🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Esquerda Unida organiza en Vigo a charla “Refuxiados/as:  que hai alén da ruta dos Balcáns?”

A charla será presentada pola Senadora de En Marea Vanesa Angustia e conducida polo fotógrafo documental vigués Felipe Carnotto, coautor do libro “A ruta dos Refuxiados” (Editorial Catro Ventos), quen falará da súa experiencia acompañando e retratando á poboación refuxiada na súa fuxida na procura de asilo en Europa. Preténdese dar a coñecer as razóns do […]

Esquerda Unida Vigo felicita ás familias insubmisas e a FOANPAS polo rotundo éxito no seu boicot ás reválidas do PP

O Consello Político Local de Esquerda Unida en Vigo vén de manifestar a súa satisfacción polo “éxito rotundo” das familias na campaña de insubmisión ás reválidas, que cun 90% de apoio ao boicot, segundo datos da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS), convértea nun “fito histórico” […]

Esquerda Unida Vigo celebrará un videoforum e posterior charla-debate sobre a “Crise humanitaria ás portas de Europa”

No acto participaran: O deputado de Alternativa Galega de Esquerda e membro da executiva nacional de Esquerda Unida Xabier Ron, gran activista pola defensa dos dereitos humanos e colaborador permanente de asociacións de solidariedade internacional, tamén se contará coa presencia de Nour Al-Hussen activista e politóloga galegasiria dominadora da geopolítica do Mundo Árabe, voz incansable das súas compatriotas silenciadas […]

Esquerda Unida en Vigo organiza unha charla-coloquio sobre as Revolución Árabes

A Agrupación Local de Esquerda Unida en Vigo organiza unha charla-coloquio sobre “Revolucións Árabes: Nacionalismo, relixión e democracia” que terá lugar o Martes día 3 de Novembro no Paraninfo do antigo Rectorado da Universidade de Vigo na rúa Oporto ás 20:00h. A xornada estará dirixida polo médico e escritor galego palestiniano Mohamed Safa, persoa coñecedora in situ dos procesos […]

Esquerda Unida Vigo celebra unha xornada de traballo sobre a construcción da Unidade Popular en Vigo

Militantes, simpatizantes e activistas sociais traballarán este sábado 22 en Vigo sobre os procesos de unidade da Esquerda Política e Social. O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, e voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO considera que EU ten sido partes sustancial de moitos procesos de encontro e construcción de alternativas electorais como […]

Arrincan as xornadas “Recuperar soberanía, desarmar o TTIP”

– Este xoves 26 darán comezo as xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR en Galicia. O xoves 26 de marzo, ás 19:30h., terá lugar, no Auditorio do centro Municipal de Teis(Cami​ñ​o Maceiras s/n, 36207, Vigo) a primeria das sesións que compoñen as xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, da man de Susan George, activista, […]

Esquerda Unida de Vigo denuncia o “exterminio” dos plans de ocio xuvenil na cidade de Vigo

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, denunciou hoxe unha práctica programada de cancelar programas como SUBETE AO CASTRO cunha participación e actividade programada moi notable e a súa sustitución por actuación lúdico-deportivas puntuais, mediante contrato directo, con empresas absolutamente “descoñecidas” no ámbito da programación cultural ou xuvenil. ESQUERDA UNIDA non entende como […]

Esquerda Unida de Vigo pide explicacions no próximo Pleno e Comisión de Investigación Municipal

– Esquerda Unida pide un punto monográfico no próximo Pleno de Vigo sobre a imputación dos interventores e unha Comisión Municipal Especial na próxima lexislatura. O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que a as irregularidades  na política de contratación pública e de personal para os programas de emprego ten que ser […]

Esquerda Unida Vigo denuncia os despedimentos de 13 traballadores de Povisa

– Esquerda Unida denuncia os despedimentos que no día de hoxe notificou a dirección de Povisa a 13 traballadoras/es. O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera este anuncio, outro exemplo do abuso que esta empresa está exercer en todos os ámbitos e exixe o SERGAS que os parámetros […]

Esquerda Unida pide censo de inmuebles públicos para evitar desahucios cómo el de Aurea y su hija

