En Marea comprométese a traballar para igualar as pensións máis baixas ao salario mínimo interprofesional e a elevar este último ata os mil euros. O voceiro Luís Villares e a candidata ao Congreso por Pontevedra, Iris Malvido, mantiveron en Vigo un encontro con pensionistas; no que os representantes da formación deixaron sobre a mesa o […]
O voceiro de En Marea, Luís Villares, dirixiu a pregunta ao presidente durante a sesión de control do Parlamento para criticar duramente a reforma da Lei de Saúde “aprobada nunha ponte festiva” e acusou a Feijóo de ser un “presidente separatista que alonxa aos pacientes dos hospitais e en sanidade a distancia mata”, en referencia […]
O deputado e voceiro na Comisión de Agricultura e Pesca de En Marea, Antón Gómez-Reino, rexistrou este xoves unha petición de comparecencia da ministra Isabel García Tejerina para que informe sobre os acordos políticos alcanzados polo Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea (UE) sobre os Totais Admisibles de Capturas (TAC) e as cotas […]
A deputada e voceira de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este mércores no Congreso unha iniciativa deste grupo que pide a modificación do sistema de subastas de interrumpibilidade e que se aprobou con 21 votos a favor e cos votos do Partido Popular en contra. “Esiximos axudas e apoio á nosa industria, como o sector […]
A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, mantivo este xoves unha xunta con representantes de GañaMos para abordar toda a problemática que padece o municipio de Mos que está atravesado por varias infraestruturas viarias estatais que causan un enorme impacto tanto acústico como na seguridade vial dos habitantes da zona. A A-55 entre Vigo […]
A eurodeputada galega Lídia Senra, acompañada pola deputada de En Marea no Parlamento Galego Alexandra Fernández, e o deputado de En Marea no Parlamento galego Davide Rodríguez, ofreceron este venres pola mañá unha rolda de prensa en Santiago para facer balance das respostas dadas pola Administración galega e estatal ante os incendios forestais acontecidos na última semana. Os tres […]
Josué Villar na noite de onte madaba un comunicado a seus compañeiros comunicado a sua decisión de dimitir dos seus cargos orgánicos e institucionais en EU e CABE. Hoxe presentei por rexistro electrónico a miña dimisión oficial como concelleiro de Gondomar Concello Aberto, e nos vindeiros días fareino como coordinador local de Esquerda Unida Gondomar, di […]
“Feijóo entrégase gratis ao Goberno do Estado e por iso non negocia mellora algunha para Galicia“. Esta foi a conclusión do voceiro de En Marea, Luís Villares, tras se coñecer o apoio de Foro Asturias aos Orzamentos do Estado para este ano a cambio de que se retrasen as obras do AVE a Galicia hasta […]
En Marea presentou en comisión parlamentaria unha proposición non de lei na que e pedía que o Parlamento de Galicia instase á Xunta de Galicia a establecer unha liña de axuda específica para os danos ocasionados pola xeada do día 27 de abril, ás produtoras e produtores das zonas mencionadas anteriormente, indistintamente de que estean […]
O grupo de En Marea nas Cortes presentou este venres a súa Alternativa aos Orzamentos do Estado e denunciou o veto do Partido Popular e os seus aliados, como Ciudadanos. “Presentamos máis de 300 emendas aos Orzamentos Xerais do Estado. É unha proposta alternativa de modelo de orzamentos aos presentados polo PP, que só profundizan […]
En Marea sumarase mañá á manifestación convocada polas Marchas da dignidade mañá en Madrid para denunciar a precariedade e a desigualdade crecente. A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, a deputada parlamentaria Magdalena Barahona, o deputado parlamentario, Marcos Cal, a deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez Pam, […]
A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, denunciou en pleno o intolerable retraso no pago aos profesionais docentes que impartiron os cursos dentro do programa de formación continuada do agro galego. Un retraso que supera xa o ano xa que os cursos comezaron en marzo do pasado ano sen que a día de hoxe non […]
A empresa Villar Mir ven de rexistrar hoxe mesmo a segregación das centrais de Ferroatlántica como aparece publicado no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil o que ven a demostra unha de dúas ou que a Xunta de Galicia xa trasladou á empresa a intención de aceptar a solicitude presentada, ou que o que realmente manda […]
