O BNG propón un ‘plan de choque’ para frear a deslocalización no sector da automoción

O BNG propón que o goberno galego adopte un ‘plan de choque’ para poñer freo á deslocalización que ameaza o sector da automoción. Así llo trasladou esta mañá o deputado nacionalista, Luís Bará, a representantes sindicais do sector. No encontro, no que tamén participou o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, a fronte nacionalista urxiu […]

As 107 baixas voluntarias comunicadas por Extel confirman que o ERE non ten causa

Este venres, Extel comunicou ao Comité que vai proceder ao despedimento de 239 traballadoras e traballadores en todo o Estado, das/os que 107 pertencen á plataforma da Coruña. En calquera caso, estamos ante unha intolerábel destrución de postos de traballo, cunha voluntariedade acompañada en moitos casos de coaccións por parte da dirección da empresa. O […]

Nova xornada de folga en Atento contra a modificación “inxusta e inxustificábel” das condicións de traballo

Traballadores e traballadoras de Atento na Coruña secundaron este luns unha nova xornada de folga en contra da modificación substancial das condicións laborais que pretende aplicar a empresa, logo de Telefónica comunicar unha redución do horario de atención do 1004. Este luns concluíu a negociación sen que ningún sindicato asinara a proposta da compañía, que […]