🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A PGDEP denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) vén de denunciar a pasividade da Consellaría de Educación na súa obriga de xestión ordinaria dos centros educativos, pondo dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo […]

Reclaman incorporar 256 vacantes de PT e AL no Concurso de Traslados de Mestres

Un estudo da CIG-Ensino revela a existencia de centos de prazas das especialidades Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) que se veñen dotando desde hai anos con profesorado provisional e que poden ser cubertas por profesorado definitivo. Incorporar estas 256 prazas, a maiores das ofertadas no Concurso Xeral de Traslados, para as especialidades […]

Empresas privadas certificarán o coñecemento de inglés do profesorado

A Consellaría de Educación continúa coa privatización do ensino galego e nesta ocasión tócalle a un dos seus xoguetes preferidos: a lingua inglesa. Até o de agora o profesorado galego tiña ao seu dispor as Escolas Oficiais de Idiomas (EOIs) para certificar os coñecementos de inglés. Porén, a administración anuncia que este ano serán empresas […]

Educación destina 360.000€ para que o ensino privado contrate persoal do que carecen os centros públicos

A CIG-Ensino denuncia que mentres a Consellaría de Educación practica “un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público”, suprimindo centros, unidades e profesorado, mantén inalterada desde 2012 a partida económica destinada aos centros privados concertados para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Estas axudas, apuntan, supoñen unha discriminación inaceptábel, xa […]

A Consellaría de Educación aproveita o mes de agosto para seguir afondando na implantación da LOMCE

A Consellaría de Educación vén de publicar, en pleno período vacacional do profesorado, as instrucións para o curso académico 2017/18, que afondan na aplicación da LOMCE. Dende a CIG-Ensino sinalan que as instrucións chegan cando a matrícula ordinaria dos centros de secundaria, e polo tanto a elección de materias por parte do alumnado, xa está […]

A proposta da Consellaría de Educación de reducir o recorte de persoal na ESAD de Galiza “é insuficiente”

O pasado 24 de xullo notificóuselle oficialmente á dirección da ESAD de Vigo a redución de 6 profesores no “cupo” do centro; esta redución implica a destrución do modelo de ensino dun centro exemplar a nivel estatal. Finalmente na adxudicación de destinos provisionais do 31 de xullo esa redución quedou en 5. Agora a Consellaría […]

O profesorado afectado polo peche de centros descoñece en que situación quedará para o curso seguinte

Logo dun final de curso protagonizado pola arremetida da Consellaría contra o ensino público galego, co peche de centros educativos e o traslado de ensinanzas da ESO e co importante recorte de aulas e postos de traballo do corpo de mestres publicado no DOG a finais de mes de xullo, o profesorado afectado polo peche […]

Incrementan a dotación para os gastos de funcionamento nos centros educativos públicos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de incrementar as contías que os centros públicos de ensino perciben anualmente en concepto de gastos de funcionamento. A medra é dun promedio do 2,29% no caso dos centros que imparten ensinanzas de educación infantil e primaria, e de arredor do 2,34% para os de secundaria. […]

O BNG apoia a mocidade nas súas reivindicacións contra a LOMCE e en defensa do ensino público galego

A portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil participou hoxe  na manifestación convocada pola Plataforma en defensa do ensino público e dos dereitos. A parlamentaria do BNG manifestou ante os medios de comunicación o compromiso desta forza política co ensino público galego e reivindicou a “derrogación da LOMCE e o decreto do plurilinguismo”. Olalla Rodil […]

26 de outubro, xornada de loita contra as reválidas

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia tras declarar o día 26 de outubro como xornada de loita contra as reválidas apoiando as mobilizacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público Estatal en todo o territorio español, para esixir a súa eliminación inmediata e definitiva, así como a derrogación da LOMCE e a […]