🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A IV Asemblea Nacional do Colectivo Político Espazo Ecosocialista (ecosocialistas.gal) aposta claramente por EnMarea como embrión dun proxecto da esquerda nacional sustentado na unidade popular local

Tal como xa determinou na súa anterior asemblea, volveu a ratificar, a súa concepción como “Colectivo de Intervención Política, en formato de Cooperativa Política-Cultural, nunha formula mixta entre think tank (ideas) e un colectivo de activistas cooperativos (acompañamento). Para o primeiro obxectivo (o impulso ao ideario do ecosocialismo e do bencomún) debemos reforzar o papel do […]

ESPAZO cre necesario consolidar EN MAREA como un partido de novo formato

O Consello Dinamizador do Colectivo Político ESPAZO reuniuse este pasado fin de semana para facer balance da campaña das autonómicas nas que os seus membros participaron como adheridos ao partido político de EN MAREA. ESPAZO valora como moi negativo, para os dereitos das persoas e para o autogoberno, a vitoria do PP e a continuidade […]

ESPAZO-EQUO fan un chamamento o 25 de xullo a construír un proxecto político cidadá desde a radicalidade democrática

A cooperativa ecoloxista ESPAZO-EQUO veñen de lanzar o manifesto UNHA ONDA VERDE PARA DEFENDER A TERRA coa que pretender enmarcar fixar a súa posición no 25 de Xullo e pensando na  axenda do curso próximo. Para ESPAZO-EQUO, “atopámonos nun novo tempo político que nos fala dunha maior participación cidadá, dun novo xeito de entender a […]

A Mesa Nacional de ESPAZO-EQUO fará un chamamento aos seus membros para que participen do encontro constituínte da nova En Marea

A Mesa Nacional da Cooperativa Ecoloxista ESPAZO-EQUO, que se reunía por vez primeira este sábado 16 de xullo desde a asemblea constituínte do pasado 28 de maio, acordou por unanimidade sumarme ao proceso de confluencia definido na declaración dos alcaldes das Mareas de A Coruña, Ferrol e Compostela. ESPAZO-EQUO coincide coa declaración dos alcaldes ao […]

ESPAZO-EQUO valora positivamente a declaración dos alcaldes das Mareas e demanda primarias abertas

O Equipo de Coordinación e Comunicación de ESPAZO-EQUO fixo unha primeira valoración do Manifesto pola Confluencia presentado onte polos alcaldes das Mareas de A Coruña, Ferrol e Compostela.  ESPAZO-EQUO valora positivamente este chamamento dos alcaldes sinalando tres aspectos a destacar: a asunción de que o formato de coalición partidaria de En Marea esta superado; a […]

ESPAZO-EQUO constitúese en Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político e fai unha aposta clara por Mareas en Común

Un mes despois do proceso de confluencia posta en marcha pola Mesa Nacional de EQUO Galicia e o Consello Dinamizador de ESPAZO para avanzar na construción dun referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista, como parte do reagrupamento da esquerda galega renovadora do século XXI este sábado 28 de maio celebrouse en Santiago de […]

ESPAZO e EQUO presentaron o seu proceso de cooperativa política para o reagrupamento da esquerda verde e renovadora

Xuntar forzas para introducir as ideas do Ecoloxismo Político, Ecofeminismo e Ecopacifismo na axenda do día a día é un dos obxectivos da cooperativa política ESPAZO EQUO, que esta mañá foi presentada polo coordinador de ESPAZO, Manel Cardoso, e a co-voceira de EQUO Galicia, Silvia Pinal. Ambos representantes expresaron que o resultado do debate interno […]

A Mesa Nacional de EQUO Galicia e o Consello Dinamizador de ESPAZO [Ecosocialista] iniciaron conversas para avanzar na construción dun referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista, como parte do reagrupamento da esquerda galega renovadora do século XXI desde o soberanismo cívico, a sustentabilidade ambiental, a xustiza social global, a cultura da paz, os […]

O Consello Dinamizador de ESPAZO [Ecosocialista] reuniuse este mércores 13 de abril co fin de concretar os acordos marcados pola Comunidade Aberta (máximo órgano entre asembleas) celebrada o pasado 19 de marzo. Para ESPAZO dous son os obxectivos centrais neste período: asentar, por unha banda, o proceso da MAREA como bloque político-social de cambio, necesariamente […]

O Colectivo Político ESPAZO (ecosocialista) celebra este sábado 19 de marzo a xuntanza da súa Comunidade Aberta, órgano máximo entre asembleas.  A xuntanza celebrarase no Restaurante Paz Nogueira (na rúa Castiñeiriño 14) de Santiago de Compostela. Dous son os temas que abordaran os ecosocialistas. – Análise sobre a situación política (proceso para a configuración de […]

ESPAZO analiza a folla de ruta para o cambio sobre a nova cartografía política de EN MAREA

O Consello Dinamizador do Colectivo Político ESPAZO reuniuse o 30 de decembro para valorar o resultado das pasadas eleccións xerais e formular a iniciativa política no novo período: Os resultados das pasadas eleccións veñen a confirmar a demanda  cidadá de construír unha nova democracia,  referenciada no 15M, e onde o bipartidismo ‘turnista’, prevalecente durante case […]

ESPAZO considera necesaria a participación real no proceso de converxencia para non repetir as eivas de AGE

O Colectivo de Intervención Política ESPAZO (antes Espazo Ecosocialista Galego) reuniu hoxe  por primeira vez o seu Consello Dinamizador, elixido na III Asemblea Nacional celebrada o pasado día 3 en Ames. A xuntanza serviu para deseñar a nova folla de ruta desta cooperativa política de esquerdas e definir polo concreto as novas tarefas que esta […]

