O compostelán Auditorio de Galicia acolle este mesmo sábado o gran concerto de despedida de xira da actividade de dinamización lingüística ‘Tic Tac Toc’ no programa ‘FalaRedes 2017’. Cun derradeiro concerto moi especial, unha grande festa da lingua galega, Pablo Díaz pechará a súa xira na sexta edición do programa por 19 concellos na capital […]
Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de Política Social, José Manuel Rey Varela, participaron hoxe na entrega dos premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O concurso está dirixido a mozos e […]
Galicia e Arxentina veñen de reforzar os seus lazos culturais a través dun certame literario organizado conxuntamente coa Academia Argentina de las Letras e dirixido ao estudantado do país austral co fin de afondar no coñecemento de Galicia en xeral e do pobo galego en particular. No marco desta iniciativa, o conselleiro de Cultura, Educación […]
Unha edición especial dun millón de envases de leite de Feiraco homenaxearán a Carlos Casares con motivo das Letras Galegas 2017, a través dunha nova campaña coa que a cooperativa agrogandeira galega —que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)— reforza o seu compromiso coa lingua, coa cultura, coa tradición e coa sociedade galegas en colaboración […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria. A nova liña de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, por […]
A Secretaría Xeral de Cultura convoca 77.740 euros en axudas para 2017 destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso da cidadanía aos documentos. Concretamente, a finalidade desta liña de subvencións é a realización de actividades de descrición de fondos documentais dos arquivos galegos, para favorecer a protección, a […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no portal educativo a orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso aos corpos de […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de elaborar o currículo do título de técnico superior en Promoción de Igualdade de Xénero, un novo ciclo que se axusta á estratexia da Xunta de Galicia en prol da igualdade de dereitos entre mulleres e homes. De feito, este ciclo é unha das medidas contempladas […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Universidades, acaba de fixar os criterios para determinar e declarar titulacións de grao singulares no Sistema Universitario de Galicia (SUG). Na resolución, publicada hoxe en DOG (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170330/AnuncioG0164-210317-0001_gl.html), explícase que se considerará singular aquel título de grao que “polas súas concretas características, […]
O modelo de Formación Profesional implantado en Galicia é un referente a nivel estatal, o que fai que outras CCAA do Estado se interesen por coñecer o seu funcionamento así como a planificación levada a cabo polo Goberno da Xunta neste eido. Este foi precisamente o obxectivo da visita esta mañá do conselleiro de Educación, […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avogou hoxe por introducir –dentro dos traballos para elaborar o Pacto de estado social e político pola Educación– itinerarios ou currículos flexibles para alumnos con maiores necesidades educativas ou situacións socio familiares complexas, co fin de favorecer a súa permanencia e progresión no sistema. Ao […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de incrementar as contías que os centros públicos de ensino perciben anualmente en concepto de gastos de funcionamento. A medra é dun promedio do 2,29% no caso dos centros que imparten ensinanzas de educación infantil e primaria, e de arredor do 2,34% para os de secundaria. […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou en Santiago na homenaxe ao dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán, con motivo do 30 aniversario do seu pasamento, nun acto ao que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que precisamente coincide coa véspera da celebración do “Día Mundial do […]
A asociación folclórica de exaltación e fomento da cultura galega Queixumes dos Pinos inaugurou a súa nova sede, emprazada na rúa Nosa Señora da Saínza da capital ourensá, logo de permaneceren máis de 20 anos no barrio do Couto. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu, acompañada da xefa territorial da […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse aos actos en recordo de Ricardo Portela, no día no que se cumpren 25 anos do pasamento do gaiteiro. Na ofrenda floral que tivo lugar no concello de Cotobade-Cerdedo, Anxo Lorenzo recordou que o mestre de Viascón foi “testemuño dese arranque da música tradicional cara ao […]
O Diario Oficial de Galicia publica onte a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se ditan as normas para os subscribir concertos educativos con centros docentes privados durante o período que comprenderá os próximos 6 cursos académicos: desde o 2017/18 ata o final do curso 2022/23, para as ensinanzas das […]
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, lembrou as fondas raíces da Formación Profesional en Vigo, unha cidade eminentemente industrial onde este tipo de formación xoga un papel fundamental como catalizadora das demandas do tecido socioprodutivo local. E dentro desta ensinanza, o titular do departamento educativo fixo especial fincapé na FP Dual, […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez, o vicepresidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron no Gaiás o calendario das Feiras do Libro de Galicia 2017 e anunciaron as feiras internacionais […]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a asociación Músicos ao Vivo subscribiron hoxe o convenio de colaboración dunha nova edición dos Premios Martín Códax da Música, que se organizan anualmente co obxectivo de recoñecer e lle dar visibilidade ao traballo dos profesionais da industria musical […]
O Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente Rosalía-Abanca traerá ata a capital galega o vindeiro 21 de marzo a Xavier Quiroga, Sara Mesa e Pierre Lemaitre, gañadores da XXII edición deste galardón que promove a compostelá Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais […]