Educación licita por 400.000 euros a rehabilitación integral do CEIP Pena de Francia, en Mos

Os traballos supoñen unha reforma integral (enerxética e funcional) desde centro, que precisa dunha actuación para dotar de maior confortabilidade aos usuarios e acadar un aforro nos custes de mantemento. A actuación afectará ás fachadas, carpinterías, luminarias e outros elementos das instalacións. Deste xeito acometerase o illamento da fachada exterior, a substitución de ventás das […]

Publícase o primeiro cancioneiro que recolle a música orixinal da Requinta da Ulla, instrumento tradicional case desaparecido

A requinta da Ulla, un instrumento tradicional galego case desaparecido desde os anos oitenta do século pasado, é a protagonista do cancioneiro homónimo que acaba de publicar o músico Rafael Carracedo Crespo. Trátase do primeiro cancioneiro que recolle a música orixinal deste prezado instrumento e que ve a luz baixo o selo de Edicións Embora, […]

A Xunta comeza a renovación dos equipos nos centros educativos que empregan o libro dixital coa distribución de 1.200 ultraportátiles

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciaron a pasada semana a renovación do equipamento nos centros adheridos a iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar. En total, completouse a entrega de 1.200 ultraportátiles nunha vintena de centros que empregan o libro dixital. A distribución […]

Patrimonio autoriza a ampliación do parque infantil na Alameda Suárez Llanos do barrio vigués de Bouzas

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de autorizar a ampliación do parque infantil na Alameda de Suárez Llanos no barrio vigués de Bouzas. Se ben matiza que, dado que se atopa nunha contorna de protección, as intervencións que se realicen deberán resultar harmoniosas coas características […]

A Consellería reúne expertos do ámbito cultural vigués para avanzar na Estratexia da Cultura Galega 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu onte preto dunha vintena de expertos do ámbito cultural vigués co fin de afondar e de avanzar na elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021, un documento que será a folla de ruta da planificación da acción cultural da comunidade autónoma para os vindeiros catro anos […]

Educación presenta a proposta de zonificación escolar de Vigo a directores e Foanpas para que realicen as súas achegas

O grupo de traballo técnico da Xefatura Territorial de Educación da provincia de Pontevedra, mantivo hoxe xuntanzas de traballo con representantes dos directores dos centros públicos e concertados de Infantil, Primaria e ESO de Vigo; así como de Foanpas (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnos de Vigo) respectivamente, para explicarlles de […]

A Consellería de Cultura aposta polo audiovisual galego coa proxección do ciclo ‘Vai de Cine’

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará, en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o ciclo Vai de cine, nunha clara aposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola produción audiovisual galega máis recente e tamén máis premiada coa proxección os días 15, 16 e 17 de decembro das fitas El […]

O 70% dos centros públicos conta con plans de formación do profesorado

Sete de cada dez centros de ensino públicos terán este curso un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) con unha ou máis liñas formativas. Trátase dun total de 688 centros das catro provincias (o ano pasado houbo 380), que poden consultarse no enlace web http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23825. O obxectivo destes plans -que cada ano pon en marcha […]

O CIPF Manuel Antonio, en Vigo, pon en valor o seu potencial formativo en materia de hostalaría

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou onte nunha nova sesión do encontro Formados e Profesionais, que desta vez se celebrou no CIFP Manuel Antonio, e no que o alumnado da familia profesional de Hostalería e Turismo deste centro puido amosar o seu potencial aos blogueiros e xornalistas especializados congregados para […]

Educación recoñece a 20 estudantes cos Premios Extraordinarios de ESO polo seu rendemento académico

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder a 20 alumnas e alumnos galegos os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17. Estes galardóns supoñen o recoñecemento do esforzo e a dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema […]

Feijóo avanza que as institucións que impulsan o Museo do Pobo Galego van promover a súa ampliación para incorporar unha sección de Historia Contemporánea e Autonómica

