En Marea asegura que o desemprego continúa a ser o principal problema de Galicia e o fracaso do goberno de Feijóo

Ante os últimos datos do paro coñecidos, o grupo de En Marea lamenta que o paro continúe a ser o principal problema de Galicia e o fracaso definitivo do Goberno de Núñez Feijóo. O deputado do grupo parlamentario Manuel Lago explicou que os datos demostran que o noso país depende da estacionalidade para aliviar os malos datos […]

A Deputación de Pontevedra aproba destinar máis de 1,6 millóns de euros para crear emprego en 12 concellos

A Deputación de Pontevedra leva investidos en dúas semanas preto de 2,6 millóns de € que supoñen 347 persoas empregadas en 20 concellos da provincia. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial vai aprobar a concesión de 1.659.167,79 €, no marco da liña 3 de […]

CCOO ve na última EPA un «balance negativo» do 2016

Comisións Obreiras (CCOO) ve na enquisa de poboación activa (EPA) do derradeiro trimestre do 2016 un «balance negativo» do último ano. A xuízo da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, os datos debuxan unha Galicia con menos emprego e un volume «insostible» de paro, precariedade e pobreza. Segundo a sindicalista, a actividade recupérase, mais […]

O descenso da poboación activa e da ocupación fixo baixar o paro no último trimestre de 2016 en Galiza

Segundo os datos que vén de publicar a EPA, o IV Trimestre de 2016 rematou cun total de 204.200 persoas desempregadas en Galiza, o que supón un descenso do paro do 2,6% respecto do trimestre anterior. Porén este descenso vén provocado por unha caída da poboación activa de 10.900 persoas respecto do trimestre anterior –o […]

Feijóo avanza unha achega de 22 M.€.  para impulsar políticas activas de emprego na empresa cos mozos como prioridade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, durante a súa intervención no pleno do Parlamento de Galicia para responder ás preguntas dos grupos parlamentarios, que no Consello deste xoves se aprobará unha achega de 22 millóns de euros para impulsar políticas activas de emprego a través de obradoiros e unidades formativas na empresa […]

Marea de Vigo apoia o cadro de persoal do aeroclub na súa loita pola defensa dos seus postos de traballo

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta lóxico e de xustiza poñerlle fin ao agravio que existiu ata agora con eses terreos expropiados inxustamente no réxime franquista, pero non é xustificación para que a directiva actual da Comunidade de Montes de Cabral esixa un prezo desorbitado, acción que, de non cambiar, implicaría o cese de actividade do […]

Boletín da provincia publica as bases das bolsas para novas mestras e mestres composteiros pola Plan Revitaliza

O Boletín da Provincia (BOPO) publicará mañá martes as bases da convocatoria das bolsas para as novas mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza. Os concorrentes terán un prazo de dez días naturais para presentar as súas solicitudes, que deberán cumprir cos requisitos aprobados na Xunta de Goberno de hoxe. Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, […]

Fundación Vodafone España e COGAMI, xuntos para  favorecer a empregabilidade a través das TIC

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Fundación Vodafone España desenvolveron durante o ano 2016 o proxecto “COGAMI integra a través das TICS”, unha oportunidade para 150 persoas con discapacidade procedentes de distintas localidades galegas, que aprenderon a buscar traballo a través do uso das novas tecnoloxías. As dúas entidades puxeron en […]

O goberno de Vigo adica 869.000 euros á contratación de 128 persoas de difícil empregabilidade

A Xunta de Goberno Local deu este venres luz verde á convocatoria de selección de persoas candidatas a beneficiarias do programa de emprego municipal “Vigo Emprega”, segundo trasladou en declaracións aos medios Abel Caballero. O Concello adica 869.000 euros para a primeira quenda do programa, orzamento que permitirá a contratación de 128 profesionais de distintos […]

Rexeitan o borrador do plan de estabilización de emprego presentado polo SERGAS

CCOO rexeita o borrador presentado por parte do SERGAS aos sindicatos do mal chamado “plan de estabilización”, xa que na Mesa Sectorial en ningún momento se deu resposta aos interrogantes plantexados por CCOO e outros sindicatos: NON cuantificaron o número total de prazas INTERINAS, SERVIZOS DETERMINADOS e outras PRAZAS ESTRUCTURAIS cubertas de xeito irregular dende […]

A Deputación contratará 18 funcionarios interinos e convocará 15 novas bolsas de mestras/es composteiros

O vicepresidente Mosquera explicou que as novas prazas laborais ‘por programa’ cubriranse mediante un proceso selectivo por oposición. A cantidade de persoal contratado “é moi axustada con respecto ás necesidades” pola gran cantidade dos concellos interesados no plan provincial. O vicepresidente provincial César Mosquera anunciou hoxe que a Deputación contratará 18 funcionarios interinos e reeditará a […]

Esquerda Unida denuncia a precarización e a destrución do emprego de calidade en Galicia, que encabeza este mes a suba do paro en España

