🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Demandan a mellora e ampliación dos permisos de maternidade e paternidade

A CIG-Ensino vén de solicitar ao conselleiro de Educación que se comunique ás persoas beneficiarias a nova data de finalización dos permisos de maternidade e paternidade. Demanda ademais que se negocie unha modificación da normativa para que se amplíe até os 12 meses de duración. O pasado 28 de decembro publicábase no DOG a Lei 9/2017, do […]

O 70% dos centros públicos conta con plans de formación do profesorado

Sete de cada dez centros de ensino públicos terán este curso un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) con unha ou máis liñas formativas. Trátase dun total de 688 centros das catro provincias (o ano pasado houbo 380), que poden consultarse no enlace web http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23825. O obxectivo destes plans -que cada ano pon en marcha […]

Román Rodríguez sinala o uso da robótica no ensino como oportunidade para construír un mundo mellor

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou esta mañá a xornada de traballo Robótica en primaria, na que alumnos e profesores de centros de ensino amosan todo o que se pode realizar nos centros educativos cos kits de robótica que a Consellería lles está a repartir. Neste sentido, o titular do […]

Centros escolares sen clase este luns 16 de outubro por mor dos incendios forestais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases nun total de 10 centros educativos galegos por mor dos incendios forestais e por precaución. Velaquí a lista de centros afectados segundo os datos actualizados ás 23.59 horas do domingo 15 de outubro (haberá nova actualización de información cando haxa novidades). Concello de […]

Nace un novo Centro Cultural e Deportivo na cidade de Vigo

Na Rúa Joaquín Lóriga (perto do mercado do progreso) no antigo colexio San Miguel, ábrese o edificio ó público para unha gran variedade de actividades. Na primeira planta impártense as clases de apoio escolar para todos os nivéis e asignaturas, con grupos reducidos para garantir os aprobados. Ademais danse tamén clases de lecto- escritura; pintura […]

Esquerda Unida denuncia a perda de 239 centros e 1.316 aulas educativas dende 2005 e insta ao Goberno a poñer freo na súa teima no desmantelamento do ensino no rural

Ramón Vázquez, membro da executiva de Esquerda Unida e José Cuenca, membro da área de Educación de Esquerda Unida, denunciaron en rolda de prensa a perda de 239 centros e 1.316 aulas educativas dende o ano 2005 e instaron ao Goberno da Xunta a poñer freo na súa teima de desmantelar o ensino dos nosos […]

Olalla Rodil pide a dimisión do conselleiro de Educación tras o peche de centros de ensino público

A portavoz parlamentaria de Educación, Olalla Rodil, ratificou a posición do BNG en contra do peche de centros anunciada pola Xunta de xeito arbitrario e intempestivo e, ademais, aproveitou o debate na Cámara para lanzar unha proposta ambiciosa que garanta un ensino de calidade no medio rural: un Plan específico para o ensino no rural […]

Ana Pontón: “A nova coitelada ao ensino público galego esixe a dimisión do conselleiro de Educacion”

A portavoz do BNG, Ana Pontón anunciou hoxe que o BNG pedirá a dimisión do conselleiro de Educación, Román Rodríguez na vindeira sesión plenaria do Parlamento galego, “a nova coitelada ao ensino galego esixe a dimisión do conselleiro”, afirmou a líder do BNG na concentración fronte á Xunta celebrada hoxe en protesta polo peche de […]

Fernán Vello esixe ao Goberno que rectifiquen e que non sigan a denigrar a filosofía: “Restitúan xa o seu fundamental ensino en bacharelato!”