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as institucións que sosteñen e impulsan o Museo do Pobo Galego están “comprometidas coa súa ampliación, creando unha sección de Historia Contemporánea e Autonómica de Galicia”, coa previsión de que estea rematada en 2020, no ano anterior ao Xacobeo 2021. Fixo este anuncio no acto […]

Román Rodríguez sinala o uso da robótica no ensino como oportunidade para construír un mundo mellor

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou esta mañá a xornada de traballo Robótica en primaria, na que alumnos e profesores de centros de ensino amosan todo o que se pode realizar nos centros educativos cos kits de robótica que a Consellería lles está a repartir. Neste sentido, o titular do […]

Román Rodríguez aposta pola proporcionalidade e pola autonomía dos centros nos deberes escolares

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avogou esta mañá pola proporcionalidade e pola autonomía dos centros e consellos escolares á hora de establecer deberes. Tal e como manifestou, “os deberes non son bos nin malos en si mesmos; debemos abandonar posicións extremistas, ser racionais e apostar polo sentidiño”. Así o manifestou […]

A Agadic colabora co Marisquiño de Vigo nun cartel musical con máis de 20 propostas

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) repite este ano como entidade colaboradora do festival O Marisquiño de Vigo. En concreto, a entidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia economicamente o cartel musical desta décimo sétima edición do macroevento de cultura urbana e deportes extremos, con máis de vinte propostas de rock, […]

100 investigadores predoutorais benefícianse das axudas da Xunta para iniciar a carreira científica

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema […]

Un total de 12 ciclos de FP introducirán o plurilingüismo por primeira vez o próximo curso

Un total de 12 ciclos formativos en 7 centros educativos estenderán por primeira vez o próximo curso 2017/18 o ensino plurilingüe á etapa de Formación Profesional. Así se constata na resolución provisional de ciclos formativos plurilingües (denominado PluriFP) que acaba de ser publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no […]

Educación acomete a reorganización de centros baixo criterios de responsabilidade e mellora da calidade educativa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, defendeu hoxe que o seu departamento actuou con total responsabilidade -tanto política como organizativa- á hora de deseñar para o vindeiro curso 2017/18 a reorganización escolar en catro dos 1.100 centros da rede pública, e sempre baixo a premisa de mellorar a calidade educativa nas […]

A Xunta abrirá expedientes informativos ante o elevado incumprimento dos servizos mínimos na folga de transporte, con miles de alumnos e familias afectados

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto cos secretarios xerais técnicos das respectivas consellerías, Joaquín Macho e Jesús Oitavén, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron un encontro para analizar a incidencia da folga do transporte público, no que acordaron […]

Os arquivos galegos celebran o seu Día Internacional

Os arquivos galegos convidan a celebrar o Día Internacional dos Arquivos, o 9 de xuño, con diversas propostas para dar a coñecer a súa actividade e poñer en valor o patrimonio documental. Os centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmanse a esta celebración cunha completa programación, dentro da cal se organizarán […]

Feijóo avanza unha achega de 70 millóns para estender o plurilingüismo e promover o seu ensino integral desde infantil ata a universidade

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 70 millóns de euros ata 2020 para estender o plurilingüismo e promover o seu ensino integral desde infantil ata a universidade. Na rolda de prensa do Consello, Feijóo destacou que esta iniciativa é o obxectivo central da nova Estratexia galega de linguas […]

Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios da Cultura Galega 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, […]

Cans proxecta a curta gañadora do certame de dinamización lingüística ‘Nós tamén creamos!’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Festival de Cine de Cans, Alfonso Pato, acompañaron esta mañá o alumnado do CEIP de Ponzos, de Ferrol, na súa visita ao festival. Os 50 rapaces e rapazas ferroláns chegaron a Cans convidados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo propio festival […]

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de abrir o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación […]

A Xunta inicia os trámites da candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade na categoría de Ben Natural

A Xunta de Galicia inicia os trámites da candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade pola Unesco na categoría de ben natural. Así o anunciaron hoxe os conselleiros de Medio Ambiente e Educación e Cultura, Beatriz Mato e Román Rodríguez, no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre en Vigo. […]