🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A IV Asemblea Nacional do Colectivo Político Espazo Ecosocialista (ecosocialistas.gal) aposta claramente por EnMarea como embrión dun proxecto da esquerda nacional sustentado na unidade popular local

Tal como xa determinou na súa anterior asemblea, volveu a ratificar, a súa concepción como “Colectivo de Intervención Política, en formato de Cooperativa Política-Cultural, nunha formula mixta entre think tank (ideas) e un colectivo de activistas cooperativos (acompañamento). Para o primeiro obxectivo (o impulso ao ideario do ecosocialismo e do bencomún) debemos reforzar o papel do […]

ESPAZO cre necesario consolidar EN MAREA como un partido de novo formato

O Consello Dinamizador do Colectivo Político ESPAZO reuniuse este pasado fin de semana para facer balance da campaña das autonómicas nas que os seus membros participaron como adheridos ao partido político de EN MAREA. ESPAZO valora como moi negativo, para os dereitos das persoas e para o autogoberno, a vitoria do PP e a continuidade […]

ESPAZO-EQUO constitúese en Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político e fai unha aposta clara por Mareas en Común

Un mes despois do proceso de confluencia posta en marcha pola Mesa Nacional de EQUO Galicia e o Consello Dinamizador de ESPAZO para avanzar na construción dun referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista, como parte do reagrupamento da esquerda galega renovadora do século XXI este sábado 28 de maio celebrouse en Santiago de […]

ESPAZO e EQUO presentaron o seu proceso de cooperativa política para o reagrupamento da esquerda verde e renovadora

Xuntar forzas para introducir as ideas do Ecoloxismo Político, Ecofeminismo e Ecopacifismo na axenda do día a día é un dos obxectivos da cooperativa política ESPAZO EQUO, que esta mañá foi presentada polo coordinador de ESPAZO, Manel Cardoso, e a co-voceira de EQUO Galicia, Silvia Pinal. Ambos representantes expresaron que o resultado do debate interno […]

O Consello Dinamizador de ESPAZO [Ecosocialista] reuniuse este mércores 13 de abril co fin de concretar os acordos marcados pola Comunidade Aberta (máximo órgano entre asembleas) celebrada o pasado 19 de marzo. Para ESPAZO dous son os obxectivos centrais neste período: asentar, por unha banda, o proceso da MAREA como bloque político-social de cambio, necesariamente […]

O Foro OBenComún, que no seu momento decidiu impulsar o colectivo político Espazo  (Ecosocialista), toma corpo como unha realidade tanxible desde agora coa web www.obencomun.gal que será o lugar de encontro de multiples voces “na procura de novos horizontes, da identificación de novas axendas e da composición dun novo relato necesarios para poder pensar outro futuro”, desde os […]

ESPAZO considera necesaria a participación real no proceso de converxencia para non repetir as eivas de AGE

O Colectivo de Intervención Política ESPAZO (antes Espazo Ecosocialista Galego) reuniu hoxe  por primeira vez o seu Consello Dinamizador, elixido na III Asemblea Nacional celebrada o pasado día 3 en Ames. A xuntanza serviu para deseñar a nova folla de ruta desta cooperativa política de esquerdas e definir polo concreto as novas tarefas que esta […]

Manel Cardoso substitúe a Xoán Hermida ao fronte do Colectivo Político ESPAZO

– ESPAZO abre unha nova etapa, fuxindo do formato de partido tradicional, é valorando positivamente o preacordo presentado por Anova, EU e Podemos A III Asemblea Nacional [Extraordinaria] de Espazo (anteriormente Espazo Ecosocialista Galego) abordou hoxe en Ames o análise sobre o novo tempo político aberto tras as municipais tanto no referido á construción da […]

Espazo Ecosocialista celebra a súa III Asemblea [Extraordinaria]

Baixo o lema “construír a unidade popular, reforzar o ben común” Espazo Ecosocialista celebra este sábado 3 de outubro a súa III Asemblea Nacional [Extraordinaria] no concello de Ames [Pazo da Peregrina. Bertamiráns]. A asemblea ven marcada polo período de reflexión que a organización ecosocialista tomou despois das eleccións municipais co fin de abordar a […]

Espazo Ecosocialista aposta por seguir afondando no camiño da unidade cooperativa e participada que abriron as Mareas

– A formación ecosocialista abre un período de reflexión sobre o novo tempo político que culminará nunha asemblea extraordinaria en setembro – Espazo Ecosocialista aposta por seguir afondando no camiño da unidade cooperativa e participada que abriron as Mareas O Equipo Coordinador (Permanente) de Espazo Ecosocialista reuniuse hoxe sábado 30 en Ames para facer un […]

Espazo Ecosocialista cre irreversible a política da participación cidadá e ve nas mareas o xermolo para o novo instrumento de cambio

– Reunión do Equipo Coordinador Nacional de Espazo Ecosocialista – Espazo Ecosocialista cre irreversible a política da participación cidadá e ve nas mareas o xermolo para o novo instrumento de cambio Espazo Ecosocialista Galego ten manifestado reiteradamente o seu apoio sen ambivalencias ás iniciativas democráticas e cidadás que durante os últimos meses téñense ido vertebrando […]

Presentacion libro “Ecoloxía política. Olladas desde Galicia”

– OBenComún ( selo editorial de Espazo Ecosocialista)  ven de editar o seu terceiro libro. – Nesta ocasión sobre ecoloxía política con 17 autores/as dos máis destacados na súa especialidade. Presentación do libro “ECOLOXÍA POLÍTICA. OLLADAS DESDE GALICIA”  A sociedade humana na súa configuración actual depende, alén dos alimentos, fundamentalmente da enerxía fósil e dos […]

