/as nas oficinas do Servizo Público de Emprego acadou un total de 210.056 persoas. Porén, o descenso non só foi inferior á media estatal, onde o paro baixou o 1,29%, senón tamén o menor […]

A CIG-Industria acusa a Xunta e o Ceaga de “ocultar con propaganda” a dura realidade do sector da automoción

A federación de Industria da CIG acusa a Xunta e o Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) de “ocultar con propaganda” a dura realidade do sector galego do automóbil e rexeita os últimos datos feitos públicos sobre a primeira industria do país. A central denuncia a constante perda de postos de traballo dende […]

Desemprego Baixa 42% em Valença, em 5 anos

O concelho de Valença conseguiu reduzir o desemprego em 42% nos últimos 5 anos. Captação de investimento estrangeiro e iniciativas empresariais de valencianos empreendedores tem contribuído para uma crescente dinâmica económica e a criação de emprego. Os últimos números publicados pelo I.E.F.P. – Instituto do Emprego e Formação Profissional apontam para 522 desempregados em Valença, […]

Manuel Lago: “O desemprego continúa a ser o principal problema de Galicia e o fracaso definitivo do Goberno de Feijóo“

Ante os últimos datos do paro coñecidos, o grupo de En Marea lamenta que o paro continúe a ser o principal problema de Galicia e o fracaso definitivo do Goberno de Núñez Feijóo. O deputado do grupo parlamentario Manuel Lago explicou que os datos demostran que o noso país depende da estacionalidade para aliviar os malos datos […]

O incremento do paro rexistrado en Galiza en decembro duplica a media estatal

O incremento do paro rexistrado en Galiza durante o mes de decembro duplicou a media estatal, ao contabilizar unha subida do 2,99% (6164 persoas) fronte ao 1,55% no conxunto do Estado. Ademais, o noso país perdeu neste período un total de 12.998 afiliados/as á Seguridade Social, o que supón tamén o dobre do que medra […]

CCOO ve na última EPA un «balance negativo» do 2016

Comisións Obreiras (CCOO) ve na enquisa de poboación activa (EPA) do derradeiro trimestre do 2016 un «balance negativo» do último ano. A xuízo da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, os datos debuxan unha Galicia con menos emprego e un volume «insostible» de paro, precariedade e pobreza. Segundo a sindicalista, a actividade recupérase, mais […]

O descenso da poboación activa e da ocupación fixo baixar o paro no último trimestre de 2016 en Galiza

Segundo os datos que vén de publicar a EPA, o IV Trimestre de 2016 rematou cun total de 204.200 persoas desempregadas en Galiza, o que supón un descenso do paro do 2,6% respecto do trimestre anterior. Porén este descenso vén provocado por unha caída da poboación activa de 10.900 persoas respecto do trimestre anterior –o […]

Galiza lidera a subida do paro no conxunto do Estado en decembro

Galiza rexistrou o maior incremento do paro en termos absolutos do Estado español en decembro ao contabilizar 2360 persoas máis anotadas nos servizos públicos de emprego con respecto a novembro, o que sitúa a cifra total de parados/as en 205.914. A subida foi do 1,16%, mentres que na media estatal baixou un 2,29% (86.849 desempregados/as menos). […]

Clausura das xornadas “A nova faciana dá globalización”

Na tarde de onte, día 29 de decembro, ás 19:00 h pechábase o terceiro día de exposicións, e interviñeron varios relatores para falar de desigualdade e políticas de inclusión de Galicia desde o activismo social. A mesa moderouna Óscar Lomba, e compúxose dos seguintes convidados (sendo convocados dous máis pero sendo imposibilitada a súa presenza […]

O paro aumenta en Galiza en novembro máis do triple que no conxunto do Estado

O paro medrou en Galiza no mes de novembro máis do triple que no conxunto do Estado español, até alcanzar as 203.554 persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego. O noso país foi a terceira comunidade onde máis se incrementou, xa que a subida atinxiu o 2,32% con respecto a outubro (fronte ao 0,66% da […]

CCOO pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos»

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos». A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, coida que o Executivo autonómico debe habilitar os mecanismos necesarios a través dunha «verdadeira» política na materia que […]

O sector servizos tira da ocupación no III trimestre do ano con contratación estacional

Como adoita ocorrer, o período estival tirou da ocupación no III trimestre do ano. Isto permitiu un incremento da contratación e unha redución do desemprego en Galiza. Porén para a CIG é preocupante o seu carácter conxuntural, como demostra o feito de que máis do 80% dos contratos asinados neste período foran temporais e de […]

Máis de 94 de cada 100 contratos rexistrados en Galiza durante o mes de agosto foron temporais

A situación do mercado laboral galego continúa a estar marcada por unha fonda precariedade na contratación, tal e como amosan os datos do paro rexistrado que se veñen de coñecer. Durante o mes de agosto subscribíronse un total de 87.509 contratos no noso país, dos que o 94,3% foron baixo algunha modalidade de carácter temporal. […]