Espazo Ecosocialista fará campaña en Redondela a favor da Renda Básica Incondicional

– O partido da esquerda verde galega Espazo Ecosocialista fará campaña en Redondela a favor da Renda Básica. Para este colectivo a Renda Básica é un instrumento de empoderamento cidadá e útil para transformar o concepto do traballo e permitir unha vida digna as persoas desde que nacen. Espazo Ecosocialista, que no seu día xa […]

A asemblea de Espazo Ecosocialista en Vigo aposta por procesos de confluencia arredor da Marea de Vigo

A Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de Vigo ratificou a súa decisión de apoiar a Marea de Vigo e AER de Redondela como os espazos sobre os que se debe vertebrar os procesos de confluencia cara as municipais. Espazo Ecosocialista Galego ten manifestado reiteradamente o seu apoio sen ambivalencias ás plataformas cidadás que a través […]

Espazo Ecosocialista manifesta publicamente o seu apoio a Compostela Aberta

Espazo Ecosocialista ven de manifestar o seu apoio a Compostela Aberta como ferramenta para construír unha candidatura cidadá para as eleccións municipais de maio en Santiago de Compostela. Espazo Ecosocialista afirma sentirse representada e integrada nesta plataforma cívica e compartir plenamente os seus principios e obxectivos. Polo tanto, renuncia á presentación de candidatura propia e […]

Espazo Ecosocialista denuncia a campaña de acoso contra os preferentistas e amosa o apoio ao compañeiro Lois Baulo

Unha vez máis, o estado exerce a súa coacción sobre a disidencia, sobre a protesta lexítima, sobre a insubmisión cívica e pacífica, sobre a denuncia perante unha monumental e dolosa estafa como son as denominadas “preferentes” vendidas polas antigas caixas e que supuxeron a ruína para moitas familias do noso país. Acusar e levar a […]

Apoio de espazo ecosocialista ao movemento municipalista Ourense en común

O pasado martes 16 de decembro reuniuse  no Ateneo de Ourense, as xentes do movemento municipalista Ourense en Común e da agrupación de Espazo Ecosocialista de Ourense, para tratar da confluencia  no proxecto popular formado de cara as eleccións municipais. Espazo Ecosocialista xa fixera público a nivel nacional o apoio as diferentes iniciativas cidadás que […]

Espazo asiste a un encontro de Espazo Plural e unas xornadas municipalistas promovidas polo Green European Foundation e ICV

No marco das reunións e encontros que Espazo Ecosocialista esta a manter co fin de fortalecer lugares de encontro e colaboración esta fin de semana unha delegación do partido verde galego asistirá a Barcelona. A visita terá un dobre motivo. Por unha banda asistir a un encontro de Espazo Plural, onde Espazo Ecosocialista comparte proxecto […]

Comunicado de Espazo sobre Gañemos Lugo e Lugo en común

– Espazo Ecosocialista insta á necesaria converxencia entre Gañemos Lugo e Lugo en Común A agrupación de Lugo de Espazo Ecosocialista considera que a situación social xeral e política do noso concello obriga a ter altura de miras por parte das forzas políticas que se sitúan no campo da ruptura democrática para que non tire […]

O Consello Aberto de Espazo concreta as súas propostas unitarias en Europea, Estado e Galicia para a próxima etapa de ruptura democrática

– O Consello Aberto de Espazo concreta as súas propostas unitarias en  Europea, Estado e Galicia para a próxima etapa de ruptura democrática – Aproba unha declaración a propósito do 3º aniversario do ‘Decálogo Ecogaleguista’ – Participará no cumio de Barcelona, 24 de xaneiro, con forzas da esquerda e verde do Sur de Europa – […]

Espazo Ecosocialista acusa a Xunta de Galicia de deixación de funcións na loita contra a pobreza

No Día Internacional pola Erradicación da Pobreza Espazo Ecosocialista considera que o ‘turbocapitalismo’ xa amosou dabondo o seu rostro máis terrible e acusa a Xunta de Galicia de deixación de funcións na loita contra a pobreza A situación Social de Galicia é absolutamente dramática para unha boa parte dos seus cidadáns: máis de 650.000 galegos […]

Espazo Ecosocialista e a Agrupación de Electores de Redondela (AER) abren vías de cooperación conxuntas

Reunidos Espazo Ecosocialista Galego e a Agrupación de Electores de Redondela (AER), DECLARAN: Que Espazo Ecosocialista naceu ao calor do 15M, entendendo que dito movemento, máis aló das súas voces concretas, expresaba unha demanda de cambio de acción política, froito da desafección dunha parte importante da poboación que observaba aos partidos políticos como clubs privados, […]

A Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento continua as súas políticas contrarias a mobilidade sustentábel

Espazo Ecosocialista situa a A57, as inversións nas autovias de Barbanza ou Salnes e o proxecto de ampliación de Rande com exemplos de paradigmas do que non se debe facer. Outro ano máis chega o Día sen Coches, dentro da Semana Europea da Mobilidade, celebración coa que a UE pretende promover os modos de transporte […]

Espazo Ecosocialista conmemorará o 25 de Xullo “en defensa da nosa terra e da nova política”

O 25 de Xullo non podemos falar de patria, de nación ou de galeguidade e asistir indiferentes á destrucción da nosa terra Espazo Ecosocialista conmemorará o 25 de xullo cun acto político en defensa do medio natural nacional e contra a ameaza da megaminería. Baixo o lema ““A construción da nación comeza na defensa do […]