– Esquerda Unida de Vigo urxe un censo público de inmobles de titularidade municipal (vivendas e locais) para evitar de xeito urxente que familias de Vigo queden sen vivenda polos despexos como o caso de Aúrea e a súa filla.  – O candidato de EU ao Concello de Vigo Rubén Pérez volta a reiterar a publicación […]

Esquerda Unida solidarízase co veciño de Coia que está sendo xulgado

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, asistirá mañá a concentración nos xulgados de Vigo en solidariedade con Xurxo ó que o fiscal pídelle dous anos e medio de cadea e máis de 1200 euros de indemnización pola súa participación nas concentracións contra a instalación do barco. ESQUERDA UNIDA […]

Esquerda Unida pide a xestión pública directa dos Parkings en Concurso en Vigo

-Esquerda Unida pide a xestión pública directa dos Parkings do Calvario, Coia e Rosalía de Castro.  O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera que nunca deberon saír a concurso para a súa xestión a través de empresas privadas e mesmo algún deles nin debería “ter sido construído pola […]

Rubén Pérez, candidato de EU á alcaldía de Vigo, pide “verdadeira proposta unitaria” nos espazos de converxencia xurdidos na cidade

Rubén Pérez, que foi o único candidato presentado para as primarias abertas de EU na cidade cuxo prazo de recolla de avais rematou este fin de semana, considera que baixo o nome de “plataforma cidadá”, pode autodenominarse “calqueira iniciativa de parte”, sen garantías de ser realmente un espazo de encontro da esquerda política e social. […]

Fallece Julio Alonso, ex coordinador comarcal de Esquerda Unida en Vigo

– O coordinador local de EU, Rubén Pérez, lamentou hoxe o falecemento de Julio Alonso, que fora coordinador comarca de EU en Vigo, alcalde pedáneo de Bembrive entre 1995 e 1998 e candidato de EU á alcaldía de Vigo nas municipais de 2003. “Os homes e mulleres de EU”, sinala o coordinador local de EU […]

Esquerda Unida de Vigo abre primarias para elexir o seu candidato / a

– EU abre hoxe o prazo para que se presenten candidatos / as para as primarias abertas que elixirán a proposta de cabeza de lista para as municipais 2015 en Vigo. – Esquerda Unida celebra primarias abertas nos municipios de máis de 50.000 habitantes, entre eles Vigo. – Os candidatos ou candidatas elexidos/as serán as […]

EU dubida da legalidade de destinar 300.000€ á colocación do barco na rotonda sen contrato público

ESQUERDA UNIDA DUBIDA DA LEGALIDADE DE DESTINAR 300.000 € Á COLOCACIÓN DO BARCO ALFAGEME NA ROTONDA DE COIA, SEN CONTRATO PÚBLICO E PRESUNTAMENTE AMPARANDO A OBRA NO CAPÍTULO DE MANTEMENTO DOS ORZAMENTOS. EU pide claridade e trasparencia nesta actuación, a que se opón radicalmente e solicita a sua paralización. O coordinador local de EU, Rubén […]

EU considera delirantes os gastos en decoración de Nadal e a rotonda de Coia

ESQUERDA UNIDA TEME UN GASTO DESCONTROLADO EN DECORACIÓN E ILUMINACIÓN DE NADAL NON ASIGNADO NO ORZAMENTO. O coordinador local de EU, Rubén Pérez, considera innecesario incrementar casi un 25% o orzamento (pasou de 292.000 en 2013 a 382.000 euros en 2014 a partida de iluminación de nadal) e pide a oposición que audite todas as […]

Esquerda Unida pide auténtica tutela sindical nos procesos de contratación pública

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE AUTÉNTICA TUTELA SINDICAL PARA EVITAR QUE OS PROCESOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO SEÑAN UNHA INDECENCIA. O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez di que nin en probabilidade matemática nin en estatística se obtén un resultado tan “aliñado” entre familiares da UGT e contratación de personal no Concello. […]

