🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A constante perda de poboación activa ameaza o mercado laboral galego: 16.300 persoas menos no último trimestre de 2017

A perda de poboación activa segue a ameazar o mercado laboral galega, até o punto de terse convertido nos últimos anos nun dos seus principais problemas. Os datos da EPA publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística amosan que esta tendencia non fixo máis que aumentar no último trimestre de 2017 agravouse este problema: en […]

O emprego precario, temporal e conxuntural suaviza os datos da EPA

O terceiro trimestre do ano, ao englobar os meses estivais é, tradicionalmente, un período con resultados positivos no mercado de traballo, máxime cando o sector Servizos, e especialmente as actividades relacionadas co turismo,  teñen cada vez maior peso na economía. Este último do ano 2017 non foi unha excepción. Outra cuestión é a calidade do […]

A caída da poboación activa e o incremento da temporalidade definen a EPA do segundo trimestre

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) referida ao segundo trimestre de 2017 confirma a alarmante precarización do mercado de traballo, derivada das políticas laborais aplicadas nos últimos anos. Como é habitual no segundo trimestre de cada ano, rexístrase un incremento da ocupación relacionada coas contratacións para o período estival. De aí que o maior medre […]

O mercado laboral galego destruíu 16.000 postos de traballo no primeiro trimestre

O noso país perdeu un total de 16.000 empregos nos tres primeiros meses de 2017, mentres que o número de parados/as rexistrados/as foi de 12.900, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). Neste período tamén se produciu un descenso da poboación activa en 3000 persoas con respecto ao trimestre anterior, dato que resulta […]

Carmela Silva cualifica os datos da EPA de preocupantes polo crecemento do número de desempregados

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cualificou hoxe de preocupantes os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2017 onde o número de desempregados creceu en máis de catrocentas mil persoas en todo o país. Especialmente alarmante, segundo Silva, é a situación da provincia de Pontevedra, onde a pesar […]

Declaracións de Yolanda Díaz sobre os datos da EPA

Yolanda Díaz: “Os datos da EPA confirman que Galicia sigue na senda da destrución de emprego indefinido, substituído por unha precariedade laboral crecente e preocupante”. Respecto aos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA)que o INE fixo públicos esta mañá, Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, sinalou que“Galicia sigue na […]

CCOO ve na última EPA un «balance negativo» do 2016

Comisións Obreiras (CCOO) ve na enquisa de poboación activa (EPA) do derradeiro trimestre do 2016 un «balance negativo» do último ano. A xuízo da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, os datos debuxan unha Galicia con menos emprego e un volume «insostible» de paro, precariedade e pobreza. Segundo a sindicalista, a actividade recupérase, mais […]

O descenso da poboación activa e da ocupación fixo baixar o paro no último trimestre de 2016 en Galiza

Segundo os datos que vén de publicar a EPA, o IV Trimestre de 2016 rematou cun total de 204.200 persoas desempregadas en Galiza, o que supón un descenso do paro do 2,6% respecto do trimestre anterior. Porén este descenso vén provocado por unha caída da poboación activa de 10.900 persoas respecto do trimestre anterior –o […]