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixiuse esta mañá na sesión de control ao Goberno ao Ministro de Educación para demandarlle que se recupere a Filosofía como asignatura obrigatoria en 2º de bacharelato e se aumente o ensino desta materia fundamental para a formación do alumnado. Fernán Vello conminou ao titular de […]

Olalla Rodil: “Un ensino de calidade necesita menos alumnado e máis persoal docente por aula”

A portavoz de Educación Olla Rodil aproveitou a comparecencia de balazo de curso do conselleiro para reclamar un ensino público de calidade cunha fórmula moi clara ara conseguilo: menos alumnado e máis persoal docente por aula e recursos económicos suficientes mudando o apoio que o PP presta ao ensino privado-concertado para enfocalo á educación pública. […]

Case 160.000 euros en obras de mantemento dos centros de ensino de Infantil e Primaria do concello en Pontevedra

A Concellaría de Educación está a realizar obras de mantemento e conservación de diversa entidade nos distintos centros de ensino do Concello. Estas obras forman parte do plan de investimentos fixado pola Concellaría o pasado ano logo de visitar cada centro de ensino, recoller as demandas das diretivas, de valoralas cos servizos técnicos municipais e […]

Máis do 97% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido

O 97,17 % do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2017/18 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.323 solicitudes para ese curso, 110 […]

Incrementan a dotación para os gastos de funcionamento nos centros educativos públicos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de incrementar as contías que os centros públicos de ensino perciben anualmente en concepto de gastos de funcionamento. A medra é dun promedio do 2,29% no caso dos centros que imparten ensinanzas de educación infantil e primaria, e de arredor do 2,34% para os de secundaria. […]

Ana Pontón reclama unha Lei Galega de Educación destinando o 7% do PIB fronte os continuos recortes do PP

A portavoz do grupo parlamentaria e do BNG, Ana Pontón afirmou que a LOMCE representa  o programa ideolóxico do  Partido popular  para  un “sistema educativo clasista, segregador, mercantilista e españolista”  ademais dos continuos recortes en materia de ensino  que tiveron   graves consecuencias en Galiza  polo que apostou por “unha Lei galega de educación”  cun plan […]

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo.  “A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pretende con esta folga asestar un golpe mortal e definitivo á LOMCE e aos recortes no ensino público para restituír os dereitos laborais e […]

O BNG esixe a Educación que cumpra a lei e presente os resultados da aplicación do decreto do plurilingüismo

A deputada e portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil reclamou a través dunha proposición non de lei instar a Xunta a avaliar “os resultados prácticos trala aplicación do decreto do plurilingüismo” e presentar os resultados na Cámara galega. A deputada aludiu á disposición adicional quinta da propia norma que obriga a  “con periodicidade anual […]

O BNG apoia a mocidade nas súas reivindicacións contra a LOMCE e en defensa do ensino público galego

A portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil participou hoxe  na manifestación convocada pola Plataforma en defensa do ensino público e dos dereitos. A parlamentaria do BNG manifestou ante os medios de comunicación o compromiso desta forza política co ensino público galego e reivindicou a “derrogación da LOMCE e o decreto do plurilinguismo”. Olalla Rodil […]

Relación de mobilizacións da CIG e prol do ensino público apoiadas polo BNG

MOBILIZACIÓNS DA CIG “PARA A RECUPERACIÓN DOS NOSOS DEREITOS” 15 de febreiro, mércores. Compostela 20.00 horas: manifestación dende a Praza Roxa. Lugo 20.00 horas: Concentración perante a Subdelegación do Goberno. Ourense 11.30 horas: Concentración perante a Subdelegación do Goberno. Pontevedra 12.00 horas: Concentración perante a Subdelegación do Goberno. Vilagarcía 12.00 horas: Concentración perante a oficina […]

A discriminación da lingua galega no ensino dispárase coa aplicación da LOMCE

O 29 de setembro de 2016, a CIG-Ensino dirixiuse ao conselleiro de educación para deixar constancia das inmediatas consecuencias da aplicación da LOMCE: incremento da españolización do sistema educativo galego e redución do ensino en galego. Do mesmo xeito, na Mesa Sectorial do 11 de outubro volveu incidir na necesidade de atallar esta situación sen […]

Folga e xornada de loita no ensino público o 26 de outubro

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia apoia a folga educativa convocada en todo o estado polos colectivos de estudantes e as súas familias para o vindeiro mércores, día 26 de outubro. O sindicato fai un chamamento ao profesorado para participar nas concentracións que se realizarán pola tarde na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. […]