O Partido Comunista de Galicia celebra en Vigo mañá sábado 4 o seu XIII Congreso

O PCG, forza presente en Esquerda Unida dende a súa fundación, celebra o seu congreso no HOTEL COIA (entrechán) 11:30-12:30 HORAS Os medios poden tomar gráficos na sala do Congreso e das intervencións das delegacións convidadas. 12:30 HORAS Declaracións de Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE e Carlos Portomeñe, Secretario Xeral […]

Esquerda Unida de Vigo e Paterna (Valencia) celebran acto público en Vigo contra os proxectos de Eurofund

ESQUERDA UNIDA DE VIGO E ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (VALENCIA) UNEN AS SÚAS FORZAS CONTRA OS MACROCENTROS COMERCIAIS DE EUROFUND NAS DÚAS LOCALIDADES . EU de Vigo e EUPV de Paterna celebran en Vigo este xoves 25 un acto aberto sobre os proxectos de PORTO CABRAL (Vigo) e PUERTO MEDITERRANEO (Paterna) como exemplos dun modelo […]

Esquerda Unida denuncia o recurso do PSOE a sentenza da Cruz do Castro

ESQUERDA UNIDA URXE CONSIDERA “GRAVISIMO AGRAVIO AS VICTIMAS DO FRANQUISMO” O RECURSO DO ALCALDE Á SENTENCIA QUE OBRIGA A DERRUBAR A CRUZ DO CASTRO. O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que varios candidatos en 2011 e membros do PSOE como Carmela Silva e Santos Héctor asinaron a favor da petición da COMISIÓN VIGUESA […]

Esquerda Unida apoia a folga das/os traballadoras/es ferroviarios

Esquerda Unida considera que esta folga e as que virán son necesarias para a defensa dos servizos públicos fronte as privatizacións que se están levando a cabo nos últimos anos. Dende Esquerda Unida amosamos o total apoio a folga en Renfe e Adif convocada polos sindicatos durante os dias 31 de Xullo e 1 de […]

Esquerda Unida alerta dos contratos públicos a concurso que priorizan o recurte en custos sobre as capacidades técnicas ou o servizo

ESQUERDA UNIDA DE VIGO ALERTA DOS CONTRATOS PÚBLICOS A CONCURSO QUE PRIORIZAN O RECURTE EN CUSTOS SOBRE AS CAPACIDADES TÉCNICAS OU O SERVIZO. EU DE VIGO pon de exemplo o concurso aberto para a xestión da vixiancia dos museos da cidade, donde os aspectos técnicos puntuan un máximo de 10 e rebaixar o prezo estimado […]

Esquerda Unida pide unidade política e social polo partido xudicial de Vigo

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIARÁ E PARTICIPARÁ EN TÓDALAS MOBILIZACIÓNS CONTRA A DECISIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA DE ELIMINAR O PARTIDO XUDICIAL DE VIGO. O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, pide unidade política e social para evitar que desapareza a arquitectura xudicial na nosa cidade e considera especialmente grave a desaparición do […]

Esquerda Unida presenta moción sobre referendo vinculante Monarquía ou República

 ESQUERDA UNIDA PRESENTA NO REXISTRO DO CONCELLO UNHA PROPOSTA DE MOCIÓN PARA PEDIR UN POSIONAMENTO DO PLENO A FAVOR DO REFERENDO VINCULANTE SOBRE MONARQUÍA OU REPÚBLICA  O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez presentou hoxe no rexistro do concello unha proposta de moción coa que EU pretende que “como no 1936 seña o […]

Resolución do Consello Local de Esquerda Unida de Vigo

O CPL de EU en Vigo traslada unha felicitación ao conxunto da militancia de ANOVA, ESQUERDA UNIDA e ESPAZO ECOSOCIALISTA polo traballo activo na campaña electoral e sobre todo na súa participación na consolidación do proxecto de AGE en Vigo. EU considera que sendo a primeira vez que AGE concorria a un proceso electoral nas […]

  A candidata ó Parlamento Europeo Lidia Senra acompañada do voceiro do grupo parlamentar de AGE Xose Manuel Beiras e a vicevoceira Yolanda Diaz, participaran no acto que se desenvolvera a partir das 20:00 no Auditorio Mar de Vigo (planta 7ª, sala polivalente) O acto, que forma parte da Caravana Electoral que durante esta campaña […]

