O BNG pide á Xunta que recorra a repercusión do canón eólico na factura da luz d@s consumidor@s

A portavoz parlamentaria de Economía, Noa Presas, pediu ao Goberno galego que recorra a previsible repercusión do canón eólico na factura da luz dos e das consumidoras deste país, despois de que o Tribunal Superior asumise as teses das eléctricas que denunciaron a aplicación deste tributo autonómico e a súa intención de recuperar o pagado […]

Refacturación, de golpe: O recibo eléctrico dos máis vulnerables pode inflarse este mes máis dun 50%

O recibo da luz dos usuarios máis vulnerables pode chegar a inflarse máis dun 50% este mes de maio, advirte FACUA-Consumidores en Acción. A asociación critica que o Goberno autorizase ás eléctricas a refacturar dunha soa vez as tarifas que, ao longo de tres anos, aplicáronse incorrectamente porque o Ministerio de Enerxía non calculou ben […]

A Consellería do Mar dota de subministración de electricidade e auga os pantaláns pesqueiros de Arcade

A Consellería do Mar vén de rematar as obras de instalación de torretas de subministración de electricidade e auga nos pantaláns para embarcacións pesqueiras e marisqueiras do peirao de Arcade, no municipio pontevedrés de Soutomaior. Os traballos executados constaron da canalización das acometidas de ambos servizos dende o edificio da lonxa. Esta obra foi solicitada […]

O BNG leva ao parlamento o “posíbel incremento” no recibo da luz por mor do canon eólico

Noa Presas pregunta ao goberno se aceptará que os galegos e galegas paguemos máis na factura da luz polo posible incremento do canon eólico ou plantará cara a Madrid. A deputada do BNG formulou unha pregunta ante o anuncio do Goberno central de cargar no recibo da luz o canon que a Xunta  cobra ás […]

O BNG exixe ao Goberno galego que actúe fronte a situación ‘calamitosa’ do sector eléctrico

Reclaman que se exixan responsabilidades ás empresas subministradores polos apagóns, que se compense aos concellos, fogares e empresas afectadas. Exixen o traspaso da competencia da xestión eléctrica, e reiteran a proposta dunha tarifa eléctrica galega e da redución do IVE para abaratar a factura de fogares e empresas. O BNG denunciou esta mañá en Vigo […]

Vigueses e viguesas sairon as rúas reivindicando que teñen dereito a auga, luz, gas e teito!

A mobilización, convocada pola plataforma Stop Desafiuzamentos co apoio de distintas organizacións sindicais, políticas e sociais, a manifestación secundada por centos e centos de persoas que partiron desde a rúa de Vía Norte pasadas ás 20.00 horas e a marcha rematou no Marco coa lectura dun manifesto por parte do xornalista e escritor Gustavo Luca de […]