Foto: arquivo noticiasvigo.es O Ministerio de Emprego fixo públicos os datos de desemprego e afiliación á Seguridade Social. Galicia perdeu no pasado mes 4.809 persoas afiliadas á Seguridade Social, sendo a primeira comunidade onde máis incrementa o desemprego en España. Por desgraza, nos últimos anos, o incremento do paro é unha constante, así como o resultado […]

Marea de Vigo considera que as axudas públicas deben garantir emprego de calidade para sair da senda da precariedade

O Grupo Municipal da Marea de Vigo valora positivamente os anuncios que varias empresas teñen feito nos pasados días con respecto a cargas de traballo ou formalización de contratos como parece vai suceder nalgún estaleiro, e inversión en infraestruturas recuperando servizos externalizados, como recentemente acaba de anunciar unha empresa do sector téxtil que produce no […]

Galicia pecha 2016 cunha caída do 10% do paro

Galicia pechou o 2016 con 22.894 galegos e galegas menos nas listas do paro, é dicir, cun 10% menos de desemprego que hai un ano, o que supón a maior caída interanual desde o inicio da crise (decembro 2007). A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que […]

En Marea denuncia que non se creou nin un só posto de traballo a pesar dos investimentos millonarios en Rozas

O Goberno do Estado vén de respostar á pregunta presentada por Yolanda Díaz no Congreso dos Deputados relativa á militarización con drons e actuacións da OTAN do aeródromo de Rozas en Lugo. O executivo destaca na súa resposta que “o Aeródromo de Rozas é unha instalación de carácter civil, non militar e que os fins […]

O goberno local contratará a 230 persoas no programa Vigo emprega 2017

Abel Caballero avanzou esta mañá que en marzo comezarán a traballar a primeira quenda de beneficiarios do Programa Vigo emprega 2017 que este ano contará cun orzamento de 1,5 millóns o que permitirá contratar a 230 traballadores durante seis meses. Os requisitos son, ademais de estar desempregado, ser maior de 18 anos e estar empadroados […]

O Concello e Citroën asinan un convenio para empregar 60 traballadores

O alcalde e o director de PSA Peugeot Citroën Vigo, Frederic Puech, asinaron este venres un convenio de colaboración para o fomento do emprego por un importe de 300.000 euros. Segundo explicou Caballero, se destinarán á contratación de 60 persoas, menores de 30 anos preferentemente, co único requisito de estaren empadroados na cidade porque “é […]

O paro baixa en novembro nun 9,6% en Galicia, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Galicia pechou o mes de novembro con 21.604 persoas menos en situación de desemprego, o que supón un descenso do 9,60% con respecto a hai un ano, case un punto máis que a media do Estado. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que é o maior […]

O paro aumenta en Galiza en novembro máis do triple que no conxunto do Estado

O paro medrou en Galiza no mes de novembro máis do triple que no conxunto do Estado español, até alcanzar as 203.554 persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego. O noso país foi a terceira comunidade onde máis se incrementou, xa que a subida atinxiu o 2,32% con respecto a outubro (fronte ao 0,66% da […]

Consultor SEO, un empleo con gran demanda

Internet es una plataforma en dónde podemos encontrar los medios para poder promocionar cualquier producto, servicio, o idea que se nos haya venido a nuestra mente tanto desde nuestro ordenador como cualquier tablet o esos teléfonos todoterreno que tanto utilizamos actualmente. Sin embargo, el principal problema que presenta este mundo de posibilidades es que es atractivo […]

A Deputación abre a convocatoria para o posto de Dirección do Servizo Provincial de Mobilidade

A Deputación de Pontevedra vén de abrir a convocatoria para cubrir o posto de dirección da área provincial de Mobilidade. Dende hoxe e durante 15 días hábiles os aspirantes poden presentar as súas solicitudes, que deben ir acompañadas dun proxecto de dirección e organización para o servizo. Segundo destaca o deputado Uxío Benítez, a intención […]

Feijóo garante o compromiso da Xunta para seguir configurando en Galicia “un ecosistema” favorable á innovación e ao emprendemento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso do Goberno galego para seguir configurando “un ecosistema” favorable á innovación e ao emprendemento; “un ecosistema baseado nos consorcios de innovación nos que participen as grandes empresas, as pemes e os centros tecnolóxicos, co decidido apoio da Axencia Galega de Innovación e da Xunta”, […]

CCOO pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos»

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos». A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, coida que o Executivo autonómico debe habilitar os mecanismos necesarios a través dunha «verdadeira» política na materia que […]

O sector servizos tira da ocupación no III trimestre do ano con contratación estacional

Como adoita ocorrer, o período estival tirou da ocupación no III trimestre do ano. Isto permitiu un incremento da contratación e unha redución do desemprego en Galiza. Porén para a CIG é preocupante o seu carácter conxuntural, como demostra o feito de que máis do 80% dos contratos asinados neste período foran temporais e de […]