O Parlamento aproba por unanimidade a reclamación ao Congreso dos Deputados da transferencia da AP9

A Cámara Galega aprobou hoxe de xeito definitivo a proposición de lei para defender no Congreso dos Deputados o traspaso da AP-9 a Galicia, así como a designación dos tres representantes que fixa o regulamento para defender esta reivindicación na Cámara baixa. Dende En Marea será o vicevoceiro, Antón Sánchez, o encargado de defender en […]

En Marea pide explicacións a Renfe por suprimir dous vagóns dormitorio do tren nocturno que sae de Ferrol e de Vigo

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso na que pide explicacións a Renfe pola supresión de dous vagóns dormitorio do tren nocturno que sae de Ferrol vía A Coruña-Monforte, e do tren que sae desde Pontevedra-Vigo e Ourense. Así, após da decisión de Renfe, este “servizo recortao fica cun […]

En Marea denuncia a “inaceptable regresión“ do número de falantes en lingua galega e o “auténtico asedio“ á cultura por parte da Xunta de Galicia

O grupo parlamentario de En Marea centrará as súas intervencións no pleno de mañá en denunciar a lamentable situación da lingua e da cultura galega a consecuencia da política de recortes e de total desleixo imposta polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. O portavoz Luís Villares explicou que “a situación da lingua e da cultura […]

Luís Villares: “alegrámonos da derrota de Le Pen, pero nos entristece a vitoria de Macron”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, valorou o resultado das eleccións presidenciais francesas advertindo que non debería “volver a repetirse que haxa que escoller entre a dereita e a extrema dereita”. Villares sinalou: “alegrámonos da derrota de Le Pen, pero nos entristece a vitoria de Macron”. Para o voceiro de En Marea  a segunda […]

En Marea e Por unha marea na vila debaten sobre a maternidade subrogada

En Marea está celebrando en localidades de toda Galicia encontros sobre a maternidade subrogada e os ventres de alugueiro. Esta campaña de debates pretende coñecer as diferentes sensibilidades fronte a un tipo de maternidade e paternidade que ofrece moitas aristas. O debate terá continuidade en outras localidades galegas, de maneira que En Marea fai fincapé […]

En Marea solicita unha moratoria de seis meses na entrada en vigor do decreto de vivendas turísticas

En Marea presenta no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para que a Xunta prorrogue seis meses a entrada en vigor do novo texto que regula o uso das vivendas turísticas. Ante o baleiro legal existente, é necesaria unha regulación de consenso e non un decreto feito ás présas coma este. Francisco Casal […]

En Marea presenta numerosas emendas aos orzamentos do Estado para mellorar e aumentar as partidas destinadas a Vigo e Pontevedra

En Marea vén de presentar no Congreso ao redor de 300 emendas parciais ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, 184 delas destinadas a incrementar as dotacións destinadas a Galiza. No medio destas numerosas propostas de mellora, figuran as emendas que teñen por obxecto aumentar os investimentos na provincia de Pontevedra. A deputada de En […]

Antón Sánchez: “Co novo mapa de servizos de transporte a Xunta continúa co seu plan de desconexión do rural”

Para En Marea a falta dun “proxecto de país” por parte do PP evidénciase no novo mapa de servizos de transporte por estrada que vén de anunciar a Xunta, froito da improvisación e elaborado “ás présas e en base a sentenzas xudiciais”. Para o vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez “é un paso máis do […]

En Marea rexistra no Parlamento proxecto de lei LGTBI elaborado polos colectivos

En Marea rexistrou esta mañá o proxecto da Lei galega de identidade de xénero no Parlamento de Galicia xunto co resto de grupos da oposición que rexistraron o mesmo texto elaborado polos distintos colectivos LGTBI de Galicia. No rexistro estiveron presentes tamén os distintos representantes das asociacións promotoras do texto que explicaron que estamos “nun […]

A Xunta xustifica a venda a prezo de ´ganga` do edificio Xeral de Cíes

En Marea preguntou na comisión parlamentaria desta tarde polos motivos da Consellería de Sanidade para desbotar o edificio xeral Cies para o seu uso sanitario ou sociosanitario e a posibilidade da súa adquisición por parte da Xunta de Galicia. Despois de 40 anos acollendo intervención cirúrxicas ambulatorias, o Sergas en lugar de asumir o edificio […]

En Marea esixe o inicio das obras do centro de saúde de Aldán-O Hío

Esta mañá o voceiro de En Marea acompañado pola vicevoceira, Carmen Santos e os deputados Juan Merlo e Paula Quinteiro, mantiveron unha xuntanza co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos e os concelleiros Mariano Abalo e Tomás Hermelo, para coñecer as principais demandas e problemas do municipio e darlles traslado ao Parlamento de Galicia. Unha […]

O paro en Galicia ten a tendencia contraria que no Estado e aumenta a pesar do descenso de poboación

En Marea denuncia que os datos publicados este xoves polo Goberno sobre o desemprego en abril e nos primeiros meses do 2017 son “moi preocupantes para Galicia e demoledores para a acción do Goberno“. “Os datos da EPA son moi negativos. Vemos como baixa a poboación ocupada, a poboación activa e como se incrementan os […]

PP engana ás nais, pais e profesorado do CEIP de Vilaxoán votando no Concello a favor do arranxo das deficiencias e rexeitalo no Parlamento