En Marea recibiu esta semana a resposta do Goberno ante a petición de información sobre a financiación e subvencións da Fundación Francisco Franco (FFF). Segundo esta documentación, a organización recibiu máis de 150.000 euros de fondos públicos entre 2000 e 2003, durante o Goberno de Aznar. As deputadas Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino querían coñecer […]
O PP vota en contra da iniciativa presentada por En Marea para instar á creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois no Congreso dos Deputados. O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, defendeu que con esta iniciativa o grupo parlamentario buscaba dar un paso máis no coñecemento da verdade tratando de […]
A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, explicou hoxe no Parlamento de Galicia, xunto co vicevoceiro parlamentario Antón Sánchez, o modelo que En Marea propón para as infraestruturas de transporte en Galicia, “un modelo que debe responder a un modelo de país e non a decisións soltas ou que buscan titulares”. A parlamentaria de En Marea […]
En Marea presentou no pleno do Parlamento unha Proposición de Lei para a modificación do regulamento da Cámara para garantir un control ao Goberno real, algo que neste momento non se está a dar permitindo con total impunidade que a Xunta de Galicia incumpra a normativa e o propio Estatuto de Autonomía. A vicepresidenta da […]
En Marea propón no Parlamento Galego que a Xunta protexa os dereitos dos consumidores eléctricos galegos diante das agresivas campañas das empresas eléctricas que, sen informar correctamente aos seus clientes, están cambiando tarifas e pasando aos clientes ao mercado libre, un mercado que non se acolle ás regulacións do Ministerio de Industria e Enerxía. Francisco Casal […]
“285 millóns de euros en dez anos é a cifra do espolio, a cifra gañada por Ferroatlántica nos últimos dez anos pola produción hidroeléctrica e que non foi revertida en Galicia” e que foi revelada polo voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado parlamentario Francisco Casal, na rolda de prensa ofrecida esta mañá […]
Este sábado 20 e domingo 21 En Marea vén de consultará ás súas bases sobre o apoio á moción de censura presentada polo Grupo Parlamentar Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea a Mariano Rajoy, unha moción cidadá contra a corrupción que invade as institucións gobernadas polo PP. Esta consulta realizouse telematicamente -tamén desde os […]
Esta semana coñecíase a nova de que a poxa do edificio Xeral Cíes que tivo lugar o pasado 15 de maio polo prezo de 3.552.500 euros quedou baleira. Ante esta situación, ábrese un prazo non superior a un ano, no que a Tesorería da Seguridade Social como propietaria do edificio, poderá adxudicar de xeito directo […]
A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso na que demanda ao Ministerio de Fomento que esixa á concesionaria AUDASA a adopción de medidas que eviten os atascos que se producen na AP-9, especialmente en periodos festivos ou no verán. Alexandra Fernández lembra unha vez máis a lamentábel xestión da concesionaria que […]
Catro deputados do grupo parlamentario de En Marea mantiveron un encontro coa veciñanza para render contas do traballo parlamentario destes últimos meses e escoitar o que di a cidadanía que é necesario que se trate no Parlamento de Galicia. Luís Villares, como voceiro de En Marea, e os deputados por Pontevedra, Paula Quinteiro, Marcos Cal […]
A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno para coñecer a intención do Executivo na resolución do expediente que debía resolver a cuestión dos coeficientes reductores da idade de xubilación do colectivo de bombeiros que prestan os seus servizos en empresas privadas, en parques comarcais de Galicia. Este expediente, “que […]
En Marea, ao igual que o resto de compañeiras e compañeiros do Grupo Confederal, votou en contra do segundo Real Decreto Lei da Estiba que o Goberno de Rajoy leva a un pleno, após do fracaso do anterior texto normativo, que foi rexeitado pola Cámara o pasado 16 de marzo. O Real Decreto foi convalidado por […]
O grupo parlamentario de En Marea presentou en comisión parlamentar unha iniciativa na que se instaba ao Goberno da Xunta de Galicia a realizar un novo diagnóstico do acoso escolar e ciberacoso, reelaborar protocolos e adaptalos a realidade das aulas, e elaborar respostas educativas que superen o actual modelo de carácter sancionador e disciplinario, así […]