Espazo Ecosocialista fará campaña en Redondela a favor da Renda Básica Incondicional

– O partido da esquerda verde galega Espazo Ecosocialista fará campaña en Redondela a favor da Renda Básica. Para este colectivo a Renda Básica é un instrumento de empoderamento cidadá e útil para transformar o concepto do traballo e permitir unha vida digna as persoas desde que nacen. Espazo Ecosocialista, que no seu día xa […]

A asemblea de Espazo Ecosocialista en Vigo aposta por procesos de confluencia arredor da Marea de Vigo

A Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de Vigo ratificou a súa decisión de apoiar a Marea de Vigo e AER de Redondela como os espazos sobre os que se debe vertebrar os procesos de confluencia cara as municipais. Espazo Ecosocialista Galego ten manifestado reiteradamente o seu apoio sen ambivalencias ás plataformas cidadás que a través […]

A resposta ‘indigna’ sobre a destrución do Monte da Fracha

– Para Espazo Ecosocialista a resposta do ministerio que dirixe Ana Pastor amosa o deprecio que esta ten polos problemas da xente. O pasado 11 de novembro Espazo Ecosocialista, por medio do deputado de ICV Joan Coscubiela, adscrito ao Grupo Parlamentar da Esquerda Plural (IU/ICV-EUiA/CHA)  rexistraba a seguinte pregunta dirixida á Ministra de Fomento, Ana Pastor: […]

Espazo Ecosocialista denuncia a campaña de acoso contra os preferentistas e amosa o apoio ao compañeiro Lois Baulo

Unha vez máis, o estado exerce a súa coacción sobre a disidencia, sobre a protesta lexítima, sobre a insubmisión cívica e pacífica, sobre a denuncia perante unha monumental e dolosa estafa como son as denominadas “preferentes” vendidas polas antigas caixas e que supuxeron a ruína para moitas familias do noso país. Acusar e levar a […]

Apoio de espazo ecosocialista ao movemento municipalista Ourense en común

O pasado martes 16 de decembro reuniuse  no Ateneo de Ourense, as xentes do movemento municipalista Ourense en Común e da agrupación de Espazo Ecosocialista de Ourense, para tratar da confluencia  no proxecto popular formado de cara as eleccións municipais. Espazo Ecosocialista xa fixera público a nivel nacional o apoio as diferentes iniciativas cidadás que […]

Espazo asiste a un encontro de Espazo Plural e unas xornadas municipalistas promovidas polo Green European Foundation e ICV

No marco das reunións e encontros que Espazo Ecosocialista esta a manter co fin de fortalecer lugares de encontro e colaboración esta fin de semana unha delegación do partido verde galego asistirá a Barcelona. A visita terá un dobre motivo. Por unha banda asistir a un encontro de Espazo Plural, onde Espazo Ecosocialista comparte proxecto […]

O Consello Aberto de Espazo concreta as súas propostas unitarias en Europea, Estado e Galicia para a próxima etapa de ruptura democrática

– O Consello Aberto de Espazo concreta as súas propostas unitarias en  Europea, Estado e Galicia para a próxima etapa de ruptura democrática – Aproba unha declaración a propósito do 3º aniversario do ‘Decálogo Ecogaleguista’ – Participará no cumio de Barcelona, 24 de xaneiro, con forzas da esquerda e verde do Sur de Europa – […]

Espazo Ecosocialista apoia sen contraprestacións iniciativas cidadás para unha municipais no marco do periodo constituínte

A Conferencia Política de Espazo Ecosocialista sobre a construción de alternativas nos concellos, celebrada hoxe sábado 8 de novembro de 2014, definiu as liñas xerais de intervención da proposta ecosocialista para as eleccións municipais de maio de 2015. Reiterar unha vez máis que para Espazo Ecosocialista estamos diante dunhas eleccións de marcado carácter político pois […]

Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política sobre a construción de alternativas nos concellos

O vindeiro 8 de novembro, Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política centrada no desenvolvemento de alternativas nos Concellos. O lugar será o Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames). As xornadas comezarán cunha Mesa Redonda sobre cidadanía e cambio nos concellos, na que contaremos con representantes de distintas plataformas que están a constituirse en alternativa en […]

Espazo Ecosocialista acusa a Xunta de Galicia de deixación de funcións na loita contra a pobreza

No Día Internacional pola Erradicación da Pobreza Espazo Ecosocialista considera que o ‘turbocapitalismo’ xa amosou dabondo o seu rostro máis terrible e acusa a Xunta de Galicia de deixación de funcións na loita contra a pobreza A situación Social de Galicia é absolutamente dramática para unha boa parte dos seus cidadáns: máis de 650.000 galegos […]

Espazo Ecosocialista e a Agrupación de Electores de Redondela (AER) abren vías de cooperación conxuntas

Reunidos Espazo Ecosocialista Galego e a Agrupación de Electores de Redondela (AER), DECLARAN: Que Espazo Ecosocialista naceu ao calor do 15M, entendendo que dito movemento, máis aló das súas voces concretas, expresaba unha demanda de cambio de acción política, froito da desafección dunha parte importante da poboación que observaba aos partidos políticos como clubs privados, […]

A Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento continua as súas políticas contrarias a mobilidade sustentábel

Espazo Ecosocialista situa a A57, as inversións nas autovias de Barbanza ou Salnes e o proxecto de ampliación de Rande com exemplos de paradigmas do que non se debe facer. Outro ano máis chega o Día sen Coches, dentro da Semana Europea da Mobilidade, celebración coa que a UE pretende promover os modos de transporte […]