O grupo parlamentario do PP rexeitou na comisión desta mañá a iniciativa de En Marea na que se solicitaba o arranxo inmediato das graves deficiencias do CEIP de Vilaxoán. Unha votación que contrasta co voto a favor do PP no Concello onde aprobouse por unanimidade a mesma demanda. Na súa intervención a deputada Luca Chao […]

En Marea denuncia no pleno do Congreso que os orzamentos do Goberno “esquecen a Galicia”, apostan polos recortes e están ao servicio da corrupción

A deputada e voceira de En Marea en Economía, Yolanda Díaz, mostrou este mércores o rexeitamento de En Marea aos Orzamentos do Estado presentados polo Goberno durante o debate á totalidade no pleno do Congreso dos Deputados. En Marea denuncia no debate á totalidade que estes orzamentos “esquecen a Galicia” e siguen apostando polos recortes. […]

En Marea mantén unha xuntanza con sindicatos galegos para unir forzas na moción de censura

O grupo de En Marea no Congreso mantivo unha xuntanza este martes con organizacións sindicais galegas para falar da moción de censura cidadá ao Goberno do PP. “Queremos trasladar á sociedade civil galega a moción cidadá para unir forzas contra a corrupción do PP”, asegurou o voceiro de En Marea, Antón Gómez-Reino, acompañado das deputadas […]

En Marea preguntará no Parlamento pola precarización do persoal de Ferrovial encargado do servizo de limpeza dos hospitais

As deputadas de En Marea Eva Solla e Paula Quinteiro, acompañadas do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez e os concelleiros de Emprego e Benestar Social, Álvaro Montes e Saínza Ruíz, mantiveron unha reunión esta tarde con representantes do comité de empresa de Ferrovial (antiga Ferroser), adxudicataria do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de […]

En Marea trasladará ao vindeiro pleno a súa preocupación ante o desleixo e total abandono da lingua e cultura do noso país por parte do Partido Popular

En Marea levará ao vindeiro pleno do Parlamento de Galicia a situación da cultura e da nosa lingua centrando a maior parte das súas iniciativas en denunciar e reclamar unha maior implicación e protección da nosa cultura por parte da Xunta de Galicia. Así o anunciou o portavoz de En Marea, Luís Villares, tras a […]

En Marea denuncia o “bloqueo ilegal” do PP, PSOE e Cs á Comisión de investigación do Alvia

En Marea denuncia o “bloqueo ilegal” do “partido único” que forma o PP, PSOE e Ciudadanos, que impediron novamente este venres, na Mesa do Congreso, a Comisión de Investigación da traxedia ferroviaria que tivo lugar en Angrois en 2013, na que faleceron 81 persoas e houbo 140 feridos. A solicitude de Comisión de En Marea […]

En Marea denuncia que a Xunta non está tomando ningunha medida contra os incendios

A pesar de que só neste mes de abril o lume leva calcinadas miles de hectáreas en incendios forestais rexistrados por toda Galicia, ante esta situación a día de hoxe a Xunta aínda non tomou ningunha medida extraordinaria para paliar as consecuencias destes lumes que se orixinan fóra do periodo estival, restrinxindo a súa acción […]

PP e BNG impiden sacar adiante iniciativa de En Marea para crear xestora que defenda pesqueiros galegos ante o Brexit

O Partido Popular e o BNG impediron esta mañá sacar adiante unha iniciativa de En Marea -defendida por Juan Merlo, deputado e secretario de Organización de Podemos- que tiña por obxecto a creación dunha Xestora, integrada por representantes das asociacións do sector pesqueiro, todas as formacións políticas, empresas armadoras e sindicatos, para estudar as demandas […]

O PPdeG bloquea a elaboración dun estudo técnico-económico para darlle uso sociosanitario ao antigo Hospital do Rebullón

Esta tarde o grupo parlamentario do PPdeG votou en contra da recuperación e posta en funcionamento do antigo Hospital do Rebullón (Mos) reperctuindo nos veciños e veciñas da comarca para atender as necesidades de servizos públicos de carácter sociosanitario. “Non esquezamos que en Galicia hai 1.700 persoas agardando por unha praza en residencia pública”, lembrou […]

Yolanda Díaz: “A redución orzamentaria de Correos pon en risco o servicio postal universal”

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, interpelou hoxe á Presidenta da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), durante a súa comparecencia no Congreso dos Deputados para dar conta das previsións do seu departamento en relación ao proxecto de lei de orzaementos xerais do Estado para 2017. Yolanda Díaz centrou a súa intervención nas empresas […]

Manuel Lago: “O paro medrou 16 veces máis en Galicia que no conxunto do Estado“

En Marea considera que os últimos datos coñecidos da Instituto Nacional de Estatística sobre o desemprego son “moi preocupantes para Galicia e demoledores para a acción do Goberno“. No conxunto do Estado incrementase a destrución de emprego e cifras do paro o que demostra a debilidade da recuperación  e a dependencia do mercado de traballo […]

En Marea rexistra a petición para crear unha comisión de investigación do accidente de Angrois

O grupo de En Marea no Congreso rexistrou unha proposta de creación de Comisión Parlamentar de Investigación para esclarecer as causas do accidente ferroviario do Alvia ocontecido en Angrois o 24 de xullo de 2013, no que faleceron 81 persoas e houbo numerosos feridos. “Ante o bloqueo do Goberno En Marea presenta no Congreso a […]