Os grupos parlamentarios de En Marea e o BNG rexistraron esta mañá no Parlamento de Galicia a solicitude de comparecencia urxente do Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee-Dumbría na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo co obxecto de escoitar a situación que están atravesando os traballadores da factoría, pois descoñecen o futuro das […]
O deputado e voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, fixo este mércores no Congreso unha interpelación urxente ao Goberno para promover o saneamento e a actuación integral sobre as rías galegas. “Para En Marea é crucial unha actuación integral sobre as nosas rías que inclúa o seu saneamento, que cumpra coa normativa europea […]
O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, explicou nun día tan sinalado como o de hoxe, o Día das Letras Galegas, as emendas presentadas por En Marea aos Orzamentos Xerais do Estado en materia de cultura e lingua. Impulsar a edición en lingua galega: Así, destacou a partida de 5 millóns de euros […]
O vicevoceiro de En Marea deu hoxe conta das iniciativas que o grupo parlamentario trasladará ao vindeiro pleno, entre as que destaca a pregunta a Feijóo sobre os intereses que vai defender en dous temas trascendentais para o futuro de Galicia: Ferroatlántica e a AP9 Con respecto a Ferroatlántica, Sánchez sinalou que “os privilexios do […]
O portavoz de En Marea, Luís Villares, e a viceportavoz, Ana Seijas, presentaron esta mañá a consulta cidadá que levará a cabo durante a vindeira semana En Marea sobre a moción de censura presentada no Congreso dos Deputados polo grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea contra o goberno do Partido Popular no Estado. Con […]
O grupo parlamentario de En Marea rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia para coñecer a opinión da Xunta de Galicia da estafa que supuxo a privatización das Caixas e a precipitada venda, a prezo de saldo, de Abanca despois de se coñecer os últimos datos publicados dos beneficios no ano pasado que superan os […]
En Marea solicitou no Parlamento de Galicia que a Xunta de Galicia estableza un novo prazo de presentación de solicitudes para axudas a agricultores que remata o vindeiro luns 15 de maio. A través dunha iniciativa, o grupo parlamentario insta ao Goberno galego a manter xuntanzas coas Organizacións Agrarias para marcar este novo prazo e […]
En Marea esixe á Xunta de Galicia unha resposta clara e contundente ante a postura contraria ao traslado da titularidade da AP9 a Galicia manifestado polo Ministro de Fomento, Iñigo de la Serna. Días despois de que o Parlamento aprobase por unanimidade, unha vez máis, esta petición a petición o Ministro acaba de manifestar a […]
En Marea reuniu de maneira urxente ao seu grupo de traballo sobre Ferroatlántica para debater a situación na que pode quedar a comarca se a Xunta de Galicia concede a Ferroglobe o permiso para segregar as centrais hidroeléctricas da planta de ferroaleación. Para En Marea a reclamación actual da empresa de que se permita a segregación […]
Os deputados de En Marea, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, reuníronse esta mañá en Santiago co Movemento Galego en Defensa das pensións e coa Coordinadora Estatal para darlle a coñecer os traballos que se están a facer no Congreso dos Deputados e para redactar unha Proposta de Lei que vai revertir os aspectos máis regresivos […]
No Día da Enfermería, En Marea presenta as súa “Xornada de traballo sobre o sistema sanitario público” que se celebra mañá sábado 13 de maio na Facultade de Filosofía de Santiago para dar o debate sobre os principais problemas e retos que debe abordar a sanidade pública galega, vítima dos recortes e as privatizacións das […]
En Marea clarexa que está a favor de que o AVE remate as obras comprometidas a Galicia, en tempo e forma, polo que o motivo do voto contrario á moción no Senado non ten nada que ver con esta cuestión, dado que o debate era sobre as infraestruturas galegas en xeral e o acordo non […]
Ferroglobe fixo pública a a súa petición de solicitar a Augas de Galicia que se anule la prohibición de segregar as dúas actividades de Ferrotlántica, a ferroaleación e a produción de enerxía eléctrica. A empresa pretende segregar as actividades para vender as dúas centrais, como vén advertindo En Marea desde hai máis de seis meses. […]
En Marea propón o rescate para o público da AP-9, un rescate que tería como primeiro obxectivo rebaixar o custe das peaxes que pagan toda a cidadanía. Para En Marea non é aceptable que unha empresa que obtén un 81% de beneficios “manteña as peaxes máis caras de todo o Estado español para unha infraestrutura […]