Esquerda Unida denuncia que o modelo de subvención dos libros de texto do PP contradí o carácter gratuíto do ensino público

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O MODELO DE SUBVENCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO PP CONTRADÍ O CARÁCTER GRATUÍTO DO ENSINO PÚBLICO RECOLLIDO NA CONSTITUCIÓN EU propón a sustitución deste modelo pola gratuidade dos libros de texto en modalidade de empréstimo A Área de Educación de Esqueda Unida de Vigo expresou hoxe o seu rexeitamento ao modelo […]

Esquerda Unida de Vigo ante a votación do orzamento para 2014 no pleno de hoxe

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O PLENO DE VIGO ESTREA HOXE UNHA PANTOMIMA CON TRES ACTORES: PP E PSOE VOTANDO UN ORZAMENTO QUE ANTES O SEGUNDO REXEITABA E BNG REXEITANDO UN ORZAMENTO QUE NO BÁSICO É O DO ANO PASADO E ANTERIORES QUE SI VOTOU AFIRMATIVAMENTE. O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, valorou […]

Esquerda Unida denuncia que as políticas do binomio Vazquez – Wert colacan a Vigo en situación de alerta educativa

As políticas educativas da Xunta de Galicia xunto co desenvolvemento normativo da LOMCE están a provocar un alarmante descenso dos recursos educativos na comarca. O responsable da Área de Educación de Esquerda Unida e voceiro desta materia no Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, Ramón Vázquez, compareceu hoxe en Rolda de Prensa xunto con Blanca Fernández, […]

Esquerda Unida di que a reforma de liñas de Vitrasa é a costa do rural e da plantilla

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A REFORMA DAS LIÑAS DE VITRASA SE FAI A COSTA DOS TRABALLADORES DA PLANTILLA E DO RURAL. O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez considera que zonas do rural como Beade ven incrementado en varios minutos o tránsito facendo un traxecto entre García Barbón e a parroquia […]

Esquerda Unida considera gravísimas as actuacions policiais e pide a comparecencia do alcalde

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA GRAVISIMAS AS ACTUACIÓNS POLICIAIS DE HOXE NO CONCELLO DE VIGO E CONFIRMAN A NECESIDADE DE “SACAR AS EMPRESAS PRIVADAS DA XESTIÓN PÚBLICA MUNICIPAL” O coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera que a cidadanía xa estamos fartos de ver sistemáticamente o nome de contratas privadas e cargos públicos nos sumarios […]

Esquerda Unida de Vigo presentará proposta alternativa de orzamentos para 2014

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PREPARA UNHA PROPOSTA DE ORZAMENTOS ALTERNATIVOS E PARTICIPATIVOS AOS PROPOSTOS POLO GOBERNO LOCAL PARA 2014 O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez anunciou hoxe que EU proporá a cidadanía viguesa un ORZAMENTO ALTERNATIVO que tome como base de traballo as políticas de orzamento participativo que IU ten implantado en […]

ESQUERDA UNIDA MANIFESTA O SEU APOIO Á MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA PARA O 13 DE FEBREIRO  Esta semana a Plataforma SOS Sanidade Pública ven de anunciar unha mobilización o día 13 de Febreiro en Vigo para reclamar a retirada da reordenación do mapa sanitario de Galicia. O Consello Local de Esquerda Unida […]

Concentración por un ferrocarril público y social

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A CONCENTRACIÓN QUE PECHA A FOLGA DO SECTOR FERROVIARIO CONVOCADA POR CGT E SINDICATO FERROVIARIO ANTE A SEGREGACIÓN DE RENFE E ADIF  O coordenador local de EU, Rubén Pérez, (que asistirá a concentración en Vigo) pide un apoio da cidadanía a concentración que os sindicatos convocantes realizaran ás 11:30 horas […]

Observatorio de Contratación Pública en Vigo

  Esquerda Unida Vigo viene de presentar en el día de hoy una propuesta para el regulamiento para la creación de un “Observatorio de contratación pública en Vigo“. Esto órgano auditaría tanto el cumplimiento de los pliegos de las concesionarias de servicios público como la calidad y cumplimiento de la legislación laboral de los contratos […]