O comité de Maderas Iglesias urxe a Xunta a implicarse co futuro da empresa

O comité de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que se atopa nunha situación crítica, reitera a necesidade de que a Xunta de Galiza se implique canto antes para garantir a continuidade da compañía. Denuncian que a dirección, que onte lles confirmou que non teñen pedidos de clientes, está a […]

Instan a E. Leclerc e ao centro comercial da Abella a “facer o máximo esforzo” para manter 58 empregos

O persoal de E. Leclerc e a CIG-Servizos instan a empresa francesa de supermercados e a empresa propietaria do centro comercial da Abella (Lugo) a realizar “o máximo esforzo” para facer posíbel a continuidade do hipermercado e dos 58 postos de traballo”. O grupo francés formulou un ERE de extinción para a totalidade do cadro […]

O Tribunal Supremo rexeita o recurso de Sargadelos: sete anos despois, a nulidade do ERE é firme

O Tribunal Supremo vén de comunicar  a non aceptación do recurso interposto por Cerámicas Sargadelos (Cervo) contra a sentenza que declaraba a nulidade do ERE formulado e parcialmente aplicado pola empresa no ano 2010. Esta resolución, que dá a razón ao defendido pola CIG, pon fin ao longo camiño administrativo e xudicial que as traballadoras […]

O persoal de Unipost protestará en Santiago diante de Facenda para pedir «solucións políticas» que eviten o peche

Comisións Obreiras (CCOO) intensifica as mobilizacións do persoal de Unipost para esixir unha saída política que permita a compra deste operador postal privado e evitar o peche. O sindicato defende que a compra de Unipost por parte doutra empresa é viable, mais para iso precisa que a Axencia Tributaria, como principal acredor, o favoreza. Isto […]

“A piques de quedar sen emprego, as traballadoras seguen a ser vítimas das ruíns actuacións do Grupo Deus”

Case un mes despois de iniciar folga, as traballadoras de Grupo Deus volvían marchar este mércores polas rúas de Ordes para denunciar os 103 despedimentos e o impago dos salarios, que xa acada as seis mensualidades. Aínda que a folga continúa, esta é a última manifestación que as traballadoras van realizar pola vila, xa que […]

Nin a sarabia nin o frío paralizan a loita das traballadoras do Grupo Deus

As traballadoras do Grupo Deus non se arredan nin diante das alertas meteorolóxicas, nin do frío, nin da sarabia nin da choiva. Coa dignidade que as caracteriza, as traballadoras realizaron este mércores outra marcha a pé dende a fábrica até a Alameda de Ordes para reclamar contra un ERE que é unha fraude e na […]

Prepotencia do Grupo Deus non ten límites: entrega as cartas de despedimento reiterando que non pode pagar a indemnización

A prepotencia do Grupo Deus non coñece límites. Mentres as traballadoras van camiño de cumprir as tres semanas en folga, a empresa comezou onte mesmo a entregar as cartas de despedimento, que terán efecto o vindeiro 3 de abril. Nas comunicacións, a empresa fai constar que non pode pagar a indemnización que legalmente lles corresponde […]

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga e realizarán unha marcha a pé este mércores

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga para esixir o cobro dos seus salarios e rexeitar o ERE de extinción co que a empresa pretende despedir a 103 empregadas. O persoal tomou a decisión de manter o paro logo de que a dirección confirmara que non ten intención de pagar ás nóminas […]

O persoal do Grupo Deus mobilízase en Ordes na segunda xornada de folga

A segunda xornada de folga no Grupo Deus está a rexistrar un seguimento total. Dende primeiras horas, as traballadoras volveron concentrarse ás portas da fábrica no Polígono Industrial de Ordes, berrando contra un ERE que consideran unha fraude e denunciando o impago dos salarios. Para dar máis visibilidade a súa loita, o persoal desenvolveu unha […]

Seguimento total no primeiro día de folga no Grupo Deus

O 100% das traballadoras do Grupo Deus están a secundar a primeira xornada de folga convocada na empresa en rexeitamento ao ERE de extinción para 103 empregadas e para esixir o cobro dos salarios adebedados. Para visibilizar a súa loita, as traballadoras permanecen concentradas dende primeira hora da mañá diante da fábrica do grupo no […]

Folga no Grupo Deus para esixir o cobro dos salarios e rexeitar o ERE de extinción

As traballadoras do Grupo Deus irán á folga o martes 7, mércores 8, xoves 9 e venres 10 de marzo para esixir o cobro dos salarios adebedadas (que nestes momentos xa ascende a cinco mensualidades) e en rexeitamento ao ERE presentado pola empresa en tres das sociedades do grupo, a través do que pretende despedir […]

Traballadores/as de GES Siemsa mobilízanse en defensa dos empregos e as condicións laborais

Traballadores e as traballadoras de Global Energy Services Siemsa (GES) concentráronse esta tarde ás portas das oficinas da empresa no Polígono da Grela (A Coruña) en defensa dos empregos e das condicións laborais, fronte ao plan de viabilidade formulado pola dirección que contempla o despedimento de 16 operarios/as en Galiza, un ERTE de redución de […]

GES formula un plan de viabilidade que contempla un ERE, un ERTE e unha redución dos salarios

O persoal do centro de traballo que Global Energy Services Siemsa (GES) ten na Coruña vai iniciar mobilizacións en defensa do emprego e das condición de traballo. A primeira das protestas tera lugar hoxe martes 14 de febreiro, ás 20:00 horas, cunha concentración diante das instalacións de GES no Polígono da Grela (rúa Juan de […]

Non, segue sendo non! A loita contra os ataques de Extel non rematou

A Sección Sindical da CIG en Extel entende que hai que seguir na loita “ante os constantes ataques da empresa aos postos de traballo nesta plataforma”. Neste senso, aclaran que a central vai impugnar o ERE, porque en ningún caso a voluntariedade das baixas valida a falta de causas e ante o temor de que […]

A CIG non asina o acordo do ERE do Popular-Pastor porque supón perder uns 400 empregos na Galiza

A Sección Sindical da CIG nos bancos Pastor e Popular non asinou o acordo para o expediente de regulación polas graves repercusións que ten para Galiza: perderanse uns 400 postos de traballo, pecharán un total de 42 oficinas e outras 25 sufrirán un peche parcial. Unhas cifras que a central nacionalista considera intolerábeis e que […]

As organizacións sindicais convocarán folga no Banco Popular-Pastor para o 10 de novembro

A diverxencia total nas posturas, a falta de información e o “ninguneo” por parte da empresa levaron ás organizacións sindicais a acordar a convocatoria de folga en todo o Grupo Banco Popular para o próximo 10 de novembro. Unha convocatoria unitaria que a Sección Sindical da CIG impulsou e reclamaba pois, “se non convocamos folga […]

Nova xornada de paros e manifestacións para rexeitar o ERE en Extel

A loita contra o ERE que Extel pretende aplicar continúa este mércores con paros laborais de dúas horas por quenda de traballo e manifestacións dende as oficinas que a empresa ten en Matogrande (A Coruña) até unha das oficinas de Adecco (propietaria de Extel). A CIG reitera que non existen causas que xustifiquen “un ERE […]